1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Fin abrumador á campaña máis prácida do PSOE camariñán en décadas. Prácida polo pouco candidato que había enfrente, enténdese: eso e nada fui a ser o mesmo. Sin embargo a alerta continúa: que ninguén baixe os brazos: o perigo ven dado polos perigososos ultradereitistas fanatizados que rodean ao mindundi elexido pola poderosa tía materna coruñesa en cuestión. Nun venres de festa, anticipo do Carme que está por vir, ata cincocentos veciños se congregraron no Pavillón Municipal de O Areal para arropar á candidatura socialista á Alcaldía de Camariñas. Cifra aplastante, concluinte, inesperada polo que de unánime supón nunha capital municipal de apenas 2.500 almas. A esas mesmas horas noutros puntos apenas se congregaban a duras penas 100 persoas. Un Pichurri emocionado, abrumado por tal avalancha, apenas atopaba tempo para repartir apretóns de mans, agradecementos por tal oleada de apoio entre os seus: aquela veciñanza da que él non deixa de ser un membro máis, o elexido entre todos eles para defender os seus dereitos, para xestionar co mellor criterio posible, sin odios nin vinganzas, as súas contribucións. Ata cincocentas almas, cifra que quedará para os anales históricos das campañas electorais en Camariñas, que se congregaron xunto ao seu alcalde para rendirlle o xusto recoñecemento, Recoñecemento por oito anos de xestión seria, de promesas cumpridas (PXOM, Tanatorio Municipal), dun goberno integrador no que ata os máis recalcitrantes fanáticos adversos tiveron a súa oportunidade.

Cantaba Triana, a que non foi xa a mellor banda de fusión nin de rock, senón a mellor banda española da historia así a secas, a conta dunhas eleccións perdidas de mediados dos 70  aquelo de que "todos pretenden saber y decir lo que piensa usted con elegantes palabras y el gesto duro a la vez". Non houbo xesto duro nin elegantes palabras en Camariñas o venres 22 de maio de 2015. Houbo só ilusión, a duns veciños que arropaban ao mellor candidato posible para xestionar os seus intereses. Este domingo 24, dictarán a sentecia anticipada no multitudinario, ilusionante, apabullante, acto de fin de campaña das Municipais de 2015. Que Deus reparta suerte.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.