5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Como todo en xeral está xa moi visto e sucedeu antes ("la historia siempre se repite, primero como drama, luego como farsa", que dixera Carlos Marx), esto que acontece agora en Camariñas a conta das eleccións municipais tivo xa un curioso precedente en 1991. Celebrábanse unhas eleccións á Presidencia do Real Madrid ás que concurrían por un lado un Ramón Mendoza cargado de títulos e un sorpresivo e un tanto inesperado xornalista, clásica firma da prensa madrileña de dereitas de toda a vida, Alfonso Ussía, polo outro. Mendoza, ao que nunca lle faltaron gracia e inxenio así como un innegable talento para asestar os máis mortíferos sopapos dialécticos aos seus moitos enemigos de Madrid e Barcelona, zanxou o auténtico estado da cuestión nunha portada do diario As: "El Madrid es mucho Miura para tan poco novillero". Despois de esto, uns socios que non podían deixar de constatar que o equipo branco viña de vivir unha das súas máis gloriosas épocas ca Quinta do Buitre otorgaron a Mendoza unha abrumadora maioría e Ussía tivo que seguir relegado a firma de postín de diarios monárquicos e ultracatólicos do madrileñeo máis rancio.

E así andamos en Camariñas. Oito anos de xestión ao fronte dun concello, con dous éxitos tan apabullantes para quen logrou levalos a cabo no medio das turbulencias máis esaxeradas como a aprobación dun PXOM e a construcción prácticamente de balde dun Tanatorio Municipal (ahí queda eso), os dous principais proxectos que se empeñou en cumprir ante os seus veciños, frente a alguén a quen fóra de catro casas en Camariñas prácticamente ninguén coñece, sen ningún tipo experiencia xestora en empresa pública ou privada, que luce como único contacto no mundo da gran política o dunha tía por parte de nai na Coruña e que chegou a esto pouco de menos que de rebote froito das sanguentas e descarnadas loitas de poder entre as distintas faccións do PP camariñán. A que saío vencedora do cruento akelarre interno resultou ser, para desgracia de Camariñas, a peor de todas: a dos ultradereitistas extremadamente fanatizados e cheos de odio de toda a vida, caras (e bandullos) ben coñecidos por todos, os así chamados polo común dos camariñáns "cachalotes", unha ducia escasa de fracasados que tras amagar e infundir medo na Dirección Provincial ca creación dun partido de extrema dereita lograron voltar a facerse co poder na sección municipal poñendo ao fronte da misma a un home de papel, un títere manexable, encargado de levar á práctica os seus designios fanatizados.

Camariñas non deixa de ser parte do territorio nacional e así tamén se asisteu a un exemplo doutro dos males que históricamente caracterizaron o devenir de España polos camiños da historia: o das xentes mediocres, frustradas a base de un sucesivo e perpetuo fracaso persoal, que por pura envidia, logran arrinconar e expulsar a persoas de maior valía dos postos de responsabilidade. Os cuadros máis válidos, o mellor do PP en Camariñas, voltou quedar fóra da súa lista electoral e non estamos a falar, obviamente, de Daniel, alguén polo demáis insultado e menospreciado ata a náusea por aqueles que durante media vida lle pasaron a man polo lombo e viviron á súa conta tantos anos. O batacazo, con tan pouco candidato para tan grande cita, intúese antolóxico e por elo prefiren dar xa por si acaso rienda suelta aos seus odios atávicos, anticipando o que estaría por chegar de alcanzar o tan ansiado mando municipal: este mesmo sábado, tan só un día despois de que comenzara a campaña electoral, ducias de carteis do PSOE lucían completamente arrincados dos muros que acompañan á carretera da Avenida de Cedeira, igual, quen sabe, obra dun veciño das inmediacións. Os do PP, refulxían intactos. Ou os groseros e tan soeces insultos, materia penal en estado puro, que se vertían esta mesma semana nunha rede social contra o Alcalde de Camariñas  por unha tal "Maru Maru", veciña de Corea. E difícil imaxinar o que acontecería de chegar estas xentes ao consistorio camariñán, con todo o poder nunhas mans que levan tanto tempo agardando para inxectar nun orzamento municipal todo o veneno acumulado durante anos de perpetuos fracasos.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.