- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 07 Febreiro 2008 07 Febreiro 2008
Moitas expectativas prantexábanse ante o mitin que dou o Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño no Pavillón Municipal de Camariñas. E é que a Vila dos Encaixes e sen dúbidas o principal bastión do PSOE na Costa da Morte. Máis de 25 anos de victorias ininterrumpidas corroboran este feito, e así ante un público entregado en todo momento, un auténtico exército de votantes, o Presidente da Xunta fixo algunhas importantes promesas.
O mitin que daba o bandeirazo de saída da precampaña das eleccións xerais 2008 abríuno o Alcalde de Camariñas Pichurri dando a benvida ao Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, e deseguido pasou a recordarlle que "o valor máis seguro que ten o PSOE na Costa da Morte é Camariñas". Despois da benvida o Alcalde Camariñán aproveitou para solicitarlle ao Presidente algunhas importantes melloras que dende fai tempo o noso concello demanda e así, entre outras, pedíulle que Touriño se comprometese a rematar obras importantes como o muelle novo de Camariñas e o paseo marítimo así como acondicionar a carretera do faro para convertir a este no principal reclamo turístico de toda a Costa da Morte e un imprtante punto de achega de turistas. Tamén, e dada a proximidade da XVIII Mostra do Encaixe rogoulle ao presidente que nesas datas se acerque a Camariñas a inaugurar a Mostra, cousa que non fixo ningún Presidente da Xunta ata o de agora. Sen dúbida que a idea de acondicionar turísticamente a carretera do faro sería algo vital para Camariñas e camarinas.eu dende a súa humilde posición axudará en todo o que poida para facer posible ese soño que anhela todo bo camariñán.
Unha vez rematada a intervención de Pichurri tomou a palabra o zasense José Luis Acción Porto, candidato nas listas do PSOE ao Congreso dos Deputados, o cal tivo unha breve intervención centrándose principalmente nas críticas ao PP, para a continuación tomar a palabra a auténtica estrela invitada da noite: Emilio Pérez Touriño, o cal tras agradecer as palabras de Pichurri, dixo "estar encantado de volver a Camariñas". Co tono que é habitual no Presidente da Xunta, pasou a enumerar os principais proxectos que ten o goberno autonómico para a Costa da Morte e así, prometeu que este mes estará adxudicada a vía de alta capacidade gratuita ata Berdoias, unha mellora do porto de Brens valorada en 17 millóns de euros que o convertirá no maior e máis importante dos portos que xestiona a Xunta de Galicia e que permitirá o atraque de barcos de ata 25.000 toneladas. Por outra banda, Touriño recordou que na recente feira turística de Madrid "Fitur" declarou que os tres eixos básicos que rexerán a política turística da Xunta de Galicia serán: o Camiño de Santiago, as denominadas "Illas Atlánticas", e o Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte.
Asimesmo referíndose ao peliagudo tema do Plan Acuícola da Xunta de Galicia, Touriño declarou que o novo plan promovido polo PSOE non toca un só metro cuadrado da Rede Natura e que realmente o que o Presidente busca é que ningún fillo da Costa da Morte teña que coller a maleta, asegurando ante o público presente que o compromiso coa Costa da Morte do goberno que él preside é un compromiso de traballo, crecemento demográfico e futuro.
Finalmente só queda reseñar que si ben o público que estaba dentro do pavillón municipal e no que destacaba unha importante delegación da Familia Lin, estivo en todo momento volcado cos diferentes membros do PSOE presentes (Pichurri, Touriño, Acción, Marisol Soneira, J.M. Pequeño - Alcalde de Dumbría, e os diversos membros do PSOE camariñán), fora do recinto congregáronse ao redor 150 persoas procedentes de Merexo, Camelle, Malpica, Quilmas e A Coruña as cales non deixaron nen un só momento de facer patente o seu rexeitamento ao plan acuícola por medio de bocinas, pitos e consignas.
Comentarios
Porque no dices que ayer había más gente fuera que dentro del pabellón? Porque no dices que tuvieron que subir el volumen para que no se ollera lo que se cantaba afuera? Porque no dices que se le cerró la puerta como a perros a los que pagas los impuestos igual que tu? Porque no hai más fotos de esa gente, porque te vieron sacando muchas fotos, no estaban lo suficientemente guapos, no merecen que se les haga un book? Porque en Camelle, RAPAS, hai muchas chicas guapísimas, pero claro, como somos los apestados del concello. A lo mejor si que sacas a alguna, pero del mismo color político que el tuyo.
Pero claro somos terroristas...q pasa que vamos a tener que usar dinamita para que nos hagan caso? Creo q en Camariñas está barata ¿no?
Apoyo por supuesto a los de Lin pero considero que hace muchisimo mas daño tirar dinamita al mar que protestar por algo que no quieres dentro de tus terrenos, que basicamente, son tuyos. Pero claro es que como no podemos hablar ni siquiera con NUESTRO ALCALDE porque somos fanáticos, nuestros vecinos nos llaman lo mismo y lo único que queremos es que nos dejen como estamos.....
Conclusión: debemos de ser apestados solo por ser de Camelle ¿no?
Lo que el Alcalde debiera hacer si el pueblo esta en contra es escucharlo y apoyarlo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.