1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O batacazo non puido ser máis estrepitoso e por predecible, máis indicativo. Un pensa agora nas altas mentes da Dirección Provincial do PP, esas mesmas que rixen os destinos administrativos da nosa provincia, e constata, espantado, en que mans estamos. Porque todo esto que se corroborou nas eleccións ao Parlamento Europeo deste pasado domingo 25 de maio de 2014, xa o predixera Camarinas.eu dende o día seguinte a que se iniciara por parte da cúpula do PP en Camariñas o proceso de toma de poder violenta no Club Náutico da vila. Non se tomaron daquela, nin despois, as pertinentes medidas profilácticas recomendadas por esta redacción no convencemento que tiñan de que todo acabaría olvidándose e que en todo caso antes estaban as eleccións europeas: pois ben, visto que o resultado non puido ser peor, 648 rídiculos votos, 750 menos respecto de 2009, agora un constata que calqueira medida que se houbera tomado entón, non resultaría tan lesiva para os intereses populares como manter nos seus cargos a un equipo que devolvío por un día ao seu partido aos peores tempos do rodillo socialista dos 80.

Foron tantas as barbaridades cometidas, foi tal o proceso de deslexitimación duns representantes públicos que antepuxeron os seus ruinosos e ilegais intereses privados ao ben público, foi tan humillante o proceso de defenestración como cargo de confianza na Deputación Provincial de Daniel Rego, tan evidente o desinterese absoluto co que estos concelleiros completamente amortizados afrontaron o proceso electoral, que o resultado, como decíamos, non podía deixar de ser tan predecible. Por exemplo o dos ridículos 80 votos colleitados en Xaviña. E agora volve a tomar valor todo o recomendado de boa fe por Camarinas.eu aos populares: unha renovación profunda de toda a agrupación local, mellor antes que tarde, con xente xoven preparada e ilusionada, na que se eliminasen tanto a parte corrompida como a exaltada, a dos ultradereitistas dementes e enaxenados que tantos votos costaron a un partido no que todo volve a estar por facer, xusto como nos peores tempos do rodillo socialista dos 80.

Agora, á forza aforcan, haberá que tomar unhas medidas que chegarán con dous anos de retraso: a dez meses dunhas municipais que ninguén no seu sano xuizo pode dubidar que voltará a gañar un PSOE que nestas eleccións, cunha menor participación de 750 votantes respecto a 2009, só perdeu 200 votos, acadou o 51,89% dos mesmos (unha maioría absoluta) e aventaxou aos populares na friolera de 432 sufraxios. Nesto non poden deixar de observarse os grandes resultados derivados da propaganda continuada, dos desvelos xornalísticos obsesivos, do cachalote ultradereitista: o do reforzamento do partido socialista e do alcalde que goberna Camariñas. Un resultado contraproducente, sí, ao pretendido polos tan cansinos profetas da destrucción, que permite albiscar de forma cruel a influencia real (inexistente) de determinados estercoleiros cibernéticos. E estas son, a primeira vista, as consecuencias dunhas eleccións que si ben no ámbito nacional trouxeron consigo o afundimento do bipartidismo por un lado, e a inquedante subida de sectarios e bolchevizados partidos de ultraesquerda pola outra, en Camariñas permitío volver por un día, seguramente por unha longa tempada, aos tempos do rodillo socialista dos 80.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.