- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 12 Febreiro 2014 12 Febreiro 2014
Finito. A polémica máis absurda e artificial da última década en Camariñas chegaba ao seu inapelable final este mércores 12 de febreiro de 2014 cando a Xunta de Galicia concedía a autorizacion sanitaria para o funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas. A encargada de rubricar este histórico documento que elimina a derradeira traba burocrática para o normal desenrolo do servizo máis longamente demandado polos veciños de Camariñas era a Xefa Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña que "á vista do informe favorable emitido polo persoal técnico do Servizo de Control de Riscos Ambientais e logo de realizar a preceptiva visita de inspección" autorizaba sanitariamente a solicitude presentada polo Concello de Camariñas. Unha solicitude municipal que, como tantas veces se indicou dende o concello, durmío nun caixón da Xunta máis tempo do legalmente establecido e do moralmente aceptable: un retraso inxustificado ao que tan só se podería atopar unha resposta política como causante do mesmo. Despois da avalancha unánime de sentencias e pronunciamentos xudiciais diversos favorables ao Concello recaídos nestes últimos tempos, era esta autorización administrativa o derradeiro cravo ardendo ao que se agarraban os opositores ao Tanatorio Municipal.
Era este un conglomerado variopinto, unha estrana conxura dos necios, que agrupaba aos cráneos máis exangues de Camariñas, dende políticos ultradereitistas expulsados do Partido Popular ata directivos dunha cooperativa que en 25 anos mostraron a maior incompetencia e parálisis cerebral da historia do asociacionismo mundial. Agora, á vista da resolución recaída, xa non poderán ir atemorizando a veciños con familiares nun estado máis ou menos moribundo con terribles demandas e mortíferas denuncias (en efecto, eliminadas as derradeiras trabas morais, a eso se chegou en Camariñas) no caso de que deran en utilizar o Tanatorio Municipal nin solicitar no Cuartel da Guardia Civil o peche inmediato do Tanatorio ao mesmo tempo que se estaba a velar no mesmo a un anciana de 93 anos. Tamén quedará o caso do célebre e prestixioso hipopótamo que agora dou en aspirar a alcalde do concello que pretendía arruinar. Porque esa demolición tan urxente, tan inapelable, tan imperiosa e tan necesaria insistentemente demandada no seu estercoleiro cibérnético habitual suporía eso, a ruina da Tesorería do Concello polo baixo para unha década (devolución dunha subvención de 300.000 euros, custes de demolición doutros 300.000, etc...) e todo para que finalmente a súa patrocinada demandante se embolsase a fabulosa suma de 1.600 eurazos.
E así rematou tal que soen rematar dende tempos inmemoriais as polémicas políticas en Camariñas: ca victoria dos mesmos de case sempre e ca derrota consecuente dos mesmos tamén de case sempre e cunha noticia de impacto que é dada en exclusiva por Camarinas.eu. o medio de comunicación líder en público e rigor da Costa da Morte. Ca novidade nesta ocasión de que á derrota lle engadiron estos pobres merluzos un desprestixio, unha inmoralidade e unha indecencia que serán lembradas durante o resto das súas vidas.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.