- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 09 Outubro 2013 09 Outubro 2013

Asustado pola nula adhesión ao novo partido dos Cachalotes Unidos, o seu mentor e gurú supremo ideou unha medida desesperada: un timo destinado a captar mediante o engano a afiliados do Partido Popular. Segundo puido coñecer en exclusiva Camarinas.eu de tres fontes populares distintas, dous simpatizantes do novo enxendro creado a partir dunha escisión do PP, veciños ambos da Carretera do Faro, cada un a un lado da rúa, máis abaixo el, máis arriba ela (unha non moi locuaz ex-concelleira que en catro anos non abriría a boca nun pleno) desenrolaron ao longo desta semana unha febril campaña de captación de antigos afiliados populares con vistas á celebración dunha cea este vindeiro sábado 12 de outubro nun céntrico ristorante de Camariñas. O nebuloso obxectivo esgrimido por estes dous fervientes axentes electorais dos Cachalotes Unidos é o de, baixo un suposto paraugas da Dirección Provincial, acordar unha reorganización da agrupación local de Camariñas cando do que en realidade se trata é de captar as súas firmas e os seus apoios para esgrimilos despois como adhesións á nova formación dos Cahalotes. Unha puñalada directa e traidora ao corazón do Partido Popular.
E ahí precisamente é onde está o timo: nin existe visto bo da Dirección Provincial e nin siquera do Presidente Local, o cal non apoia en absoluto a convocatoria da cea en cuestión. E máis, segundo puido esta redacción coñecer de altas instancias provinciais a sinatura de calqueira tipo de documento na citada reunión por parte dos asistentes así como incluso a mera presencia na mesma poderían traer aparelladas gravísimas consecuencias de índole disciplinaria para os incautos afiliados que desen o mal paso de asistir á fraudulenta cea. Neste sentido, cómpre lembrar que estamos ante unha nova formación política saída dos elementos máis radicais e archifanatizados do PP e creada polo tanto en contra da mesmo, con vistas a desgaxar un importante caladoiro de voto popular, o que por suposto conleva que os catro ou cinco renegados do Comité Local que patrocinan esta idea dos Cachalotes Unidos estean completamente proscritos pola cúpula popular, traidores fóra da lei, aos que en breve lles caerá o golpe de gracia definitivo en forma de expulsión fulminante e vergonzosa.
Todo elo explicaría a nova (enésima) estratexia posta en marcha polo gurú do CU (Cachalotes Unidos): se despois de inundar de soflamas radicais o seu urinario político de internet, de percorrer medios de comunicación insultando e chantaxeando ao Presidente Local do PP de Camariñas (o que viría a ser o líder doutra formación política) tras anunciar a creación dun novo partido, chegando incluso a establecer como sede do mesmo a dirección do seu prestixioso bufete de avogados/elitista estudio de arquitectos da Rúa do Prado e ¡dando o seu número de móvil como teléfono de contacto!, esta mesma semana podía apreciarse unha nova marcha e contramarcha, outra reviravolta para atrás, un digo diego onde dixen digo. Algo que a estas alturas xa non pode sorprender a ninguén. Aínda quedarán unhas cantas máis por chegar. ¿Acaso chega a incapacidade e a incompetencia deste home a non ser capaz de idear unha estratexia que lle vaia máis alá das 24 horas, que non se lle derrumbe con estrépito dun día para outro? Despois do todo antedito, saía esta mesma semana aclarando que "nin vou a loitar por estar situado políticamente nos vindeiros anos en ninguna posición política, nin vou a ser integrante de Xunta Xestora algunha, nin vou a formar parte de ningún organigrama de formación política", ao que seguía unha sorpresiva defensa de Daniel Rego ante a máis que presumible filtración á La Voz de Galicia do seu novo pufo ca Seguridade Social. Outro timo desvergonzado con vistas a gañarse a confianza dos votantes e afiliados do Partido Popular e atraelos cara a mencionada cea do 12-O para utilizar posteriormente a súa presencia con vistas a vendela como apoio a un novo partido que leva na confrontación co PP o seu selo de marca.
Debe ser de tal nivel o descalabro deste novo partido do CU, a súa carencia tan absoluta de apoios, que nin siquera chegou a desfrutar do entusiasmo inicial que anima os primeiros días de todo partido independente, aqueles momentos de euforia onde todo son palmadas na espalda, promesas de voto seguro, anatemas contra os partidos maioritarios e xa se fai reconto dos futuros concelleiros que decidirán a balanza dunha alcaldía. Neste sentido un lembra unha conversa sostida no Café Bar Arnela cando xa ía mediada a pasada lexislatura municipal e un destello de sables relumbrou dentro das filas do Partido Popular. No ateigado rebumbio do mediodía dominical aos dous redactores de Camarinas.eu dirixíronse o antigo líder do que foi o único partido independente con representación en Camariñas e o fillo e neto duns coñecidos constructores, glosando a avalancha de adhesións que xa naqueles momentos tiña unha nova formación política que pensaban poñer en marcha: "¡Buhh, fumos ahora por Buría e xa consejimos unha pila de votos! Veñen sólos: en Camelle, en Xaviña... ¡conta co meu voto!, dixéronme ahí ahora dous ahora abaixo tomando un chiquito... ¡o que ho!... dous consejales non nos fallan... ¡e de ahí parriba!". Ante o cal, tamaña mostra de confianza, o Director de Camarinas.eu inquirío desconfiado "Pero vamos a ver, ¿vos quenes sodes?". Raudo o veterano político respondío "¿Que quenes somos? ¡Unha pila! Somos eu, el (o seu xove acompañante)... ¡ti!" "¿¿Eu??"". Aínda que despois as augas voltaran ao seu cauce e o novo partido quedara en nada, a estes ninguén lles quitou o entusiasmo e o vértigo do momento inicial. Nin a eso chegaron os pobres diablos da tan estrana e tan escatolóxica formación do Unión e Forza no CU.

Comentarios
Aprovecho para saludar a los afiliados y para decirles que el PP dispone de un diario ppdecamarinas.c om
votos votos votos
1º Psoe 1948 7 2525* 8 2153 7
2ºPP 1874 6 1649 5 1533 5
Según la ley de Hont al partido popular le costo 325 votos sacar el ultimo concejal en 2011 en 2007 aun valía el voto en el exterior,con peores resultados el Sr Carlos Negreira consiguió la alcaldía de La Coruña ,pues saco el 43% y en Camariñas el 46%,si alguna persona no inflase de malicia a los ciudadanos del PP,si esas personas reflexionaran y por lo menos dejaran de dar la tabarra ,iríamos mucho mejor ,si eso señores no se dedicaran a ir a las asambleas a insultar ,seria magnifico,yo animo a que se haga algo por el PP,pero con personas serias,no con titiriteros que andan de un lado para otro si saber ni el baile que suena,personas que están rompiendo el PP o por lo menos lo están intentando ,,personas que juzgan con doble rasero ,aun no se dio una explicación del llamarle a un concejal espía o traidor ,sinceramente esto solamente es beneficioso para quien vive de las mentiras que arma ,hay personas que pretenden que la oposición gobierne,es inaudito,increí ble,de la cena no tengo nada que decir ,ya lo dije en mi primer comentario,un respeto total y absoluto a los simpatizantes y afiliados del PP,todos somos mayores
Si realmente os delegados trasladasen o querer dos seus compañeiros, os congresos non deberían ser un ir e vir de chamadas, de incertezas e negociacións. Evidente é que os delegados representan unha cesta de votos que pode moverse dun lado cara a outro, dependendo da permeabilidad das presións ou das negociacións. En definitiva, unha ferramenta que coa teórica función de agilizar a democracia, secuestra o desexo da maioría para dar servizo ao interese duns poucos. Curioso que os nosos sistemas internos terminen reproducindo, segundo moitos dos seus militantes, a loita de clases,
Aquí ninguén é imprescindible, pero todos somos necesarios. E cantos máis sexamos, maior participación e pluralidade haberá para o enriquecimiento de todos.
Moitos pensamos que estes son os pasos para que recobremos a credibilidade, a transparencia, e o compromiso dos militantes. E ademais para que lle deamos boas razóns á cidadanía para participar en política. Só deste xeito verán que a participación ten unha clara incidencia en tómaa de decisións a través dun partido político. Deste xeito estaremos dotando á política da forza que perdeu. E estou convencida de que cando as bases socialistas traballen unidas, tomando decisións para a cidadanía no seu conxunto, non haberá espazo para guerras de guerrillas internas e todos volveremos ser unha unidade. Máis aló de candidatos, falaremos de proxectos, de equipos e de compromisos conxuntos. Que en definitiva é o que a maioría quere e esixe. Nese momento non será necesario pedir o voto de ninguén, porque o gañamos merecid
Inspirada en valores como la Libertad, la Democracia y la Tolerancia, Nuevas Generaciones está constituida en el seno del Partido Popular, para que los jóvenes participen plenamente en la vida interna del partido.Inspira dos en el artículo 48 de la Constitución Española, tiene un ámbito de actuación en toda España, tanto peninsular como insular. Además también dispone de un ámbito estructural en internacional, manteniendo sedes en países como Bélgica, Argentina o Uruguay.
Actualmente, más de trece mil personas, fundamentalment e en Europa y América, constituyen el PP Exterior. Tienen dos representantes que forman parte del Comité Ejecutivo Nacional en su representación.
Los Estatutos regulan la actividad del partido fuera de España.
RESPONSABLES PP EN EL EXTERIOR
EN EUROPA
• Alemania • Andorra • Austria • Bélgica • Francia • Italia • Luxemburgo • Países Bajos • Portugal • Reino Unido • Suiza
ORIENTE MEDIO
• Israel
AMÉRICA DEL SUR
• Argentina • Brasil • Chile • Colombia • Ecuador • Paraguay • Perú • Uruguay • Venezuela
AMÉRICA DEL NORTE
• Estados Unidos • Costa Rica • México • Panamá • República Dominicana • Puerto Rico
La Secretaría de Relaciones Internacionales es la que se encarga de promover la actividad exterior del Partido Popular. Su objetivo es conseguir una mejor promoción de los intereses de España en la esfera internacional así como la defensa de los principios y valores en los que creemos.
El Partido Popular pertenece a varias familias políticas:
En Europa somos parte del Partido Popular Europeo (PPE) www.epp.eu, cuyo Secretario General es el español Antonio López Istúriz. Nuestro partido trabaja estrechamente en las diferentes iniciativas y actividades que el PPE lleva a cabo y muchos de los 74 partidos miembros constituyen nuestros socios comunitarios más cercanos. El PPE es actualmente el grupo mayoritaen el Parlamento Europeo liderando el proyecto político de la Unión Europea.
A nivel global, desde 1993 somos miembros de la Internacional Demócrata de Centro (IDC) www.cdi-idc.com que aglutina a más de 120 partidos de todo el mundo y de la que nuestro Presidente Mariano Rajoy es vicepresidente. A través de las cuatro organizaciones regionales de la IDC: en Europa - el Partido Popular Europeo (PPE)-, en Iberoamérica -la Organización Demócrata Cristiana de América (ODCA)-, en África -la IDC Africa-, y en Asia y Pacífico -la IDC Asia-Pacífico-; el Partido Popular mantiene contacto regular y relaciones fluidas con partidos de todos los continentes con los que trabajamos para consolidar en todo el mundo nuestras principios y valores.
El Partido Popular es también miembro de la Unión Demócrata Internacional (IDU) www.idu.org desde 1983. La IDU incluye entre otros a partidos como el Partido Republicano de los EEUU o el Partido Conservador Británico. Cuenta con más de 80 partidos de 60 países.
También hay que destacar nuestra colaboración con la Organización Demócrata Cristiana de América (ODCA) www.odca.org compuesta por 35 partidos latinoamericano s que representan un 30% del electorado de la región.
El Partido Popular extiende sus lazos también en África y Asia a través de la colaboración y el apoyo a partidos comprometidos con la democracia, la libertad y la defensa de los Derechos Huma
e eu que queria darche o meu voto no teu partido do cu ,vaia home que pouco che duran as ideas ti sempre cas tuas idas e chegadas ,por certo o nome era moi velo o partido do CU.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.