- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 06 Outubro 2013 06 Outubro 2013
Nunha desas recurrentes ironías do destino, alguén tan aficcionado ás filtracións como Daniel Rego era precisamente descalabrado en público por unha delas este pasado sábado 5 de outubro de 2013. Elo tiña lugar cando a edición de Carballo de La Voz de Galicia publicaba que en datas recentes a Seguridade Social en escrito remitido ao Concello de Camariñas ordeaba de forma taxante o embargo de todas as cantidades que en concepto de asistencias á comisións informativas e plenos correspondan ao edil Daniel Rego para facer frente a un pufo co ente público de 4.269,00 euros. E así despois de anos nos que os principais profesionais do concello comprobaban con noxo e estupor como informes asinados do seu propio puño e letra terminaban aparecendo publicados en estercoleiros cibernéticos despois do acceso dos concelleiros da oposición aos expedientes en cuestión, unha honorabilidade e unha imaxe pública xa seriamente quebrantadas eran aniquiladas de xeito definitivo por unha filtración.
Certamente non é algo polo que aquí en Camarinas.eu entendamos que haia que aledarse: a pesares de ser en tempos denunciados en diversos xulgados, no Cuartel da Guardia Civil e ata na Consellería de Comercio como pago ao exercicio dunha función xornalística independente, de ser sinalado públicamente por unha nota de prensa do PP o noso Director como obxectivo a abatir (algo inaudito nunha democracia), non deixamos nesta redacción de experimentar unha certa conmiseración e sinceira pena polo futuro que lle agarda a quen puido selo todo dende un punto de vista empresarial e político. Nestes intres o último que un desexa é estar no pelexo de Daniel: defenestrado brutalmente en xullo deste mesmo ano como asesor do Presidente da Deputación, finiquitado para sempre o seu tan ansiado sono dun bienio como Deputado Provincial cos seus máis de 3.000 eurazos ao mes, cun pufo pendente co Club Náutico por un importe próximo aos 20.000 euros (do cal os socios descoñecen o seu estado actual), con sentencias xudiciais condenatorias en contra por ducias, cunha presunta causa ventilada nun xulgado compostelán pola que segundo as noticias que tíñamos hai meses un fiscal podería solicitar unha condea penal de varios anos de prisión, cun futuro político no Partido Popular con data de caducidade, alá por maio de 2015 e chantaxeado a diario por un hipopótamo, estamos ante unha persoa á que certamente non lle espera unha vellez xubilosa.
Triste fin de ciclo para a época máis bochornosa da historia do PP xa non en Camariñas, senón na Costa da Morte e incluso en Galicia. Cun escándalo sen precedentes marcado por máis dun ano de okupación ilegal dunha asociación privada na que se utilizaron as súas instalacións como centro de operacións, co que era entón o estercoleiro mediático oficioso do partido exercendo de boletín oficial dos golpistas náuticos, utilizando as ventaxas que confire un grupo político propio no concello para defender negocios privados e cargar contra esa mesma asociación, con dous, xa non un que soe ser o habitual, sectores enfrentados botados ao monte e en rebelión aberta contra a Dirección Provincial, cun Presidente Local defenestrado como asesor da Deputación no medio dun escándalo público certamente lamentable, cos seus dirixentes dirimindo as súas diferencias a puñetazos, cun hipopótamo exaltado fóra de control chantaxeando en público ao que fora o seu presidente ("valo máis polo que calo que polo que falo"; en verdade así é: cando este mentecato está calado é cando únicamente pode ser que vala para algo) e agora, como símbolo final e postrero de toda esta etapa, co embargo das últimas remuneracións como concelleiro do que foi o seu gran líder durante a derradeira década.
Finiquitados xa definitivamente os dous cráneos que programaron e executaron as grandes liñas mestras desta etapa turbulenta, indecente e nefasta para os propios intereses do partido, un futuro radiante parece abrirse para o PP en Camariñas. Tal vez agora para arranxar todo o desaguisado, o gran erial que estes dous supervivientes natos deixan no concello, a Dirección Provincial debería mirar cara os máis antigos dos seus militantes, cara os fundadores da formación en Camariñas, aqueles que sufriron con abnegación, vergonza e dor as tropelías perpetradas por dous arribistas de última hora que aniquilaron a imaxe do partido ata niveis nunca vistos antes en sitio algún, que arrastraron polo fango o nome do Partido Popular sen descanso. Eles deberían ser os que en 2014 acometan a tarea inxente de renovar un Comité Local putrefacto ata a náusea, no que ninguén posiblemente se salve, e confeccionar unha lista atraínte, de xente nova e formada, honesta e competente, lista para mirar polos intereses xerais do concello e non polos privados dos seus compoñentes como ata o de agora.
Para esta nova viaxe, que debe ser ilusionante e productiva, poden contar ca colaboración sinceira de Camarinas.eu, sempre disposta a cooperar na creación dun clima político sano, limpio, no noso concello. Polo que respecta a esta redacción é agora cando se debe poñer en perspectiva todo o publicado pola nosa sección política e comprobar como todas e cada unha das exclusivas dadas a coñecer, dos análises políticos realizados e das prediccións efectuadas durante os derradeiros dous anos fóronse cumprindo unha a unha de xeito sistemático. E si non ahí está unha hemeroteca que aquí non foi borrada dun plumazo para corroboralo, sobre todo a predicción de que sen botín que repartirse acabarían os dous máximos dirixentes populares devorándose entre si: ía na súa natureza. Incluso en tempos aventuráramos a posibilidade certa de que certo persoal de confianza da Deputación vise embargado parte do seu salario para facer fronte a unha mínima parte dos seus inxentes pufos, o caso é que no ente provincial mandaba o PP e alí aos papeis non se lles dou vento. E sobre todo a certeza do desenmascaramento das persoalidades siniestras e malvadas que aniquilaron un partido sen compasión nen descanso durante anos. Agora ata o máis fanático se decata de que o enfrontamento de Camarinas.eu era cas persoaxes que denigraban a imaxe dun partido político ata niveis insondables, que o utilizaban en proveito propio, non ca formación en sí. Despois de todo este periplo, xacen ambos defenestrados cada un á súa forma, guillotinados sen compasión pola Dirección Provincial. E de propina, un deles embargado incluso nas que serán as súas últimas remuneracións como político en activo.
Fin Parte I COLAPSO, DEBACLE E AFUNDIMENTO DEFINITIVO DO PP DE CAMARIÑAS: Daniel Rego
Próximamente Parte II: Cachalotes Unidos
Comentarios
A prudencia manda e por tanto nas vindeiras semanas verase si as nosas palabras tiñan algún fundamento. Nestos meses poideron comprobar como non entramos en debates estériles con certos persoaxes; non vale a pena malgastar o tempo cando sabes de antemán cal é a carta que se vai a xogar e como se vai a gañar a partida. Esa seguridade permítenos obviar a quen non merece nin un minuto de atención.
Su programa, explica, es «axeitado e realista», manteniendo como principales principios la «transparencia, participación, compromiso e responsabilidad e cos veciños».
quixera deixar claro varias cousas, para que poidan estar tranquilos os que estén nerviosos (sí o están, que o descoñezo) sobre os meus próximos pasos políticos: nin vou a ser candidato de nada, nin vou a integrar ningunha lista, nin vou a loitar por estar situado políticamente nos vindeiros anos en ninguna posición política, nin vou a ser integrante de Xunta Xestora algunha, nin vou a formar parte de ningún organigrama de formación política...apoi arei mentras poida a un bo equipo que poida dirixir o Concello de Camariñas, sempre que sexa un bo equipo
escrito por A-dios 07/oct/13 A TONTIÑO ,BOBO ,QUE TANTA RABIA LLE TENDES .PERO EL SOLO JODEVOS A TODOS,MEUS JALANOS ,VAIA LANSE ,OU VAIA TROPA ,SIN NINGUN DE VOS CHEGA A CABO ROJO,BUSCADE OUTRO NAVIO QUE ESE E MOI LONGO PRA VOS,
Nacemos para representar ós veciños e non para representar ós intereses políticos dos grandes partidos''.
Ante a situación crítica da política no Concello de Camariñas, veciños deste Concello decidimos iniciar un novo proxecto político de carácter municipal, porque entendemos a política como un medio de servizo os cidadáns e non para servirse do seu voto e medrar políticamente a outros niveis e que os grandes partidos xa teñen asimilado para non acordarse máis dos veciños únicamente cada catro anos, sexa cal sexa o tipo de eleccións, e deixándonos como representantes a auténticos persoaxes mediocres, sin sentido da decencia e sin sentido común, porque os grandes partidos o seu único interese son servirse do noso poder do voto e deixarnos en mans destos ineptos redomados líderes locais de partidos con grandes nomes pero de nulos feitos que non consiguen mellorar as nosas condicións de vida nas nosas catro parroquias e lugares do Concello.
A nova forza política leva por nome ''UNIÓN E FORZA DOS VECIÑOS'' para defender os cidadáns de Camariñas, Camelle, Ponte do Porto, Xaviña, Santa Mariña, Arou e os lugares que conforman todo o noso Concello. Veciños para representar a veciños sin ideoloxía a gran escala, para actuar a nivel local de forma directa e sin interferencias partidistas e co sentido común como arma principal de facer as cousas. As ideoloxías de cada un queda para outras eleccións, pero para representar os veciños do noso Concello únicamente debe contar o sentido común, un programa axeitado e realista para os momentos que vivimos e os principios fundamentais de: Transparencia, Participación, Compromiso e Responsabilidad e cos Veciños.
Aí temos un Alcalde do Concello de Camariñas que se dedica a inaugurar un Tanatorio Municipal ilegal e dentro duns días terá a orde de execución enriba da mesa pola súa nefasta actuación en todo o proceso de levantamento da obra con ilegalidade tras ilegalidade. Isto chámase actuar con chulería e prepotencia desbocada, e sin que o Partido Socialista o poña firmes
E temos ó lider do PP no Concello de Camariñas, que despois de ser arroxado a rúa como asesor da Deputación da Coruña, porque non contaba coa confianza do seu Presidente, non se lles ocurre outra idea que darlle praza fixa como Presidente dese mesmo partido, e demostrando que non lles preocupa o máis mínimo o futuro do Concello de Camariñas, deixando a representación deste PP en mans dun líder xa sentenciado políticamente. (...)
O novo proxecto político nace con apoios de diferentes sectores do noso Concello e con importantes respaldos nas parroquias do Concello de Camariñas, estando nestos momentos na fase de asentar as bases do proxecto, estando previsto que entre os meses de outubro e novembro termine o proceso de constitución, pero xa dende este momento, a Directiva Fundacional de UNIÓN E FORZA DOS VECIÑOS está a traballar na defensa dos dereitos dos cidadáns do noso Concello e por elo nos poñemos a disposición de todos os nosos veciños para axudarlles a representarlles da mellor forma posible, pero sempre co mandamento do sentido común e cos principios antes indicados: Transparencia, Participación, Compromiso e Responsabilidad e con cada un dos veciños.Nestos momentos, Francisco Antelo Lema ''Chuco'' e José M. Olveira son os membros encargados da comunicación e contacto cos veciños que desexen mostrar o seu apoio así como a todos aqueles que desexen integrarse na estructura orgánica da formación dende calqueira parroquia e lugar do Concello. A dirección da sede queda establecida na Rúa do Prado, 6-1º D en Camariñas e con estos móbiles de contacto: 678 93 12 24- 657 575 407.
—Pero, ¿cómo fuiste a parar allí?
—Fácil, me llevó un pesado.
—¿Un pesado?
—Sí.
—¿Y qué es…?
—¿Un pesado? Los pesados suelen ser niños ricos sin nada que hacer. Van por ahí, buscando planetas que aún no hayan hecho contacto interestelar y les anuncian su llegada.
—¿Les anuncian su llegada? —Arthur empezó a sospechar que Ford disfrutaba haciéndole la vida imposible.
—Sí —contestó Ford—, les anuncian su llegada—. Buscan un lugar aislado donde no haya mucha gente, aterrizan junto a algún pobrecillo inocente a quien nadie va a creer jamás, y luego se pavonean delante de él llevando unas estúpidas antenas en la cabeza y haciendo ¡bip!, ¡bip!, ¡bip! Realmente es algo muy infantil.
- Abuelo, deberías darte la crema de mamá para las arrugas.
El abuelo sonrió, y un montón de arrugas aparecieron en su cara.
- ¿Lo ves? Tienes demasiadas arrugas
- Ya lo sé Bárbara. Es que soy un poco viejo... Pero no quiero perder ni una sola de mis arrugas. Debajo de cada una guardo el recuerdo de algo que aprendí.
A Bárbara se le abrieron los ojos como si hubiera descubierto un tesoro, y así los mantuvo mientras el abuelo le enseñaba la arruga en la que guardaba el día que aprendió que era mejor perdonar que guardar rencor, o aquella otra que decía que escuchar era mejor que hablar, esa otra enorme que mostraba que es más importante dar que recibir o una muy escondida que decía que no había nada mejor que pasar el tiempo con los niños...
Desde aquel día, a Bárbara su abuelo le parecía cada día más guapo, y con cada arruga que aparecía en su rostro, la niña acudía corriendo para ver qué nueva lección había aprendido. Hasta que en una de aquellas charlas, fue su abuelo quien descubrió una pequeña arruga en el cuello de la niña:
- ¿Y tú? ¿Qué lección guardas ahí?
Bárbara se quedó pensando un momento. Luego sonrió y dijo
- Que no importa lo viejito que llegues a ser abuelo, porque.... ¡te quiero!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.