- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 19 Setembro 2013 19 Setembro 2013
O Tanatorio Municipal de Camariñas segue a dar pasos firmes para ser unha realidade. O primeiro deles foi a decisión do concello de interpoñer esta mesma semana unha demanda civil contra a veciña denunciante, anticipo xurídico de medidas xudiciais de moito maior calado a posteriori. O segundo a súa inauguración oficial, por todo o alto, este vindeiro sábado ás 12:00 horas. Tal e así que en principio ata vanse enviar invitacións ao acto ao principal financiador do mesmo: o Presidente da Deputación e aniquilador de persoal de confianza Diego Calvo. Así pois, tras un longo periplo que se iniciaba alá polo 2011, un servizo de primeiro nivel para Camariñas tomará forma definitiva, e para evitar novos traslados masivos, exilios forzosos de poboación cara Vimianzo, entrará en funcionamento dende o momento mesmo da súa inauguración e de forma totalmente gratuita para os veciños, mentras o Concello non decide de forma definitiva a súa forma de xestión futura.
Ante a importancia histórica do evento, Camarinas.eu percorría unhas instalacións totalmente acabadas, con todos os adiantos técnicos e as máis novedosas comodidades da man do Alcalde Pichurri. A través de pasillos impolutos, de salas espaciosas e iluminadas, dun impoñente aparcamento no que ata tres coches de familares poderán ser aparcados, pasábamos revista a unhas instalacións en punto de ebullición mortuorio, listas para entrar en combate. Longo e duro foi o camiño percorrido ata aquí, múltiples os disparates e sabotaxes recibidos dende aquelas primeiras reunións de Daniel Rego cos disidentes utilizando para elo as instalacións do Club Náutico ata a denuncia despois interposta pola actual Vicepresidenta da mesma entidade, pero nada parece que poderá evitar que se acabe dunha maldita vez o sinsentido de que os camariñáns teñan que partir a exilio para velar aos seus seres queridos, que camariñáns de toda aavida teñan que pasar as súas últimas horas sobre este mundo nunha terra extrana e allea. Esas épocas acabáronse para sempre.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.