- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 27 Xullo 2013 27 Xullo 2013

Consecuencia natural do curso dos acontecementos, a experiencia do autobús psicodélico co seu corolario de indispensable zume de laranxa co tempo dou lugar a proxectos de maior envergadura e así surxiron as chamadas "Probas do Ácido" (Acid Tests). A que estaba chamada a pasar á historia tiña lugar, cun Kesey xa fuxido en México por mor dos seus reiterados problemas ca Xustiza, un 12 de febreiro de 1966 en Watts (Los Angeles). Nun barrio que fora devastado un ano antes polos terribles motíns da poboación negra, ata 600 drogotas chegados de todo o Estado, colocados como cochinos, déronse cita nun almacén baleiro debidamente acondicionado para o experimento. Nun momento dado dous dos Alegres Bromistas irrumpiron no recinto con sendos bidóns de ponche sazonado ata os topes con LSD. Sería o posteriormente coñecido como "Ponche de Ácido Lisérgico". Así, por exemplo, Neal Cassidy (o célebre Dean Moriarty da novela "En el camino", de Jack Kerouac) xa a medianoite levaba consumidos tres litros... Do mesmo xeito, nestes últimos días, parece como si non contentos co zume de laranxa máxico no PP de Camariñas se pasara a chupar dun barreño de ponche parecido e todos os disparates sin igual do pasado deran un salto de calidade sen precedentes.
Elo era visible no Pleno ordinario que tiña lugar na Casa do Concello este venres 26 de agosto de 2013. Era algo parecido a aquela obra de Luigi Pirandello, seis persoaxes en busca de autor: ¿ante que estábamos? ¿ante concelleiros do PP? ¿ante renegados do Grupo Mixto? ¿a quen representaban en verdade aquelas tristes sombras? ¿cal era o seu ideario, a súa ideoloxía? ¿que defendían? ¿que buscaban? Sen embargo un fío de continuidade co pasado recente e remoto dos populares camariñáns foi claramente audible no destartalado salón plenario: os mesmos disparates, iguales tolerías e sinsentidos (¿Daniel falando de "as sentencias xudiciales hai que cumplilas? ¿pero esto que é? ¿outra broma? ¿Acaso son os concelleiros do PP un moderno sucedáneo de Los Alegres Bromistas?), un nivel político que faría chorar ata a un demócrata de Ruanda. Aquí en Camarinas.eu de xeito sinceiro e desinteresado fixéramos tres recomendacións a Daniel: que non perpetrara máis ridículos, que non se humillara demasiado e que non arrastrase o seu nome aínda máis ante a historia. Pois ben, tan só dous días despois do mencionado consello, á vista do leído na prensa autonómica e do visto no pleno ordinario, xa estamos en condicións de confirmar que o PP camariñán non fará caso en ningunha das tres recomendacións e todo parece indicar que imos de cabeza a unha reedición do modus operandi empleado por Daniel no tan desastroso asunto do Club Náutico: empeñarse nun afán inútil de xeito descabellado e incesante.
Así, xa se fala de recollida de firmas (que tan exitosas resultaron no asunto do Náutico), de manifestacións en Santiago de Compostela (¿cantos poderán xuntar? ¿30, 40 pirados?), esíxese sin máis dilación entrevistas persoais con Carlos Negreira e ata con Alberto Núñez Feijoó (esto, dacordo con fontes de alto nivel do PP galego consultadas, tendo en conta a imaxe que estas xentes teñen de Daniel, que non é a máis óptima) e outros disparates insensatos que aínda están por chegar e que se dúbidas os cráneos populares non dubidarán en idear. Pense vostede as maiores tolerías, os máis grandes desatinos, as peores barbaridades, e sen dúbidas lograrán abrirse paso dentro do novo Grupo Mixto camariñán. Parece que como si baixo os efectos dalgunha clase de ponche nefando e malvado, capaz de esnaquizar os miolos máis firmes, no PP de Camariñas se vivira nunha dimensión paralela, nun universo alternativo e todo punto de contacto ca realidade fora ficción. Todo o cal non deixa de constituir un maná, unha miragre pola que de hinoxos damos grazas ante Deus Todopoderoso aqueles que dun xeito ou outro nos adicamos a esto do xornalismo. Están por chegar días de gloria nos que nós con vostedes reiremos a mandíbula batiente con todos os enormes disparates que estes risueños bromistas están por deparar e do mesmo xeito que Hunter S. Thompson en tempos creara o así chamado "Xornalismo Gonzo", aquel no que o xornalista (o propio Hunter) se convertía en protagonista do narrado, aquí en Camarinas.eu, salvando as siderais e kilométricas distancias que nos separan do mestre norteamericano, vamos a dar en chamar "Xornalismo Naviero" ou "Hipopotoide" a todos os nosos periódicos e esperamos que hilarantes escritos que teñen como protagonistas lamentables e cómicos aos dirixentes do PP de Camariñas, ben nas súas aventuras náuticas ben nas políticas.
Precisamente nun deses escritos xa alertáramos sobre as similitudes existentes entre o PP municipal e o nacionalismo en xeral. Pois ben, agora Daniel dou en envolverse na bandeira de Camariñas para reinvindicar o que en verdade importa: un salario de máis de 3.000 euros como deputado provincial. Como Jordi Pujol aquela vez que Alfonso Guerra tentou enchironalo nos anos 80 polo caso Banca Catalana e salío con aquelo de "Cataluña no puede tolerar e bla, bla, bla...". A este respecto, resulta irrelevante constatar como dende bastante cara atrás, xa dende os tempos de Alonso Ballester, Camariñas non contaba cun deputado provincial e aquí non pasaba nada que se saiba. Agora sí: no momento actual resulta absolutamente imprescindible contar con ese mullido e tan ben remunerado sillón, Camariñas corre perigo de morte noutro caso e o home chamado a evitar o drama non é o outro que un Superheroe camariñán, o cal se sacrifica heroicamente polo seu pobo cobrando 3.000 eurazos ao mes. E sen embargo semellante pamema ten compradores incautos, senón ahí están esos cinco concelleiros que decidiron tirar a súa carreira política polo vertedeiro por defender o dereito a un salario digno do seu xefe. E así, nun caso único na historia da política, o PP conta en Camariñas con dous sectores botados ao monte, á marxe de toda disciplina de partido e fora de todo control político. O auténtico PP son eles, non o PP provincial nin o autonómico, non Rajoy nin Feijoó, moito menos Negreira ou Diego Calvo. Estamos ante uns curiosos guardiáns das esencias populares, xa sexa a archifanatizada secta do autodenominado Comité Local, se ben estos días o seu profeta anda perdido, descolocado pola defenestración de Daniel, sen saber ben para que lado tirar, se ao do xornalismo independente e insobornable de investigación ou voltar ás andadas do "diario máis popular da Costa da Morte", xa sexa o que era o sector oficial agora xa cun pe, pasado un tempo os dous, no Grupo Mixto.
Como todo o mundo anda un pouco perdido nestes días estranos e o Pleno ordinario deste venres 26 de xullo de 2013 collío ao persoal a contrapé, non se soubo moi ben que improvisar e así voltouse ao tan cansino asunto do Tanatorio. Ahí foi onde un Daniel sembrado soltou aquelo de "as sentencias xudiciales están para cumplirse", ante o cal Pichurri xa non puido evitar a carcaxada e contestou que "Sí. Eu xa vexo como cumples ti as sentencias. Eso sí que é verdad. Sobre todo os 22.000 euros que debes. Ten cuidado que aínda que a Directiva non os queira cobrar (do Club Náutico enténdese, que non o nombrou) calquer socio pode facer efectiva a deuda". Despois o de siempre, o tantas veces visto, Daniel que se poñe todo bermello e empeza a balbucear algunha incoherencia que outra causando unha pésima e triste impresión nos presentes entre os cales, resulta curioso, non estaba o gran redactor político da Costa Atlántica, o Pai do xornalismo de investigación independente e insobornable. E nos que acudíamos esperanzados ca oportunidade de contemplar un tercer asalto puxilístico popular...
Esto acabará sen dúbidas ca expulsión de todos os implicados e listo. Canto antes mellor porque todas as barrabasadas que estas boas xentes, alegres bromistas, solten en público de agora en diante serán no nome do Partido Popular e polo tanto vincularán ao mesmo. Aquí en Camarinas.eu fáisenos a boca auga: á semellanza de Rutger Hauer estamos por ver "cousas que vostedes nunca creerían... atacar naves en chamas máis alá de Orión... Raios-C brilar na oscuridade... preto da porta de Tannhäuser" e nos teremos o gran privilexio de narralas, engrosando un patrimonio literario nada desdeñable. Volven as coincidencias: cando en Puerto Vallarta, no "cutre" México, a 50ºC de temperatura, cunha marea bermella que inundaba con millóns de cadáveres as orillas do Pacífico co hedor insoportable correspondente, con pulgas, piollos e garrapatas mexicanas subindo pola entreperna e deixando a pel en carne viva, co arsenal de sustancias psicotrópicas reducido á limitada oferta existente en tan remoto lugar, os Alegres Bromistas certamente non vivían os seus mellores días acompañando a Ken Kesey no seu exilio forzado e sen embargo, cal buitre carroñero, alí estaba tomando nota de todo elo Tom Wolfe para escribir posteriormente unha obra que habería de pasar aos anales da historia do xornalismo e da literatura e que resultou finalmente tan profética en Camariñas.


Comentarios
«Nós non nos metemos nos problemas internos do PP, pero os incumprimentos pola súa parte son manifestos: en Madrid, en Galicia e tamén nisto», asegura Campos, que según dice, «estaba alí», en el juzgado de Corcubión, cuando se establecieron los pactos para repartir los tiempos de estancia como diputado provincial, tanto en las filas socialistas como en las populares.
En virtud de este acuerdo, Rego debería sustituir a la alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, pero finalmente no lo hará.
partir da base o estar nun estado de dereito no cal pódense ampliar moitos trasnoitados,un de é o gran poder das cupulas dos partidos segun o lugar que ocupen na jerarquia facendo sempre o peor para os chanzos mais baixos.Lle podria facer moitas preguntas a Diego
Calvo pola suposta ultraxe cometida sobre a persoa de Daniel Rego,pódelleme contestar con razonamentos claros e contundentes,nu nca co silencio ou a mala saída ou como eu creo(podo estar equivocado)coa mentira,non me convencen as suas verbas e rógolle as amplie,hai moita marexada,como para quedarnos asi coa boca aberta e nun silencio sepulcral. Quero quede claro que é simplemente un comezo, o parar esta nas súas mans,nas súas obras,pero nunca desde que se crea superior a ninguén ,iso teñao presente,non quero ser mais que ninguén ,pero menos tampouco,no seu tellado esta a pedra.
El magistrado no halla pruebas de que el popular recibiese un Porsche de un empresario a cambio de gestiones ante la Xunta
EL PAIS 12 DE ABRIL DE 2012,alli estaba Diego Calvo,y otro señor que prometio que asi que aclarase ante el juez,pues el chaval,decia que era inocente y estos no se lo creian,largaros coño que vuestra plaza la ocupa cualquiera,no representais a nadie,pero iremos subiendo,de seguie asi me doy de baja en el partido ,pero no me parais,
Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/1801489/0/#xtor=AD-15&xts=467263
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.