- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 14 Xullo 2013 14 Xullo 2013

Sería o encontronazo definitivo e demoledor entre dous célebres persoaxes literarios extraídos do maxín creador de Camarinas.eu: o polémico e malvado asaltador de negocios particulares, os peliños enchoupados máis famosos da Costa da Morte, e a súa antiga man dereita, o tan noxento e repelente hipopótamo obeso da Carretera do Faro. Un combate final que por inevitable (como tantas e tantas veces anticipou esta redacción) non deixou de ser menos sorprendente e que tivo como escenario esperpéntico e indicativo as catacumbas dunha pizzería porteña. Os antigos líderes do Partido Popular, desesperados e finiquitados, acabaron por convertir en costume resolver as súas loitas de poder a puñetazo limpio en liortas de taberna.
En datas recentes, chegados a unha situación extrema de enfrontamentos públicos e notorios entre as distintas faccións en xogo, cun ex secretario á cabeza dunha minúscula secta ultrafanatizada situada á marxe de toda disciplina de partido, e vertindo ameazas e insultos a diario en estercoleiros cibernéticos contra o seu antigo presidente, a man que durante tantos anos lle dou de comer, a Dirección Provincial do PP decide finalmente tomar cartas no asunto e actuar como mediador das partes en conflicto. O que nun tempo se podería haber arranxado cunhas poucas expulsións e uns cantos escarmentos exemplarizantes requería agora complicados engranaxes a tres bandas, que finalmente se revelaron como inútiles e extemporáneos. O lugar da reunión, a planta baixa dunha céntrica pizzería da Ponte do Porto, agora rexentada por unha das máis firmes defensoras da así chamada liña oficial, aquela que defende os métodos e actuacións do presidente local e dos seus cinco concelleiros. Quedaba deste xeito convocado o que sería o combate puxilístico definitivo e final, categoría dos pesos pesados, heavyweight championship (un, polo posto que aínda ocupa no organigrama local, o outro, xa acabado hai tempo para a política e en xeral para todo, polo seu evidente sobrepeso alimenticio), que había de enfrontar a un presidente e a un ex secretario e cuios asaltos irían sendo desgranados a través de suxerentes anuncios a oubido e insulto limpio polas féminas do así autodenominado Comité Local.
Cando nos Estados Unidos Don King decide organizar un combate por todo o alto, un daqueles chamados a paralizar o orbe terráqueo e convocar ante a televisión a millóns de espectadores a altas horas da madrugada, soe elexir o impoñente Caesars Palace de Las Vegas. Aquí somos máis humildes e cando queremos que os principais representantes do PP resolvan as súas diferencias a mamporros eleximos unha sinxela pizzería da Ponte do Porto e listos. Tal vez eso foi o que deberon pensar os altos dirixentes provinciais cando convocaron a tan finalmente violenta reunión: a ver si estes se matan entre sí e, xa se sabe, morto o can (con todo a nosa máis sinceira disculpa para os cánidos pola comparativa) acabouse a rabia. En fin quen sabe, o certo é que baixo a presencia de importantes representantes da Dirección Provincial do partido, as partes en conflicto foron convocadas a unha reunión en datas recentes na planta baixa da citada pizzería porteña. A tensión era evidente e os agravios moitos, despois de cáseque dous anos de fortes enfrontamentos, iniciados a raíz do descalabro popular no proceso de golpe de estado no Club Náutico de Camariñas. Uns desencontros e rivalidades que chegaban ao seu culmen a finais de 2012 cando nunha reunión na sede local, o defenestrado ex secretario popular (alguén contra o que máis de 100 simpatizantes e afiliados da Ponte do Porto dirixían unha carta esixindo o seu cese fulminante) intentaba agredir a tortazo limpio ao concelleiro porteño, sendo separados ambos cando chegaran case as mans.
Precisamente esta violenta persoaxe, prestixioso xurista e afamado arquitecto de Plans Xerais, era o principal motivo da convocatoria da reunión. Os cariacontecidos xerarcas provinciais pronto comprobarían escandalizados ata onde chegaba o odio entre os seus cargos locais: baixo o coro femenino das súas seguidoras do Comité Local, o exaltado ex secretario empeza a vertir graves acusacións e insultos contra o seu presidente, agora devenido en exitoso concesionario de contratos administrativos. Este, seguramante ca promesa do escandaloso e indecente asunto das Torres do Allo e dos Batáns do Mosquetín no bolsillo, síntese forte, comproba que pisa firme e comenza a rebatir á súa antiga man dereita pasando incluso ao ataque cunha sucesión de golpes demoledores. Nun momento dado fará responsable ao seu ex de todas as derrotas electorais e espetará contra a súa cara flácida e deforme un gancho mortal: "por culpa da túa página de internet perdimos as eleccións en Camariñas", algo que por non ser menos certo non deixa de indicar a súa grave responsabilidade por ter ao seu carón ao que os principais responsables populares daquelas épocas lle indicaban como un arribista e un superviviente, dunha incapacidade e incompetencia infinitas, ademáis. Ante esto, presuntamente a resposta do antigo boxeador de rounds puxilísticos na sede local non se faría esperar e, segundo fontes presenciais, bótaselle ao peito ao seu antigo presidente chegando a enzarzarse e ter que ser separados polos militantes presentes. Todo elo baixo a música cadenciosa e melódica do coro femenino do autodenominado Comité Local. As deflagracións estaban desatadas e non había arranxo posible. Ante esto, os representantes da Dirección Provincial, entre eles esa mesmísima nulidade chamada Diego Calvo, deciden poñer fin á reunión e co susto e o medo no corpo, sin dar crédito ao que acaban de contemplar, deciden voltar cara os seus ben remunerados cargos oficiais ben pagados con cartos públicos.
Vistas así as cousas, comprobado o lamentable final que a limitada intelixencia dalgúns decidiron elexir, faise difícil non lembrar o film de Scorsese "Toro Salvaje" (neste caso, máis ben cabestro), a escena daquel acabado Jake La Motta, xa con certos principios de obesidade, sostido a duras penas no ring ás cordas entrelazadas, castigado de xeito inmisericorde por Sugar Ray, perdido o protector bucal, escupindo dentes en todas direccións e salpicando de sangue ás primeiras filas do público. E cando finalizado o combate, co rostro sanguinolento, machacado, unha masa infecta, La Motta corría, desquiciado, ido, tras o seu rival e repetíalle aquelo de "No me has tumbado Sugar Ray, no me has tumbado...". Faise tan difícil recoñecer un fracaso persoal tan estrepitoso... Tras dous combates puxilísticos fracasados, derrotado ampliamente en ambos por claros e demoledores KO's, queda por ver cal será a terceira xeración de trifulcas violentas a puñetazo limpio con que nos deleitará o exaltado ex secretario nos duros días que lle quedan por vivir.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.