- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 30 Mai 2013 30 Mai 2013
Non pode haber mellor exemplo prototípico de actuación canallesca, ruin, noxenta e sen embargo inútil que o que se recolle no film de John Ford "El Delator" ("The Informer", 1935). Producción atípica dentro da obra fordiana, ambientada lonxe do Monument Valley de Utah no que soían descurrir as súas grandes obras maestras do western ou daquelas outras películas de temática máis lixeira e de constantes tintes humorísticos e familiares, describe como Gypo Nolan, un antigo combatente expulsado do IRA polos seus problemas ca bebida, entrega a un antigo amigo e compañeiro de armas ás autoridades británicas a cambio dunha recompensa ca que pensa pagar a pasaxe que o leve xunto á súa moza, unha prostituta que fai a rúa no convulso Dublín dos anos 20, ata Estados Unidos. Sen embargo, unha vez recibido o estipendio pola súa vil traición, finalmente toda a recompensa será malgastada ata o derradeiro penique nunha única noite de descontrol etílico.
Entre o venres e o luns desta mesma semana, apenas 48 horas hábiles, unha avalancha de resolucións xudiciais favorables recaeron sobre o concello e de todas aquelas admonicións apocalípticas, daquelas profecías dantescas, non quedou nada. Xornalismo de ocasión, válido para crear grandes polvaredas nas distancias cortas, finalmente barrido como polvo para a historia. ¿Que será das barbaridades proferidas de dous meses para atrás dende determinados púlpitos rabiosos e fanatizados? ¿Pedirase perdón por enganar dunha maneira tal vil como sonroxante aos lectores polo sabio maxistrado de soberbio peito palomo que urxía sen máis dilación a demolición ipso facto do tanatorio municipal? Unha vez visto o enorme, oceánico, do seu engano (mentira), ¿recoñecerase o admirable proceder dunha corporación que aguantou ata o último momento, alí onde todos perden a razón e son vencidos por un medo insuperable, e mantivo o tipo ordeando o normal desenvolvemento das obras do tanatorio, preservando así os intereses públicos? Porque precisamente e por moi contraproducente que poida parecer a ensinanza máis significativa que se extrae da frenética avalancha xudicial destos días é a do reforzamento da figura daquel ao que un delator rabioso e un puñado de veciños que se deixaron convencer pretendían dar caza e captura mediante un proceso febril de acoso e derribo que quedará para a historia. A historia de infamia.
En resposta ao proceso de persecución e linchamento por terra, mar e aire desatado contra un cargo público por esta nova versión (xudicial) de La Liga de las Sombras recaían en datas recentes ata catro resolucións, catro: 1ª- Provinte da Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística, da Xunta de Galicia, ante unha denuncia da Asociación de Veciños Río Porto acreditase nunha resolución asinada pola Xefa do Servizo Provincial que na aprobación do proxecto e execución das obras do Tanatorio Municipal non existe ningunha vulneración da legalidade urbanística. 2ª- O Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, ante denuncia de Guadalupe Alvite Vázquez, en auto de 16 de maio de 2013 e co apoio do Ministerio Fiscal desestima o recurso plantexado pola actora ante auto de data anterior concluindo que os feitos denunciados non son constitutivos de infracción penal. A Xunta de Goberno Local de Camariñas quedaba absolta e o noso admirado e idolatrado xefe de deportes librábase das sete cadeas perpetuas no letal penal arizoniano de Yuma cas que estaba ameazado polo seu terrible e sanguento proceder na XGL daquela época turbulenta na que se xestaba o Tanatorio Municipal. 3ª- Ante denunciante/querellante anónimo, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 de Corcubión, no marco dun proceso de falsificación de documentos públicos, e novamente co apoio do Ministerio Fiscal, acaba concluindo o sobreseimento (provisional, ahí La Liga de las Sombras gaña uns días e seguirá ca súa matraca cansina) e o arquivo das actuacións. 4ª- Novamente ante denuncia de Guadalupe Alvite Vázquez, o Xulgado Contencioso-administrativo nº3 de A Coruña en auto de 24 de maio declara a inexecución da sentencia previa da demolición de parte do Tanatorio Municipal ata que esta gañe firmeza material, poidendo continuar a normal execución das obras na franxa litixiosa, provocando o batacazo máis rídiculo e o descrédito máis bochornoso que se lembre na historia do xornalismo de baixo ventre e abultado peito palomo de Camariñas.
En verdade chegados a este punto, un xa non pode deixar de apiadarse destas pobres xentes, do único medio de vida que decidiron emprender, resultando finalmente que nin para eso valían e contribúen a destruir aquelo que máis decían querer. Porque incluso postos no hipotético caso de que finalmente resultaran vencedores nalgún dos numerosos asuntos postos por eles en curso ¿acaso pensan que o PP vai sacar en Camariñas de todo este aire envenenado, deste ambiente viciado por obra e gracia dun reducido número dos seus máis intransixentes fanáticos, un só voto? ¿Non hai ninguén que impoña un pouco de cordura e sexa capaz de ver que os veciños están hai tempo xa fartos de todo o maldito embrollo político a conta do Tanatorio e o único que realmente desexan e que este remate, entre en funcionamento e pasar páxina? Acreditado que foi un dos xuristas da Deputación o que se encargou da defensa dos intereses xerais no asunto da demolición do Tanatorio ¿son conscientes os contribuintes do enorme quebranto económico (en tempo e diñeiro) que para as arcas públicas están a supoñer as tentativas desesperadas de destrucción total emprendidas por obra e gracia de parte do PP local? ¿Ou aquí o que de verdade importa non son os intereses xerais do PP e sí os de algún dos seus antigos dirixentes, agora defenestrado e rexeitado de modo sistemático e masivo pola súa militancia, que loita pola súa exclusiva supervivencia política dende posicións extremas?.
Neste senso faise difícil non pensar na moralexa final de "El Baile de los Vampiros", o célebre film de Roman Polanski, aquel no que o profesor Abronsius viaxaba ata Transilvania co propósito declarado de descubrir a guarida secreta dos vampiros e acabar dunha vez cos mesmos, resultando pola contra que unha vez infectado por unha mordedura letal acabará na súa viaxe de volta contribuindo a expandir esta plaga polo resto do mundo. Ou incluso en Adolf Hitler, que invadío a Unión Soviética co obxectivo inquebrantable de destruir o comunismo e nun refluxo de parecidas proporcións ao do film de Polanski resultou ser o culpable da súa instauración en Centroeuropa para os vinderos 50 anos. Non pode haber consuelo nin desculpa aos seus propios ollos para aquel vapuleado de semellante xeito, culpable de engrandecer ao cargo público ao que por tódolos medios, incluso os máis noxentos, os máis cobardes, os máis viles, chegando incluso á delación, pretendía destruir. Un eterno retorno de batacazos sucesivos, cíclicos, periódicos, que por predecible non deixa de ser xa bastante cansino. Con todo, nada aprenderá: unha vez pasado un prudente periodo de perfil baixo, de non moitos aspaventos, voltará a carga con novas cruzadas, enganará aos mesmos catro bobos de sempre e todo o proceso cíclico comenzará de novo e dará outra volta completa. Total, ¿que vai facer? ¿poñerse a traballar?
Pero sobre todo non se pode evitar lembrar a aquel pobre e lamentable Gypo Nolan interpretado polo sempre excesivo Victor McLaglen e toda a patulea alcohólica de desarrapados que o acompaña e ensalza mentras os cartos da recompensa aguantan para sufragar a ronda etílica nocturna e que o cubrirá dos maiores improperios e desprecios cando éstes se esgoten, acabando por entregalo finalmente a un escuadrón de castigo do IRA. Vendida á súa alma a un diaño encarnado en inexorables autoridades británicas de ocupación a cambio dunhas poucas monedas, de todos aqueles sonos que o seu limitado maxín maquinara a cambio de tan vil estipendio, nada quedaba: tan só un algareado percorrido etílico polos bares dublineses e dous cadáveres máis na turbulenta Irlanda dos anos 20. Todo fora un esforzo inútil: unha vez postas en marcha as forzas destructivas con tan fatal decisión, ao final todo foron victorias pírricas.
Comentarios
1.m. Nalgas de las personas y ancas de los animales:el bebé tenía el culo muy escocido. 2. Ano. 3. Extremidad inferior o posterior de algo:culo de una botella, de un vaso.
4. Pequeña cantidad de líquido que queda en el fondo de una botella o vaso:queda solo un culo de cerveza.
5.culo de mal asiento col. Persona que no está quieta en ninguna parte:no aguantará mucho, es un culo de mal asiento.
6.culo de vaso col. Lente graduada que tiene mucho grosor:
los chicos le tomaban el pelo porque tenía unas horribles gafas de culo de vaso. 7.con el culo al aire loc. col. En una situación difícil o comprometida:te fuiste de la lengua y me dejaste con el culo al aire. 8.dar por el culo loc. vulg. sodomizar.
9. ir o mandar a tomar por culo loc. vulg. Echar a una persona de un sitio:mándale a tomar por culo y te quedas más tranquila.
10. loc. vulg. No salir una cosa como estaba planeado:con la lluvia, el concierto se fue a tomar por culo. 11.ir de culo loc. col. Ir mal una cosa o una persona:el pobre va de culo con los estudios.
12.lamer el culo loc. vulg. Adular servilmente a una persona:si espera que le lama el culo, está equivocado. 13.perder el culo loc. col. Esforzarse demasiado por conseguir una cosa o por halagar a una persona:pierde el culo por esa chica.
y no me importa nada... No me importa nada Perdoe pero ao ver a canción eu póñolle outra,a eles nada lle importa ,só a súa mafia ,a súa sociedade envolvente que todo o enreda e transfórmao ,son capaces de facer mudar a unha sociedade sa, nunha mala ,é o que fan agora.
Espero señor meu que vexa como se esta adiantando aínda que sexa pouco nestes temas ,pois polo menos estamos ao corrente dos sucesos ,non como noutras épocas,o importante para a miña forma de pensar é que nós recollamos a mensaxe xusta do que as fai a paga ,polo ben da nosa democracia,onde os políticos non estiveron ao seu nivel
discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.
La sentencia, a la que ha tenido acceso en exclusiva Periodista Digital, ha sido dictada por Maravilla Carreras Rodríguez, jueza sustituta del Juzgado Penal 3 de Getafe.
dos teus amigos ,no teu caso da túa noiva ,non hai unha loita polos intereses dos traballadores,s omos uns exclavos modernos de carne barata que nos usan á súa antoxo,vexo tamén ás pequenas empresas e aos autónomos moi mal ,aí hai castes ,a dos ricos de verdade que esta todo para eles e a dos pobres que cada dia van a mais
Este hombre, el doctor Richard Gatling, pensó que una ametralladora que disparara lo suficientemente rápido permitiría que un único hombre combatiera como si fuera cientos y así el ejército de ese bando sería mucho más pequeño. Esto permitiría que menos hombres se expusieran a la muerte, en el combate y por otras causas.
Y como la idea le pareció apropiada, se puso manos a la obra y diseñó y construyó una ametralladora que podía escupir trescientas cincuenta balas por minuto, es decir, una velocidad de tiro más de cien veces mayor a la de las armas habituales en aquel momento, los rifles. En 1862 todo estaba listo para comenzar la producción a gran escala y nutrir así al ejército, pero un incendio arruinó toda la fábrica de nuestro hombre y hubo de comenzar casi de cero. Seguramente el impacto de aquel arma en la guerra habría sido decisivo, pero nunca lo sabremos con certeza.
Llegó su momento cuando la guerra tocaba a su fin pero aún demostró ser un gran invento. Tanto es así, que el ejército de Estados Unidos, tras la guerra, encargó un buen número de ellas, y posteriormente otros países, comenzando así la popularización de aquel invento que hacía que un hombre pudiera matar más rápido.
Su intención inicial era salvar vidas, pensando en que si un ejército disponía de esa capacidad de disparo en un solo hombre y el otro no, muchos soldados podrían quedarse en casa por no ser necesarios. Lógicamente, cuando ambos ejércitos disponen de este tipo de armas, vuelven a tener que ir al frente todos los soldados posibles, aunque probablemente en este caso con mayor probabilidad de morir ya que tendrán enfrente una ametralladora que envía trescientas cincuenta balas donde antes se enviaban tres o cuatro. Por lo tanto, podemos decir que el doctor Gatling fue bienintencionad o pero le salió el tiro por la culata, y nunca mejor dicho
Cuando un hombre estúpido hace algo que le averguenza, siempre dice que cumple con su deber"
Dichoso es el que tiene una profesión que coincida con su afición."
Dos personas que se reunen para escribir un libro es igual que tres personas que se reunen para tener un bebé. Uno de ellos sobra"
El dinero no es nada. Pero mucho dinero… ¡eso ya es otra cosa!"
El hombre no deja de jugar porque se vuelve viejo. Se vuelve viejo porque deja de jugar."
La ciencia siempre se equivoca. Nunca resuelve un problema sin crear otros diez."
La democracia es el proceso que garantiza que no seamos gobernados mejor de lo que nos merecemos."
La libertad supone responsabilidad . Por eso la mayor parte de los hombres le temen tanto."
Los espejos se emplean para verse la cara; el arte, para verse el alma."
Mi reputación aumenta con cada fracaso".
No trates a los demás como te gustaría que te tratasen a ti: podrían tener otros gustos."
Un triunfador es aquel que se levanta y busca las circunstancias que desea y si no las encuentra las fabrica."
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.