- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 16 Marzo 2013 16 Marzo 2013
Este pasado domingo 10 de marzo de 2013 rematou ca celebrada en Xaviña a xeira de charlas mantidas por Pichurri para explicar o recentemente aprobado PXOM. E remataba cunha importante afluencia de veciños ás mesmas, cun tono optimista e satisfactorio entre a cidadanía, sen que se producisen altercados, encerronas, reventamentos nin escándalos e, o máis indicativo, sen que asomasen os fuciños nin por unha soa das reunións mantidas ningún dos dos cráneos navieros do PP camariñán. O cal, como non podía ser menos, leva a unha serie de conclusións na mente atribulada de Camarinas.eu.
A primeira conclusión é que agora que podemos dar por sepultado o tan incorruptible e inquebrantable Comité Local do PP en Camariñas dada a implicación do seu líder e creador na Operación de reposición de VIPROGA SL na cafetería do Club Náutico, é que todo aquel alboroto e escándalo xuridíco-técnico deste pequeno comité de sabios expertos ao abeiro da ilegalidade flagrante, absoluta e radical da aprobación do PXOM resultou ser toda unha patraña. Aquel bombardeo constante de insensateces e maxaderías perpetrado por un illado grupúsculo fanatizado e radicalizado ao extremo resultou ser outra das periódicas operacións de supervivencia do recoñecido vago profesional e aventurero que o comandaba. Agora tocan outras historias máis apetecibles, máis suculentas en canto a resultados no hipotético e moi pouco probable caso de que prosperen e aquela sarta de idioteces propias dun pobre memo iletrado pasaron xa a historia. Nen siquera tivo o máis mínimo aplomo de concurrir a calqueira das charlas mantidas e alí, en persoa, non na lonxanía dun pc, ante o Alcalde, diante da cidadanía, defender o conxunto de exabruptos exaltados e dementes que tivo a ben evacuar no seu estercoleiro cibernético. Quen se acostuma a vivir das mulleres acaba sempre por esconderse detrás dunhas faldas.
A segunda conclusión non podía ser outra que o escandaloso e desvergonzado abandono da defensa dos intereses dos veciños do seu concello, en especial dos seus votantes, por parte do Presidente e do Ex-Secretario do PP de Camariñas. Agora que ambos andan dimitidos das súas funcións, esperando o golpe de gracia final, tirado polos bares un deles, escondido tras un pc o outro, fiaron todo o seu destino vital ao que parece o derradeiro dos seus xogos de superviviencia, o que ten por obxecto agónico o triunfo da Candidatura Okupa presidida polo capitán naviero-plaxiador. Fui por elo que os veciños, en especial uns votantes do PP que levaban toda a vida oíndo dos seus representantes os maiores anatemas e ataques contra a aprobación do PXOM, tiveron que encarar estas charlas en solitario, abandoados desvergonzadamente por aqueles nos que un mal día depositaron a súa confianza. E así, abandoado por un tempo o control ideolóxico e adoctrinador, a periódica inoculación da conveniente dose de veneno e odio, saíron das charlas tal que debía ser: satisfeitos e confiados pola aprobación dun PXOM que poñe orde onde antes había unha xungla.

Comentarios
lanxes,moi ben polo plan xeral e eles que sigan coas suas protestas que era mellor que se foran a manifestar por as preferentes
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.