- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 04 Marzo 2013 04 Marzo 2013
Nestes mundos que corren non se fía muito a xente dos políticos e en verdade mellor lle vai a ir así. Entre outras cousas porque os intereses exclusivos destos últimos non soen coincidir co así chamado interese xeral moitas máis veces das que pensa a cidadanía. Algo desto último, unha rigurosa e esixente fiscalización do contido do PXOM aprobado recentemente pola Xunta de Galicia entre a rebelión armada e o desacato público de parte do PP municipal, púidose ver na charla mantida polo Alcalde Pichurri cos veciños de Camelle na Casa de Man. Unha xuntanza que deste xeito retomaba aquelas charlas ca cidadanía que marcaron os primeiros tempos de Pichurri na Alcaldía e que pasaron a un rápido olvido seguramente entre outras cousas porque non servían absolutamente para nada máis alá do momentáneo efecto propagandístico.
Foi esta unha charla animada, fluida e con gran participación cidadá e da que ao parecer os esixentes veciños camelláns saíron máis ou menos convencidos do alí explicado. Non moito despois tiña lugar a charla co pobo soberano porteño nunha xuntanza que nembargantes contou cunha menor participación. Esta segunda versión daquelas "Charlas ca Cidadanía" continuará en días vindeiros cas reunións a manter en Xaviña, Brañas Verdes, Santa Mariña e Arou. En principio non é de esperar que a oposición municipal teña preparada en ningunha delas algunha das típicas encerronas estilo Viproga do pasado, entre outras cousas porque xa se atopan bastante ocupados en tratar de devorarse entre eles e ocupar posicións para a sucesión do maior perdedor de eleccións de todo tipo da historia da democracia, unha persoa que vista dende a posición actual a súa traiectoria persoal de sempre, só pensar que algún día chegou a encabezar a candidatura a unhas eleccións municipais leva seriamente a dubidar sobre a calidade do sistema democrático que impera en España. Vista a situación ¿como vai a fiarse a xente dos políticos?

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.