- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 27 Decembro 2007 27 Decembro 2007
O pleno acorda por unanimidade solicitar á Xunta a devolución das licencias de pesca.

Onte mércores 26 de decembro a pesar das datas navideñas nas que nos atopamos esperábase un pleno bastante tenso e problemático debido aos dous temas a tratar no mesmo: a devolución das licencias de pesca á familia Lin e o espinoso tema da granxa acuícola de Camelle. Finalmente e a pesares de algún que outro enfrontamento verbal entre concelleiros, o pleno foi menos tenso do esperado acadando a unanimidade de todos os concelleiros presentes no primeiro dos puntos incluidos na orde do día. Para ler a noticia completa pulsa na foto ou en "Ler máis.."
Este pleno extraordinario, último do ano, tiña lugar debido á solicitude formulada a semana pasada polo grupo político popular do Concello de Camariñas, ao reunir este a porcentaxe mínima de concelleiros que esixe a lei para solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario. Os dous temas a tratar no pleno fixeron que este estivera concurrido como fai moitos anos non se vía no noso Concello: gran cantidade de mariñeiros pertencentes á flota de Camariñas, incluíndo unha importante delegación da familia Lin e algúns veciños de Camelle presentes para protestar contra a ubicación da granxa acuícola da Xandriña.
No primeiro dos puntos incluidos na orde do día, a devolución das licencias de pesca á familia Lin, PSOE e PP votaron a favor de instar á Consellería de Pesca da Xunta de Galicia a suspensión das medidas cautelares adoptadas e a devolución das licencias, despois de incluir unha clausula presentada polo grupo político socialista para a inclusión na mesma solicitude da devolución da licencia do barco "Gallego José"

Máis problemático foi o segundo dos puntos na orde do día, o do cambio de ubicación da piscifactoría da Xandriña, na que o PP votou a favor de instar á Xunta dito cambio e o PSOE votou en contra xa que, en palabras do alcalde "no momento en que cheguen as cartas de compra aos propietarios dos terreos reunireime outra vez con eles e si a maioría están en contra de vender o Alcalde estará en contra da expropiación e da ubicación da granxa acuícola de Stolt Sea Farm en Camelle" Debe destacarse neste punto un agrio debate entre o concelleiro socialista por Arou, Germán Mouzo, e o voceiro do grupo popular Daniel Rego a propósito da granxa acuícola de Arou pola que, según Germán, ninguén agás él se reunira cos veciños para tratar este tema.
Para rematar, considerando a repercusión económica que a non devolución das licencias ten para o noso pobo, con máis de 20 familias paradas, e desexando unha feliz solución canto antes, camarinas.eu alégrase polo consenso acadado neste tema (de importancia vital para a supervivencia de Camariñas) e da por rematado o exercicio 2007 en canto a política se trata. Feliz Nadal aos nosos políticos e que o ano que ven non se alporicen tanto!


Comentarios
Quero aproveitar para dicir, que esta xente non está a apoiar o uso da dinamita, está a aopiar a unha xente, veciña do pobo que non ten traballo, por unha decisión da administración.
E por último decir que naturalmente que ai que erradicar o uso de explosivos na pesca,e toda clase de ilegalidade e nos estamos totalmente dacordo. Non sei donde está o delito. Estase xulgando xudicialemnte a estos tres barcos, deixemos que sala o veredicto, e non os xulguemos antes.
NIN A XENTE, NIN OS POLITICOS, NIN NIGUEN APOIA O USO DE EXPLOSIVOS NA PESCA, E AHI E DONDE POÑEN A METEDURA DE PATA OS MEDIOS DE COMUNICACION, E QS QUE PERSOAS QUE ASI OPINEN.
MOITAS GRACIAS.
FELIZ ANINOVO A TODOS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.