- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 24 Xaneiro 2013 24 Xaneiro 2013
A bomba saltaba esta semana cando se facía público que a Dirección Provincial do PP de Coruña pedía a expulsión fulminante de seis concelleiros populares de Ames. O seu crime: saír do equipo de goberno municipal presidido polo alcalde Santiago Amor e deixalo en minoría nunha votación plenaria así como expresar nos medios de comunicación fortes críticas tanto ao seu presidente local como á Dirección Provincial. Todo elo motivado por graves desencontros personais que desembocaron nunha guerra civil aberta entre os populares do concello do extrarradio santiagués. Unhas conductas, unhas actitudes, uns enfrontamentos tan parecidos en definitiva aos gravísimos e inéditos sucesos que están a asolar o PP de Camariñas.
Situación calcada pois á do así autodenominado Comité Local do PP de Camariñas, unha escisión da agrupación local conformada por catro membros, que asume a representación de todo o colectivo popular camariñán e fala en nome do mesmo, vertindo fortísimas críticas tanto contra o presidente Daniel Rego como contra todos os concelleiros presentes no Salón de Plenos municipal, así como contra o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Agustín Hernández Fernández de Rojas, ao que desautorizan e ningunean públicamente nas súas notas de prensa a conta da aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia do PXOM de Camariñas. Situación escandalosa e pioneira de afastamento da disciplina de partido e de negación pública da liña política recomendada dende as alturas provinciais que sitúa aos seus catro asinantes como "outlaws", como afiliados situados voluntariamente fóra da lei (popular), colocados no terreo da rebelión aberta, no da traición contra as súas propias siglas.
Despois de supostos devaneos co efímero partido instaurado por Mario Conde, a súa cruzada contra o presidente local non quedou nos insultos diarios contra o mesmo evacuados a través de autocomentarios falsos no boletín oficial dos renegados populares, senón que na súa deriva contra Daniel Rego e tódolos concelleiros chegouse a publicar (por error, ben é certo) unha inxuriante e mofante carta na que ademáis tentaban de sembrar a cizaña entre os comités locais de Cee e Camariñas polo escabroso asunto da factoría tubular ceense. Unha situación de escándalo público e notorio da que xa viña alertando Camarinas.eu dende fai xusto un ano a conta das desventuras navieras dos dous cráneos privilexiados do PP camariñán e que este derradeiro domingo aparecía recollida nun artigo de opinión da edición de Carballo de La Voz de Galicia, que certificaba o xa anticipado hai tanto tempo por esta redacción e situaba aos seus protagonistas ao borde dun ataque de nervios. Tal como ilustrara Camarinas.eu no seu día, situaba a orixe da confrontación fratricida entre os populares camariñáns no tan desastroso proceso de asalto contra o Club Náutico de Camariñas: unha guerra con claros vencedores e vencidos, e que contaba no bando perdedor como un dos seus principais protagonistas a un PP destrozado, humillado e hundido a conta do fracasado golpe naviero.
Así pois, vistos os precedentes de Ames, nos que se violentou o único que en verdade importa a un partido político (a disciplina do partido), non debería sorprender a ninguén que en breve dende a Dirección Provincial se iniciase un expediente disciplinario contra os catro membros do Comité Local de Sabios Expertos do PP de Camariñas. Neste punto debe lembrarse que aos capitostes da capital provincial xa se anticipou o Club Náutico cunha chuvia de expulsións denigrantes de afiliados populares na Vila das Palilleiras, que se levou por diante incluso ao presidente local. Esta mesma semana os populares galegos daban o pistoletazo de saída das municipais de 2015, a partires de agora cómpre limpar as formacións locais e confeccionar atractivas listas cas que facerse co poder nas diferentes poboacións galegas: despois do lamentable último ano de espectáculos de okupacións ilegais, plaxios, pufos, intentos de agresión, insultos a outras agrupacións locais (Cee), guerras civís abertas, desencontros persoais, rebelión política, etc... a Dirección Provincial Popular podería estar baraxando acometer en breve unha masacre en Camariñas como única forma de recuperar a confianza e a credibilidade dos votantes nunhas siglas seriamente desprestixiadas no noso concello polas conductas persoais, privadas e públicas dos seus principais representantes. Primeiro fui Ames... despois será Camariñas. First we take Manhattan, then we take Berlin.
Comentarios
comptenderan os comiteros o que pode ser a mais non
El lidder del PP cierra filas en torno a la unidad de su partido y recuerda a los rebeldes que no van a tener apoyo de presidente.
Sabrá o Sr. Feijóo onde está Camariñas e a que coño espera para renovar con todo urxencia a cúpula do partido no noso pobo. por favor presidente fora con estes dous mangantes e mais comité de las chicas de oro.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.