- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 27 Xaneiro 2013 27 Xaneiro 2013
Pois tal e como prometéramos, damos aquí inicio á Campaña Posnavideña da Comisión Extraordinaria de Camarinas.eu para a Loita contra o Bandidismo, a Especulación, a Sabotaxe, o Plaxio, o Roubo, a Okupación Ilegal, a Corrupción Política e o Pufo. Dado que o conxunto inacababable de andanzas, peripecias, desventuras e esperpentos varios da Agrupación Local do PP de Camariñas non nos dan tregua e parecen non ter fin, decidimos instituir un ente de carácter permanente e reglado co que combatir dende a legalidade as sete plagas populares de Exipto que están a asolar día sí e día tamén o noso maltratado e ninguneado concello. E facémolo cunha noticia aparecida días atrás na prensa provincial que nos deixaba literalmente anonadados e ao borde dun KO técnico mental severo, pero que dada a epidemia desencadeada de desvergonza absoluta, de impunidade descarada e delictiva e de latrocinio cínico e masivo da práctica totalidade da clase política que nos tocou en sorte, dende todos uns señores ministros ata sinxelos concelleiros, podería ter algúns visos de realidade.
Recentemente, os nosos colegas do Diario de Bergantiños adicaban unha noticia aos xaleos, expolios e altercados cos que o PP de Camariñas está a asombrar ao mundillo político da Costa da Morte dende o día en que Camarinas.eu publicaba a bomba informativa que reventaba definitivamente a débil e endeble "pax popular": a do escrito no que a práctica totalidade dos afiliados da Ponte do Porto esixían o cese fulminante e radical do Secretario da Agrupación Local. Na mesma, xusto ao remate, como apetitosa e exhuberante guinda final, aparecía que como premio a toda unha vida de comportamentos exemplares, como xusto recoñecemento aos seus esforzos e desvelos a prol dos necesitados e os desamparados, o futuro do Ayatollah popular de Camariñas podería estar definido por unha suxerente e importante oferta diplomática. Ahí quedaba eso. Digamos que un está desaiunando, non en locais recentemente desahuciados claro está, un non quere morrer envenenado, está tomando un café, acompañado dun pequeno piscolabis matutino, le semellante misil informativo, vénselle toda a comida á boca, o café sae disparado en cascadas a presión, empézase a toser, os ollos énchense de bágoas e despois, xa atemperado, recoñece solemnemente que gracias a Deus, por fin a Patria premiou ao mellor dos seus fillos.
En verdade que non podería haber mellor representante dos intereses xerais de España en calqueira país do extranxeiro, mellor imaxe para o noso antigo e histórico país. Unha persoa equilibrada, seria, nada dada a escándalos nin a agresións físicas, no que tan só pensar que puidera insultar a alguén ou andar metido en lamentables borracherías resulta sinxelamente inimaxinable; político de vasta cultura e elevada formación, de maneiras exquisitas e refinadas; infatigable campeón do legalismo e do Dereito, os seus esforzos a prol dos dereitos dos seus traballadores quedarán para a historia; experto coñecedor do sistema legal e xudicial español, a súa amplísima experiencia de anos e anos en xulgados e tribunais permitíronlle adquirir unha enorme sabiduría xurídica e un gran coñecemento dos diversos sistemas legais comparados; pagador intachable das súas débedas e cumpridor a raxa tabla das súas promesas e obrigas, gana España con este novo cargo diplomático a persoa ideal para recomenzar o lavado de imaxe da nosa Patria polas diversas legacións internacionais ao longo do mundo.
Tan pronto saltou a noticia, polas diversas embaixadas e legacións consulares espallouse o rumor, porque xentes malintencionadas hainas en todas partes, seguramente avaros funcionarios de carreira que despois de superar as esixentes e durísimas oposicións da carreira diplomática ven chegar un novo cargo representativo provinte do mundo da política, de que todo se limitaba a unha botaratada máis, outro disparate dunhas mentes seriamente aqueixadas polo mentirosismo compulsivo, que obrigadas a exiliarse a perpetuidade das instalacións do Club Náutico por orde xudicial, rexeitados gracias á súa ben merecida fama de todos os locais hosteleiros dende Buría ata Vladivostok, non quedaría outra que coller a maleta e largarse con vento fresco cara ás montañas bávaras e alí cun pantalonciño corto, medias ata as rodillas, un sombreiriño cunha pluma, e un mandiliño de tradición alpina, servir birras, viños, tentenpiés e piscolabis variados aos Superhomes de Raza Aria. A elo habería que sumar o globo sonda (por aquelo de a ver si colaba e ía calando a idea como aquela chuvia fina da que falaba outro famoso mostacho popular, se ben este non enchoupado que se saiba) do nomeamento para o cargo de deputado provincial en detrimento da Alcaldesa ceense Zaira Rodríguez. Ante esto, os críticos do nomeamento diplomático decían nos seus corrillos consulares: a ver, ou unha cousa ou outra ¡ou vaise de Embaixador a Austria ou de Deputado Provincial á Coruña! Agora que as dúas cousas non, están os mundos mui apurados e onde antes chupaba un, agora teñen que chupar dous. ¡Ao que se chegou nesta España empobrecida destes tempos! Vivir para ver...
E unha das primeiras misións representativas desta nova fiebre diplomática que invade a Camariñas dos nosos días víose esta mesma semana cando o futuro Embaixador plenipotenciario na República dos Alpes Austríacos visitaba Cee por aquelo de intercambiar amigablemente impresións ca alcaldesa ceense e ver de chegar a un acordo no tan escabroso e peliagudo tema do fenecido e enterrado pacto de compartición (dous anos ti, dous anos eu) do disputado e mullido escano de Deputado Provincial. Unha charla imposible a decir dos presentes e na que finalmente se acabaría falando a grandes voces da flora e fauna nacional, sobre todo de dúas especies tan queridas e recurrentes para o folklore galego como a do xénero femenino do zorro e do porco. Ao final nada se logrou e a escalada bélica entre as armadas populares de Camariñas e Cee sumou un novo desaire diplomático que engadir ás súas abertas e fratricidas conflagracións intermunicipais. Unha guerra na que non hai cuartel e na que non se fan prisioneiros: non en van o pan dunha familia está en xogo.
Dun tempo a esta parte, certamente envellecido e melancólico, algo ido por momentos e cas facultades intelectivas enturbiadas parcialmente (só así se explicarían algunhas das súas últimas iniciativas), un anciano cidadán de tupida e frondosa cabeleira cana, "con el pelo alborotado como el de un animal", percorre Camariñas. Cabizbaixo pola pesada carga das monstruosas responsabilidades diplomáticas que lle tocou encarar nun tempo estrano e despiadado, deambula polas rúas, máis ben polos bares, e de vez en cando sacude aos catro ventos a pelambrera revolta e desordeada aos sons dunha perfecta simetría musical, non puidendo evitar os seus conveciños a sensación de atoparse ante o Goya crepuscular das Pinturas Negras, ante o Beethoven arruinado dos últimos días. E entón en verdade dase un conta que non pode haber máis sabio e ecuánime embaixador, máis exquisito e documentado melómano, para visitar os salóns de Salzburgo onde descollou o xoven Mozart, os teatros imperiais de Viena onde os Strauss presentaron valses que asombraron ao mundo, alí onde as composicións clásicas de Schubert e Mahler pasaron á posteridade por primeira vez. Cando paseando polo Prater, se escuite furtivamente, entre a vexetación, unha voz ronca e ebria, que emprende de forma un tanto descompasada e desafinadade os compases iniciais de "O pasar por Camariñas", que ninguén o dubide: o máis laureado Embaixador do Reino de España, o titán que recibío a heroica carga de sacar á diplomacia española da medianía na que languidecía, reflexiona sobre as desventuras de toda unha vida e planea novos asaltos navieros.


Comentarios
Vexo que ten moito apoyo de Moncho de Dios, tendra escondidos os cartos dos traballadores.
Desde logo si e asi, podo decir co escandalo esta a volta da esquina porque xa se sabe algo do que fixo cos cartos. Estase a espera do Xuizo co Socio logo farax todo público.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.