- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 17 Xaneiro 2013 17 Xaneiro 2013
O paseo triunfal do Plan Xeral de Ordenación de Camariñas chegaba ao seu fin cando no albor deste chuvioso xoves 17 de xaneiro de 2013 se procedía á publicación íntegra da súa normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Trescentas dezanove páxinas a disposición de tódolos veciños do Concello que cun sinxelo click poden descargar en formato PDF o documento chamado a regulamentar de xeito impecable a realidade urbanística municipal durante a vindeira xeración. Un ilusionante percorrido que comenzaba cando no mediodía do mércores 26 de decembro de 2012 Camarinas.eu publicaba a exclusiva xornalística do ano e daba conta da chegada á Casa do Concello da resolución asinada pola Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo Dª. Encarnación Rivas Díaz, tan denostada pola avanzadilla ultradereitista do seu propio partido no concello, pola que se comunicaba a aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta de Galicia.
Queda nembargantes toda Camariñas en suspenso, co alento contido, a alma en vilo, á espera do veredicto inevitable e inapelable, o dictamen definitivo e multitudinario, do Comité dos Catro Sabios Expertos do PP local, un conxunto de cráneos privilexiados (que non cerebros) dunha sabiduría tal que reúnen en sí mesmos todas e cada unha das virtudes que elevaron aos altares da arquitectura universal a Le Corbusier, Oscar Niemeyer, Frank Gehry, Norman Foster, Frank Lloyd Wright e Santiago Calatrava xuntos pero multiplicadas por un billón polo menos. Máis ben noutra variante deste último apelido, a representada polos célebres Hermanos Calatrava, a desvencillada dupla humorística andaluza dos 80, levan a pensar o conxunto de desventuras e disparates, bufonadas e botaratadas, que cada pouco tempo ten a ben evacuar o autodenominado comité comandado por aquel que, conforme a súa habitual querencia de guerreiro heroico, acabou unha vez máis, cagado de puro medo, por cobixarse detrás das faldas dunha muller. A forma de vivir doméstica exténdese á vida política e estas catro nulidades da política local voltan a renegar en público do Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio Agustín Hernández Fernández de Rojas. Estas historietas son as que soen pasar naquelas formacións humanas nas que o que debía ser o seu líder anda desaparecido en combate, tratando de enganar a uns e a outros, mentindo a todos, e chorando polos bares a singladura naviera finalmente rematada dun modo tan desastroso: contra as rochas dos pantaláns do Club Náutico ¿Pero non haberá ninguén que por pura piedade (sobre todo cara os seus protagonistas), por respeto ao partido que nos goberna a tódolos niveis, poña fin dunha vez ao proceso de decadencia irreversible, ridículo imparable, desmembración egoísta do PP de Camariñas?

Comentarios
porque no hacéis o hacemos una plataforma de lo que esta ilegal,al ladrón alas al legal que se joda,hacer una lista de las casa ilegales que se estuvieron riendo de todo el mundo,eso no interesa eso es ser mal vecino y el señor que hizo lo que le dio la gana y casi me tapa las ventanas de mi casa a ese lo protegéis,bonit o ayuntamiento,gr acias vecinos
Tampouco me considero revolucionario e menos comunista,pero da mesma forma non podo sucumbir aos encantos linguisticos de quenes se benefician da ingenuidade.
Saudos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.