- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 12 Xaneiro 2013 12 Xaneiro 2013

Poucas veces se verá unha imaxe dun partido político como a que ofrece a día de hoxe o PP de Camariñas. Por un lado, un autodenominado Comité Local, catro nulidades soltas, que asume unha representación que non lle corresponde e que realmente non representa nada, ofrece ao público opinións particulares sobre calquer asunto que ninguén lle pedío, e o que é peor, a ninguén lle interesan, e que só busca abrirse un oco na sucesión presidencial local a maior gloria do seu hipopotámico líder. Por outro, un Presidente Local, enfangado dende hai un ano na defensa suicida dos seus intereses navieros e agora un zombie político, sen ningunha autoridade nin respeto que inspirar, que non pon orde no partido e deambula polos bares de Camariñas chorando polo Club Náutico perdido. Pero con todo o máis esperpéntico deste cuadro xa bastante cuaxado de por si de detalles surrealistas son as estrafalarias desventuras, as estrambóticas e rocambolescas peripecias do seu ex secretario local. Todo un experto arquitecto en perigo urbanístico que se permite contradecir e ningunear nin máis nin menos que ao Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, un señor de apelidos tan rimbombantes e cargados de altisonancias históricas como Agustín Hernández Fernández de Rojas.
Rexeitado de modo masivo pola práctica totalidade dos militantes do concello (baste lembrar a carta dirixida ao presidente local por máis dun centenar de populares porteños nas que lle esixían o seu cese fulminante e inmediato), calumniador diario do seu presidente local e de todos os seus concelleiros a través de autocomentarios falsos no estercoleiro cibernético por el dirixido, en especial aos representantes electos por Buría e a Ponte do Porto, exaltado boxeador de rounds puxilísticos na sede local, acusador falsario sen probas nin argumentos, especialmente alarmante está a ser a deriva emprendida recentemente. Bastou a sinxela aprobación polos seus superiores na Xunta de Galicia do PXOM de Camariñas, un Decreto ca firma do Conselleiro antedito, para que este novo fracaso histórico unido a súa posición desesperada actual no seo do PP local, dun illamento total e lamentable, prendese a mecha dunha rebelión aberta e descontrolada, un desacato de proporcións descomunais contra unha decisión superior supoñemos que meditada e xustificada, baseada nos informes dos máis doctos e expertos técnicos en materia urbanística dentro da nosa Comunidade Autónoma e que levaron a Agustín Hernández a estampar a súa firma nun documento intachable dende un punto de vista legal e urbanístico. Frente a elo, o Enxeñeiro de Canales, Puertos, Camiños, Silveiras e Esterqueiras da Carretera do Faro emprende unha serie de chamamentos abertos á rebelión activa contra o documento, recomenda dende a súa superior opinión xurídica e arquitectónica a vía do recurso contencioso-administrativo e mediante autocomentarios clama que o PP de Camariñas contrate de novo un equipo completo de avogados cos que, dende a sede local do partido, interpoñer unha batería de recursos xudiciais contra un documento aprobado polo Goberno da Xunta de Galicia de Núñez Feijoo. Deste xeito o que nos papeis aínda pasaría por ser o Secretario Xeral do PP de Camariñas por mor da cobardía e medo do presidente local (outra cousa é a realidade, onde as actas estarían a ser asinadas por Luis Lema) cuestiona dende un medio de comunicación disposicións adoptadas por superiores dentro do PP de moita maior formación e intelixencia ca dun pobre memo que non pasou de auxiliar administrativo e ignora a disciplina de partido botándose ao monte e chamando a un motín anárquico e furibundo contra a legalidade vixente. O esperpento supoñemos que continuará ofrecendo novos episodios gloriosos, aqueles provintes dun hipopótamo de peito palomo que apenas sabendo ler e escribir evacúa sesudos e elaborados informes técnicos sobre legalidades arquitectónicas e disposicións urbanísticas.
Pero si a posición do ex secretario é mala, non é mellor a do Presidente Local. Especialmente sintomática e escandalosa a imaxe que está a trasladar á opinión pública de inactividade, de parálise absoluta e falta de resposta frente aos desacatos, chulerías e ataques diarios perpetrados polo que foi a súa man dereita en todos e cada un dos desafueros cometidos na política camariñana durante os derradeiros dez anos. Notablemente desmellorado, prematuramente envellecido, parece a decir de xentes próximas ao mesmo como si toda a tensión acumulada ao longo do proceso de golpe de estado no Club Náutico de Camariñas, golpe de man finalizado cun desastre absoluto e humillante en tódolos frentes para os seus intereses e que incluío como guinda final a súa propia expulsión a perpetuidade na condición de socio do CNC, a segunda en 20 anos de historia, acabaran por afectar seriamente as súas facultades intelectivas e mentais. Acosado por unha avalancha de reveses empresariais, políticos, económicos, xudiciais e náuticos, estaríamos así en presencia de alguén xa "gagá", ido por momentos, un zombie politico incapaz de dar unha resposta mínimamente coherente, de articular unha argumentación remotamente lóxica e poñer cunha sinxela firma fin aos delirios de grandeza do seu ex secretario xeral e colocalo no seu lugar cunha expulsión pública fulminante. Frente a elo, opta por tentar gañar tempo contentando a uns e a outros con promesas vanas e así evitar por tódolos medios o que realmente máis teme: un fogo cruzado de denuncias de escándalos económicos, políticos e persoais co seu antigo comisario político que iluminaria o ceo de Camariñas cun replandor deslumbrante tan cegador como o dos fogos artificiais da Festa do Carmen. O seu último episodio: andar enfangado en asambleas ilegais polos bares para, da man dos seus moi reducidos nostálxicos palanganeros, tratar de desestabilizar o CNC. O que non logrou cando tiña a posesión física das instalacións okupadas inténtao agora dende fóra e unha vez perdida incluso a condición de socio. ¿Está esta persoaxe, na que priman os intereses privados sobre os públicos, en condicións de dirixir a agrupación local dun partido político?
Despois de ver Batman 3 "The Dark Knight Rises", un non pode deixar de ter a sensación de que durante estos últimos anos unha especie de sucedáneo da "Liga das Sombras" houbese estado planeando apoderarse de xeito definitivo do concello, que se estivese librando durante todo este tempo contra a sociedade libre unha guerra soterrada polo control de Camariñas, para despois, unha vez acadado o obxectivo, sumila nun caos bíblico, apocalíptico, de latrocinio, pufismo, okupación ilegal, gangsterismo, plaxio, folgazanería e prejeseirismo, matonismo, ilegalidade e roubo extremo. Un conglomerado noxento e nauseabundo de xentes vidas de fóra, refuxiados de fracasos persoais e profesionais perpetuos, que colocados en postos clave e ca axuda duns cantos axentes colaboracionistas internos, houbesen tentado a destrucción absoluta e completa de Camariñas e todo canto esta representa para o seu único e exclusivo beneficio persoal. Digamos unha especie de Rhas Al Goul de bigotiños enchoupados e un Bane, obeso e chorón, tan desquiciado como o seu homónimo cinematográfico, que só ante o seu enésimo fracaso electoral nas municipais de maio de 2011, e constatado que a súa derradeira oportunidade política se fora polo sumideiro da historia, viraron o punto de mira da súa maléfica secta cara un obxectivo en principio menor pero igualmente apetitoso e apetecible, unha nova base de operacións dende a que resurxir económica e políticamente no futuro: o Club Náutico de Camariñas.
E foi xusto agora, despois dun longo proceso de desastres eternos de cada un dos principais villanos desta secta fanatizada e radical, interesada únicamente nos seus intereses privativos, cando ao final da escapada, sen botín algún que repartirse, nin municipal nin naviero, acabaron por enfrontarse nunha guerra civil de imprevisibles e impredecibles consecuencias políticas. Ante os restos putrefactos, deslexitimados de por vida, desahuciados e pestilentes dos seus dous principais cráneos maléficos, dúas ruinas políticas, outras amenazas poderán vir no futuro, pero esta, a desencadeada dende un nefasto e aciago día de hai máis de dez anos pola así chamada "Liga das Sombras" parece definitivamente desactivada. Os cidadáns honrados de Vila e Concello de Camariñas podemos ficar tranquilos.

Comentarios
ohiiiillooo que ezte zeño lalalalltiene Bonansa,zevilla tuvo que ze oleee por los dolores de mi ma ezte ez maz zinverguen que un vaso agua en una bodega CISNE CUELLO NEGROOOOO toito lleno mi arma y no tene otro ni donde tiralo CISNE CUELLOOOO BBBBBLLAAAAAANC CCOOOO OOLEEEEE por la salu mi mare lalalala tiene bonannnsaaaaa y no tene donde tira el agua chiquillo OLEEEEEEE PA LENALOP DE VINOP OP IP IP OLEEE
no vuelva ocurrir y que gane el PP siempre que así lo digan los votos pero os imagináis si en la Xunta y en el Ayuntamiento gobernase el mismo partido,pues un linchamiento mas o menos por culpa del plan general,ya sabemos que siempre habrá gentes aprovechadas que quieren mas y mas igual que hay personas que te hablen mientras te necesitan y luego si te he visto no me acuerdo,algunos ya ni al teléfono responden, después de haberlos defendido a tope pero las personas se conocen mas por lo que dan que por lo que reciben,bueno me voy trabajar
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.