- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 10 Xaneiro 2013 10 Xaneiro 2013

As colaboracións entre o Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández e o Alcalde de Camariñas Pichurri datan xa de épocas tan antigas como as da construcción das EDAR da Ponte do Porto e Camelle, fitos históricos ambos glosados ampliamente no seu momento por Camarinas.eu. Outro exemplo de cooperación interadministrativa foi a aprobación recente do Plan Xeral de Ordenación Municipal no que Concello de Camariñas e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras acabaron por ir da man para ordenar xurídicamente dunha vez o urbanismo municipal, colaboración que foi obxecto da que puido ser sen dúbidas unha das exclusivas máis importantes da historia de Camarinas.eu. Unha aprobación que tantos ríos, embalses, charcas e lodazais de tinta fixo verter nalgún que outro estercoleiro cibernético habitual e que agora, tras un agudo recorte por parte dos seus superiores na Xunta de Galicia, provoca unha inquina, odio, frustración e oposición salvaxe e lacrimóxena entre a mui reducida chusma do sector archifanatizado e ultradereitista do PP camariñán.
Pois ben, a aprobación do do documento xurídico máis importante do noso municipalismo democrático segue a dar pasos e así este xoves 10 de xaneiro de 2012 o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba non unha nova listaxe de pufos de VIPROGA SA senón a Orde do 26 de decembro de 2012 sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Camariñas debidamente asinada por un Conselleiro de apellidos tan rimbombantes e cargados de altisonancias históricas como Agustín Hernández Fernández de Rojas. Agora tan só queda a publicación no Boletín Oficial da Provincia e o PXOM xa será plenamente operativo. Ante elo o grupo de goberno camariñán en breve retomará aquelas roldas de encontros cos veciños das distintas parroquias que caracterizaran os inicios da súa andaina gubernativa e que pasaran a un lamentable e rápido olvido e explicará en vivo e en directo todos e cada un dos recortes esixidos pola Consellería para a aprobación do PXOM. Así pois pouco a pouco a vida abrese camiño, e tras anos de oposicións destructoras, okupacións ilegais, sabotaxes políticas e intereses privados sobre os públicos, nestes días asistimos no medio dunha guerra civil de imprevisibles e incalculables consecuencias á derrota definitiva e ao humillamento histórico en tódolos frentes da así chamada Liga das Sombras.


Comentarios
WANDA WANDA WANDA WANDA WANDA WANDA
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.