- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 30 Decembro 2012 30 Decembro 2012
Xusto un día despois de que Camarinas.eu dera a exclusiva da confirmación da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ca chegada ás dependencias municipais do documento ratificatorio, a corporación camariñana convocaba unha rolda de prensa na Sala de Plenos para valorar o impacto do feito histórico acadado. Chegábase a esta comparecencia tras unha longa travesía finalmente saldada cun éxito arrollador, deses chamados a permanecer durante décadas no imaxinario colectivo e que marca un antes e un despois na regulamentación urbanística de Camariñas. A seguridade xurídica fai a súa entrada impactante con 40 anos de retraso e establece un punto de non retorno chamado a restañar paseniñamente os destrozos derivados do multitudinario e extendido "ti fai". Algo do que en definitiva todos fumos culpables: que tire a primeira pedra o que esté libre de pecado.
Comparecía un Pichurri exultante ante os medios, acompañado dos concelleiros que o acompañaron ao longo desta odisea homérica e iniciaba a súa alocución remontándose ás orixes do proceso que o levou a acadar o que sempre será lembrado como o seu principal logro político. O fito histórico máis importante do municipalismo democrático camariñán. Tampouco se olvidaba o alcalde de repartir agradecementos e sobre todo, de lembrar a vergonzosa, nociva e destructora liña seguida pola oposición municipal tan só atemperada nos últimos tempos, cando tal vez os desmanes sucesorios no seno do PP implosionaban nunha guerra civil de impredecibles consecuencias. Neste punto corroboraba Pichurri o que hai tempo está ao cabo da calle e é de público coñecemento: "unha oposición nefasta e prexudicial para os veciños, que só mira polos intereses particulares" (ahí está o Club Náutico, a rebeldía activa do ex-Secretario), afirmando asemesmo o que é obvio e evidente "Se tiveramos unha oposición responsable xa estaría aprobado dous anos antes". Triste e desconsolador comprobar, pola parte que nos toca, que si os escándalos sucesorios do PP camariñán desvelados por Camarinas.eu tiveran lugar hai dous anos, a legalidade urbanística estaría vixente no noso concello dende tal data.













Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.