- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 23 Decembro 2012 23 Decembro 2012
Os cambios parecen abrirse paso pouco a pouco no PP camariñán, Ante a insólita situación de rebeldía activa, de desacato ás ordes superiores, de ataque público aberto ás directrices do partido perpetrado polo seu antigo Secretario Xeral, a situación de división no seo desta formación política podería haber entrado nunha vía de solución que poñería fin a situación de colapso agónico que vive dende que Camarinas.eu destapaba nunha bomba informativa chamada a pervivir durante anos na axenda política camariñana o repudio case unánime dos militantes cara o seu secretario xeral. Segundo puido coñecer Camarinas.eu en exclusiva de fontes directas do PP en Camariñas o concelleiro pola Ponte do Porto e actual número 2 polo concello Luis Lema haberíase feito cargo da Secretaría da Agrupación Local en datas recentes.
Así, xa nas derradeiras reunións celebradas polos populares camariñáns Luis Lema estaría levantando as actas do alí acontecido e asinando co seu nome como novo Secretario Xeral, algo en principio non demasiado complicado dende un punto de vista técnico e que nembargantes tantos problemas causou ao anterior inquilino do cargo, respecto do cal dada a súa nula formación eran pública e notoriamente coñecidos os seus eternos desencontros ca gramática castellana e galega, o cal facía prácticamente de case imposible lectura (ao decir das testemuñas) os ilexibles escritos asinados polo susodito. Unha situación de renovación no PP camariñán que vivía outro importante episodio cando ao longo desta pasada semana todos os concelleiros se reunían nunha céntrica pizzería porteña co seu presidente Daniel Rego e lle facían saber o seu apoio total e inquebrantable. Unha reunión da que faltaba, illado de forma lamentable e patética, acorralado como unha fiera (máis ben un hipopótamo) salvaxe, o antigo secretario xeral, aquel que foi repudiado pola práctica totalidade dos afiliados no concello. Unha situación de soidade total á que habería que sumar as reunións esta mesma semana celebradas na Coruña polo Presidente da Agrupación con Carlos Negreira e dun histórico afiliado popular con Álvarez Campana nas que trasladarían pormenorizadamente as gravísimas actuacións do ex-secretario contra o partido para que se tomen a nivel provincial as pertinentes medidas disciplinarias ao respecto.
Novas etapas dentro da maior crise desatada no PP de Camariñas en décadas que polo bando de rebeldía e desacato público do seu exaltado ex Secretario Xeral vían como tras o insultante e despreciativo artigo publicado en exclusiva por Camarinas.eu no que se mofaba do seu Presidente a conta do (suposto) ascenso da alcaldesa ceense Zaira Rodríguez e despois dun período de repetidos comentarios asinados polo mesmo baixo nomes supostos nos que de forma lacrimóxena choraba polo presidente ido, polo amor non correspondido, polos bos tempos de viño e rosas perdidos, voltaba á carga contra o seu partido. Así, olvidada a lamentable farsa dos hackers, agora novamente baixo nomes supostos, amparado tras anónimos inexistentes, vislumbra conspiracións siniestras e contubernios malignos. A maiores dos serios e evidentes síntomas de disfunción mental que supoñe, esta situación de absurdo total, de esperpento surrealista, de disparate absoluto, de desvarío entolecido e demente, esixe polo propio respeto e bo nome do partido que nos goberna a tódolos niveis, que asumío por propia iniciativa a pesada carga de sacarnos da máis dura crisis que tivo que encarar España en 70 anos, un final rápido e contundente, unha conclusión expiditiva e quirúrxica. Todo o demáis será prolongar a agonía, sobre todo cando por Camariñas estes días navideños un tolo anda solto.

Comentarios
posdata- ahora vas a ter q traballar.por eso non querias dimitir.pos ahora nin dimisión nin otias.pa fora e a traballar chjocolat. jajajajaja
PIO PIO PIO PIO PIO PIO si somos todos os mais PIO PIO PIO PIO PIO
kikiriquiii non son nada kikir de nada ki ......k
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.