3.1875 1 1 1 1 1 Rating 3.19 (32 Votes)

O orzamento máis elevado da historia

Imaxe do pleno celebrado este venres 21 de decembro na Casa do Concello
Imaxe do pleno celebrado este venres 21 de decembro na Casa do Concello

O pleno do Concello de Camariñas aprobou na sesión extraordinaria celebrada este venres 21 de decembro o orzamento máis elevado da súa historia cos votos a favor dos 8 concelleiros do PSOE e co voto en contra dos 5 do PP. O orzamento que rexerá durante o 2008 queda establecido na cifra de 4.368.000 euros, o que supón unha subida respecto aos do ano 2007 de 565.000 euros. Para ler a noticia completa pulsa na foto ou en "Ler máis.."

O pleno de onte discorreu de forma semellante ao xeito en que se están a levar os plenos nesta recén comezada lexislatura: con xogo limpio, "fair play", onde cada un defende lexítimamente a súa opción pero todo cun bo tono e sen descalificacións persoais. Así o líder da oposición Daniel Rego traía os deberes feitos e cunha elaborada exposición defendeu o seu voto contrario ao orzamento, atacando especialmente o incremento na partida de salarios. Por outra parte, o Alcalde Pichurri defendeu os seus orzamentos sinalando que teñen un claro contido social con axudas á natalidade (cada nacemento recompensarase cunha axuda de 1200 euros), tamén estarán volcados co deporte cunha sustancial mellora do campo de fútbol de Camariñas, ademáis de suliñar que ditos orzamentos veñen marcados pola obligatoria incorporación do Concello de Camariñas a SOGAMA co custo económico que elo terá aparellado. En fin, sería de desexar que este bo tono e xogo limpo continúen en plenos posteriores...

 

Daniel Rego durante a exposición do voto contrario ao orzamento
Daniel Rego durante a exposición do voto contrario ao orzamento

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.