- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 16 Decembro 2012 16 Decembro 2012

O pasado 8 de decembro de 2012 o planeta do boxeo asistía alborozado ao combate que enfrentou na cidade de Las Vegas ao púxil mexicano Juan Manuel Márquez co filipino Manny Pacquiao, un deses enfrontamentos chamados a facer historia, a pervivir durante décadas no imaxinario colectivo dos aficcionados, resolto finalmente dun xeito sorpresivo e demoledor. E agora vimos de saber en Camarinas.eu que en datas recentes na sede local do PP en Camariñas estivo a piques de desencadearse un combate de parecidas características que tería, como non podía ser menos, como triste e lamentable protagonista a todo un peso pesado (kilográmico) dos escándalos da Costa da Morte: o polémico e defenestrado secretario xeral do partido no concello.
A situación actual de ruina interna, de descomposición absoluta, de implosión definitiva e crepuscular que vive o PP de Camariñas viviría deste xeito nas mencionadas datas un salto cualitativo de tal calibre, dunha envergadura ata o de agora descoñecida no mundo da política camariñana, que sitúa ao partido ao borde do enfrontamento armado: unha guerra civil de difíciles e imprevisibles consecuencias. En efecto, a situación actual de desencontro público e notorio, cun segredario en situación de rebeldía activa, ao marxe da liña política marcada pola Agrupación Local e fóra de toda disciplina de partido tivo un inquietante e indicativo prolegómeno do que estaba por vir. Ata dúas fontes presenciais distintas confirmaron a Camarinas.eu que dous meses atrás, nunha tensa e violenta reunión celebrada na sede do partido na Avenida da Coruña, como consecuencia dos insultos, graves descalificacións e ataques propinados de forma sorpresiva e inxustificada polo secretario do partido contra o concelleiro da formación pola Ponte do Porto, supostamente comenzou unha escalada verbal entre os mesmos que derivou nun forte enfrontamento persoal que gracias a intervención dos concelleiros presentes evitou que ambos chegaran literalmente ás mans.

Segundo as citadas testemuñas, un secretario sumamente nervioso, por momentos desesperado, angustiado pola situación de soidade e de falta de apoios absoluta que vive entre os afiliados populares, comenzaría de improviso unha batería de fortísimas e graves acusacións contra o xoven concelleiro porteño ante a sopresa primeiro e o desagrado despois dos presentes: acusaríao de "traidor" e ata de "espía", de pasar en persoa informacións internas ao alcalde de Camariñas e de descubrir a liña de acuación do grupo popular no concello. Unhas acusacións infundadas e sen a menor base probatoria (non foi quen de ofrecer unha soa proba sólida a decir dos presentes) que foron subindo o tono do enfrontamente ata que case chegados ás mans, os concelleiros se interpuxeron e evitaron o que sería o prolegómeno do combate que non moito depois habería de enfrontar no Deserto de Nevada a Juan Manuel Márquez e Manny Pacquiao. Unha situación de desencontro e enfrontamento que se non é pola intervención dos presentes sacaría os puños a relucir no maior escándalo de división interna dunha formación política que se lembre na Costa da Morte.
Elo, decíamos, como prolegómeno dos gravísimos sucesos que estaban por chegar e que saíron brutalmente á luz cando nas primeiras horas da mañán do luns 10 de decembro de 2012 Camarinas.eu publicaba a bomba informativa que acabaría por desencadear os acontementos. Nunha noticia titulada "Clamor Popular contra o Secretario Xeral", esta redacción daba conta noutra das súas clásicas exclusivas da petición asinada pola práctica totalidade dos afliados populares porteños pola que en data tan antiga como xaneiro do presente ano esixían o cese fulminante e inmediato do seu secretario xeral. Desta maneira, facíase evidente para o gran público a situación de rexeitamento absoluto, de noxo indisimulable, de aborrecemento completo e radical da masa popular contra os comportamentos, actitudes e aptitudes da persoa que durante os derradeiros anos se encargou da secretaría da súa formación en Camariñas. Nunha situación de illamento total, de soidade extrema, acorralado e hostilizado polos seus propios compañeiros, o instinto de supervivencia política, de exclusivo egoísmo persoal, antepúxose aos intereses colectivos e emprendío unha entolecida e esquizofrénica fuxida cara adiante, cara a ningún sitio, cara a tumba política final.
Así, paranoico pola orixe dunha filtración que todo apuntaba a que partira do seu propio partido, dos seus propios compañeiros, pouco a pouco esta idea foi facéndose forte na súa atribulada e desquiciada mente e así través de contradictorios e rudimentarios anuncios foi empezando a atacar a todo o resto do partido, en especial á vila da Ponte do Porto. Xa antes, fixera un dos ridículos máis espantosos que se lembren ca emisión dunha patética e vergonzosa nota de prensa na que se apartaba en público das opinións do seu Presidente a conta da letal factoría tubular ceense. Posteriormente cando chegaba o cambio de actitude do PP de Camariñas respecto á aprobación provisional do PXOM no Pleno do histórico 12/12/2012, ante o asombro do mundo político e xornalístico da Costa da Morte, o medio dirixido polo Secretario Xeral apartábase da disciplina de partido, e como un outlaw do antigo oeste criticaba en público ferozmente a liña política seguida polos seus compañeiros. Acabada a época da división, do enfrontamento, da destrucción e do puro odio entre veciños, o secretaio quedaba sen argumentos políticos, quedaba sen saber que facer. A esto seguiron ameazas máis ou menos veladas de destapar trapos sucios do Presidente de Agrupación e, nunha actuación que leva moi seriamente a dubidar do seu estado mental actual e dun posible trauma infantil como orixe do mesmo, os habituais autocomentarios nos que o autodenominado director se halagaba a si mesmo en terceira persoa multiplicáronse ata a extenuación, no espectáculo máis patético e lamentable de desesperación dun ser humano que se puido ver en anos no mundillo cibernético da zona. E así no que por chamalo dalgún modo viría a ser algo que remotamente poderíamos denominar un editorial, este sábado, dacordo ca característica liña de cobardía e de non dar a cara que sempre caracterizou á mencionada web, baixo a denominación "outros" pasaba a atacar ao Presidente de Agrupación Daniel Rego González e a desvelar en público algunhas conversas privadas sostidas co mesmo, ao tempo que o culpaba directamente da derrota nas derradeiras eleccións municipais.
Con todo, o máis patético, o máis desvergonzado, aínda estaba por chegar. Nas primeiras horas da mañán deste chuvioso domingo 16 de decembro e dentro da actual e sorprendente obsesión dos populares camariñáns con todo o que teña que ver co Concello de Cee un anuncio prometía un paso máis na escalada de enfrontamento, rebeldía e desacato contra a disciplina de partido: "Mentras Zaira Rodríguez non deixa de ''ascender'' no plano político, ''outros'' non deixan de ''descender'' hacia os abismos da política ..Hoxe". Horas máis tarde, fruto da combinación entre un desquiciamento mental absoluto, unha incapacidade supina e unha estupidez raiana na idiocia mental unha noticia cun título relativo ao tan cansino tema do Tanatorio Municipal por uns intres, uns fatales minutos de descontrol e incompetencia expostos á luz pública, amosaba no seu interior un texto completamente distinto. Co lamentable estilo narrativo habitual, cheo de reiteracións, tan fácilmente detectable e recoñecible, un auténtico tormento intelectual, desenrolaba aquelo que prometera de boa mañán: novamente baixo o epígrafe de "outros" voltaba á carga contra as sorprendentes e impetuosas (e interesadas) opinións verquidas por Daniel Rego acerca das Tubular Bells ceenses, un tema que seguramente obsesiona a todos e cada un dos veciños do noso concello e por ende da Costa da Morte e quen sabe si incluso dos da Brava tamén. Nembargantes, en ese fatídico e letal ínterin no que a noticia estivo publicada algo debeu pasar que descompuxo a prácida e supoñemos que cuantiosa dixestión do noso querido segredario e o levaba a culpar a un complot siniestro, unha conxura maligna, como responsable da citada publicación: eses malvados hackers que xa se sabe sempre resultan ser os culpables dos desbaraxustes que acontecen na súa páxina cando a súa situación anímica, persoal ou política non pasa por un bo momento. Esta situación de intervención hackerística xa dende hora tan temprana como as 9:00, ou sexa, que tivo o seu director a web varias horas fóra de control ¡¡e sin darse conta!!.
Todo parece indicar que habituado dende antigo a un copia e pega, desta volta pegaríase o que non se debía no sitio equivocado e despois de recibir un serio toque de atención extramuros que o faría descompoñerse literalmente polos pantalóns, perdida toda vergonza, decencia e honorabilidade continuou ca súa eterna fuxida cara adiante, dando marcha atrás e culpando a uns supostos "hackers" da súa propia incompetencia e cobardía. Saiba o director que neste escabroso asunto do hacker recibe toda a solidaridade e apoio de Camarinas.eu, xa que no caso de que tales actuacións teñan lugar neste mundo cibernético noso aquí atopará o seu máis firme enemigo, e por elo o animamos a denunciar en sede policial este atropelo cibernético de que foi obxecto para que se saiba e se faga público quen estivo detrás deste ultraxe inaceptable. Eso sí, tan só rogamos que as conclusións da correspondente investigación se fagan públicas e poidamos saber dende que IP (na Carretera do Faro, no Río do Prado, por poñer só dous exemplos) se subío o citado texto ao administrador da web, tan curiosamente parecido a todo o que vimos lendo na mesma dun tempo a esta parte, tan favorable ás teses do seu director, tan combativo con todos os concelleiros do partido. Xa postos estes malvados hackers a intoxicar e perxudicar ¿por que non publicaron un artigo incendiario e por unha vez ben escrito? ¿Por que non positivar unha salvaxada de tal calibre que supuxera a tumba política definitiva do secretario? En todo caso e para que os lectores camariñáns poidan xulgar por si mesmos e comprobar a información que o citado director non ten a ben publicar, poñemos aquí a súa disposición a carcaxeante sucesión de disparates que este domingo 16 de decembro de 2012 acontecía nunha páxina camariñana. Cando un está desesperado, e se perdío hai tempo toda vergonza, dignidade, e incluso o orgullo persoal, pero sobre todo a decencia, perpétrase un esperpento deste calibre. ¿Ata cando os espectáculos lamentables de toda esta patulea desvergonzada seguirá manchando o nome de Camariñas por ahí adiante?
E así, despois do descubrimento do plaxio xornalístico máis escandaloso da historia da Costa da Morte, aquí en Camarinas.eu pensábamos que un ridículo máis espantoso era xa imposible de superar. Pero aínda estaban por chegar días de gloria: episodios como o da nota de prensa do "Comité Local do PP", publicada no estercoleiro cibernético habitual e en La Voz de Galicia, co seu fluxo e refluxo; o noxo e aborrecemento xeralizado de toda unha parroquia contra alguén do seu partido, que en vez de, por pura dignidade persoal, irse decide aguantar nun lamentable espectáculo que máis ben leva apiadarse do seu protagonista; os constantes (e tan humillantes para quen os escribe) autocomentarios daquel que falto de cariño decide halagarse e promocionarse a si mesmo; pero despois de todo o anteriormente dito, este domingo voltouse ver un salto cualitativo difícil de superar na sucesión de ridículos permanentes e bochornosos. Un salto cualitativo tan difícil de superar como aquel que levou a dous dirixentes populares en Camariñas a acabar case zanxando a golpes na sede do seu propio partido a frustración definitiva das atribuladas e desmesuradas ambicións sucesorias dun pobre secretario xeral.




Comentarios
HOMESINOVOS
PERO VAMOS A VER;¿QUE CLASE DE PARTIDO POLÍTICO É ESTE PP DE CAMARIÑAS DONDE SE INSULTANSE UNS A OUTRROS E O SECRETARIO MÉTESE CONTRA OS CONCELLALES E O PRESIDENTE NON DI NADA? SI NO LO VEO NO LO CREO DE VERDAD
EL SABIO PUEDE SENTARSE EN UN HORMIGUERO,PERO SOLO EL NECIO QUEDA SENTADO EN EL
SINO QUIERES QUE SE SEPA NO LO HAGAS
Ahora ya solo le falta pedir perdón por los errores cometidos, por haber llevado por el camino equivocado todos estos meses a sus lectores y por haber puesto en marcha él mismo el proceso de golpe de estado en el Club Náutico.
Respecto al presidente, pues que podemos decir si no que es una pobre piltrafa humana, un patético detrito político, incapaz, sin fuerza ya, para expulsar al ser más idiota, odioso y odiado de todo el ayuntamiento?
¡¡¡ALTA TRAICIÓN DISQUE¡¡¡,JAJA PERO ESTE HOME QUEN SE CREE QUE É MIMAAA.DEBE DE PENSAR QUE EL E O REY DE ESPAÑA.E TODO POR CULPA DO PRESIDENTE E TAMÉN DOS CONCEJALES QUE LLE TIÑAN QUE ESIJIR O SEU CESE O PRESIDENTE.NON VALEDES PA NADA NIN UNS NIN OUTROS.MIRADE QUE VERGONZA DADES TODOS OS DIRECTIVOS DO PP QUE NIN OS DO PSOE DIN NADA XA POR NON QUEDAR O MISMO NIVEL QUE VOS.
1-¿e ou non e verdad que lle deron a danielito un papel con firmas dunha chea de afiliados?¿si eso e berdad, non deberias dimitir?
2-¿eso dos hackers e ou non unha trampada tua? porque eu beso que sa te olbidastes deste asunto e non presentastes denunsia ningunha,polo menos non o dis na tua pagina
3-¿chamasteslle na cara traidor a luis o da ponte ou non?¿si tes pruebas de que era un espia porque non as fas publicas?
4-¿casi andades a ostias ou non?
5-¿si sabes e tes pruebas de que o teu presidente fixo unha pila de ilejalidades e roubos,non cres que o teu deber e faselos publicos?
olbeira, momiño non bes lojo que a unica forma que tes de salir desta e contestando a estas prejuntas e levando ao teu gefe por diante
O QUE HAY QUE VER
SI SEÑOR O QUE HAY QUE VER
SI SEÑOR O QUE HAY QUE VER
CON ESTE COMENTARIO TUYO YA TIENES PARA ESCRIBIRTE CUATRO MENSAJES MAS A TI SOY EL MAS GUAPO ESPEJITO MA...... SOY EL MAS LISTO
TU SIGUE CON LOS CONCEJALES LOS CONCEJALES SON LOS ELEGIDOS
TU NO ERES Y NO SERAS NADA YA NO ERES NADA OLVEIRA
LAS COSAS EN PALACIO VAN DESPACIO PERO LO TUYO YA ESTA
GANDHI
Cuando, tras tantos periplos penosos por México o Martle Beach volvió a las Ligas Mayores, Kenny Powers escribió un libro de redención y victoria: "I'm Fucking Back" (Estoy de vuelta, joder). Una vez más, tercera en menos de un mes, Camarinas.eu ha vuelto a joder vivo al hipopótamo fantasma y llorón. ¡¡Strike tres!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.