- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 12 Decembro 2012 12 Decembro 2012

Aínda que os malpensados poidan sospeitar que o horario establecido para o arranque do Pleno, as 10:00 horas, tiña por obxecto evitar excesos cometidos no pasado (o tan famoso Pleno Chiquitero do 28/03/2012), en realidade o intempestivo da hora viña marcado pola viaxe que unha vez rematado o Pleno acometería Pichurri cara Santiago de Compostela, onde ás 13:00 o Alcalde camariñán tiña previsto reunirse con Encarnación Rivas, Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e facerlle entrega do documento aprobado pola representación popular de todo un concello. Segundo o acordado, éste xa na mañán do xoves 13 de decembro estaría enriba da mesa da funcionaria técnica encargada de supervisalo e unha vez comprobada a realización de todas as correccións ordeadas daríaselle o visto bo autonómico para que posteriormente fose aprobado finalmente de forma definitiva polo Pleno do Concello na que está chamada a ser a reunión plenaria máis importante da historia do municipalismo camariñán.
Pleno, á vista de edicións precedentes, inusualmente tranquilo e no que voltou a estar ausente o que ata de agora era un clásico dos plenos, aquel que foi linchado pola súa propia militancia de forma escandalosa e que se tivo que enterar da convocatoria do citado pleno a través da páxina do PSOE. Unha vez finiquitada a nivel interno da súa formación a fiera rabiosa, nada obstou a que o PP se abstuvese na votación e que, desta volta, seguramente non envíe a ninguén á Consellería do ramo a sabotear un proxecto vital de necesidade para o desenrolo de todo un concello. Unha nova postura dos populares que deixa en moi mal lugar á pequena víbora hinchada da Carretera do Faro e o retrata como o principal culpable de tantos anos de sabotaxe, odio, división e confrontación entre veciños. Pleno ademáis que aparte de servir para comprobar como expresións acuñadas por Camarinas.eu no seu día fan sorte na sociedade (así cando o máximo dirixente popular se refería ao anterior alcalde como "o do Ti Fai") tivo, como non podía ser menos, algún que outro pequeno rifirafe cómico. Por exemplo cando Daniel Rego pasaba a vista atrás e poñía a culpa do retraso na aprobación do PXOM non á oposición salvaxe e radical do seu partido durante estas últimas dúas lexislaturas senón ao mencionado alcalde do "Ti Fai" e ao Partido Socialista por 30 anos de desgoberno urbanístico. A esto o Alcalde contestou que non foi só o PSOE nesa época o culpable se non que nas comisións urbanísticas onde se daban licencias e se revisaban as obras tamén había un representante do PP. Cando Daniel Rego respostou que él eso non o sabía o alcalde espetoulle que "eu sí, porque eu vivía aquí". Finalmente, remataba o Pleno cunhas solemnes palabras de Pichurri que ninguén foi quen de rebatir: "O de Camariñas será o único PXOM da provincia, incluindo o da propia cidade de A Coruña, que se adaptará a todas as leis vixentes a día de hoxe".
Despois de plenos tumultuosos (e chiquiteros, tamén), reunións infructuosas a ducias en consellerías santiaguesas, POLS, PXOMS, PEPRIS e outras aberracións linguisticas parecidas protagonistas por uns días do imaxinario colectivo, sabotaxes políticas, oposicións vandálicas, todo parece indicar que a loita sobrehumana dun home, a vontade férrea dun político, o gran sono de Manuel Valeriano Alonso de León, está a piques, a tan só uns escasos centimetros de cartografía urbanística, de cumprirse definitivamente.
Comentarios
.......11/12/2012......EL DIARIO CAMARIÑAN...... ............... .......
tu diras DANIEL,se esta metiendo con los concejales
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.