- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 10 Decembro 2012 10 Decembro 2012
A situación de ruptura interna, de descomposición absoluta, de sálvese quien pueda, de ridículos espantosos e sucesivos dos seus integrantes na prensa autonómica, que asola ao PP de Camariñas non é de agora. Nin siquera comenzaría ca sucesión de batacazos derivados do proceso de asalto ao Club Náutico de Camariñas emprendido a principios deste ano polo Presidente da Agrupación Local ca axuda discontinua, en función do apoio aos seus intereses sucesorios, do director da web oficiosa do partido. Camarinas.eu ten no seu poder un documento que probaría ben ás claras que a oposición e o rexeite xeralizado nas filas populares contra o seu secretario xeral virían xa dende data tan lonxana como xaneiro de 2012.
Trataríase dun escrito asinado por un importante número de militantes da Ponte do Porto, cáseque a totalidade dos mesmos, titulado "AFILIADOS DEL PP EN PONTE DO PORTO PIDEN CAMBIOS EN LA SECRETARÍA LOCAL" e dirixido ao Presidente da Agrupación camariñana na que estos esixen de forma clara e contundente o cese fulminante no seu posto do Secretario Xeral xa que "no estamos satisfechos con alguna de las actuaciones del secretario general de nuestro partido". A elo engadirían os asinantes outro tipo de razóns de carácter máis ou menos territorial para encubrir o noxo e repudio insuperable inspirados por unha persoaxe nefasta para eles en tódolos sentidos ("La secretaría debe tener como titular a un afiliado de otra parroquia, en las que hay una amplia base para sustituir al actual secretario"). Seguiría unha amplia nómina de firmas que a nosa fonte prefere manter no anonimato para evitar seguras represalias. Un documento que unha vez recibido polo presidente da Agrupación Local durmío o sono dos xustos pechado baixo sete chaves nun caixón ata o momento presente no que Camarinas.eu procede á súa publicación e que deixa a tosca, rudimentaria e mal disimulada campaña de postulación persoal para a presidencia do PP camariñán do Secretario Xeral moi mal parada e ao borde do abismo máis absoluto e que mostra de forma indudable a brutal ausencia de apoios entre as filas do seu propio partido para aspirar a tal sucesión. Un rexeite sen fisuras, incontestable e radical da práctica totalidade dos afiliados porteños que, coñecendo as aptitudes e actitudes do concernido, non hai ningunha razón para sospeitar que non exista igual de unánime nas restantes tres parroquias do Concello.
Debe terse en conta que este aborrecimento colectivo entre as filas populares cara o seu secretario xeral tería xa lugar con anterioridade aos gravísimos e deleznables sucesos que, segundo distintas fontes ás que tivo acceso Camarinas.eu, haberían tido lugar recentemente nunha reunión celebrada na sede do partido en Camariñas. Alí, en presencia dun presidente local que non abrío a boca e dos seis concelleiros da agrupación, un nervioso e desesperado Secretario Xeral vertía unhas gravísimas acusacións contra o actual concelleiro popular pola Ponte do Porto e número dous da lista do seu partido nas derradeiras eleccións municipais. Acusaríao sen a menor base probatoria, sen aportar nin un só indicio relevante e contrastable, de estar pasando información de forma directa ao mesmísimo Alcalde camariñán Pichurri, de sabotear traidora e arteramente o proxecto popular no Concello. Unhas acusacións que segundo as fontes socialistas consultadas constitúen un delirio esquizofrénico máis, a enésima manipulación interesada, dunha persoaxe que nunca destacou precisamente polo rigor, a veracidade e (incluso) a autoría propia das noticias publicadas no medio por el dirixido. A única explicación plausible que algúns dos presentes dan para semellante comportamento sería o dun serio desquiciamento, a dunha frustración impotente, o dunha desesperación suicida, de quen constata que chegado o momento clave quedaba finalmente fóra do xogo sucesorio e que todas aquelas promesas estivais realizadas polo seu presidente a conta de apoio mediático no espinoso asunto do golpe de estado no CNC, como era de preveer cunha intelixencia tan só lixeiramente por enriba da idiocia mental máis absoluta, acabounas de levar o vento.
Especialmente sintomático en canto suporía de confirmación definitiva dun carácter descarado e desvergonzado, de superviviente, de quen sen outras alternativas na vida, fía toda a súa sorte á permanencia no mundo da política cos seus chantaxes, ventas de favor, clientelismos e pequenos xogos de poder, é o feito de que unha persoa refrendada polo mandato das urnas, un concelleiro elexido por unha parroquia como o seu representante, alguén que pasou con éxito o esixente refrendo democrático teña que encarar os insultos e as acusacións gratuitas, cobardes e interesadas de quen non pasaría o escrutinio das urnas nin nunha comunidade de veciños. Unha actuación ésta, a de atacar a todo aquel militante, sexa concelleiro ou non, que ameace dalgunha forma as súas desmesuradas e fanáticas ambicións sucesorias, que xa tivo un triste prolegómeno nos insultos e ataques salvaxes infrinxidos dende o medio por el dirixido contra a concelleira do seu partido por Buría, baixo un suposto desencontro a conta do fatigoso e xa cansino tema do Tanatorio Municipal. Un liña de actuación que o leva a ser a única persoa que se saiba en toda esta Costa da Morte dos nosos pecados que ten o raro privilexio de aunar na súa persoa o desprecio, desdén, rexeite e aborrecimento xeralizado, sen resquicio algún, de militantes socialistas e populares, esto é, da práctica totalidade do padrón municipal.
Un proceso de desquiciamento e impotencia lacrimóxena que tiña esta mesma semana un dos seus episodios máis esperpénticos e que leva a dubidar moi seriamente da capacidade sobrehumana de acumulación inconmensurable de ridículos espantosos sucesivos e masivos dalgunhas pobres xentes. Seguramente co ollo posto en capas superiores, pregando encarecidamente que alguén de arriba dera co mesmo durante o desaiuno, o mencionado secretario e tres firmas máis (os seus únicos e reales apoios, triste patrimonio político, o de tres sombras en busca dun ídolo de barro ao que adorar) asinaban unha nota de prensa en apoio á agrupación local de Cee (¿?). Nun estilo narrativo digamos que prehistórico, a intención auténtica do mesmo era desmarcarse das opinións asemesmo interesadas (ay, ese sueldiño de diputado provincial, ¡xa íamos ter con que comer!) do Presidente da Agrupación Local vertidas en tan espinoso asunto como a dichosa factoría tubular ceense e era reproducido sopresivamente pola edición de Carballo de La Voz de Galicia. Probas gráficas irrefutables, copias auténticas de documentos asinados polo propio puño e letra, ca firma ao pe de texto, son rexeitados de forma temblorosa baixo excusas máis ou menos risibles e cobardes ("non von deixar publicar noticias contra alguén que o día de mañán pode ser Deputado Provincial"), nembargantes basta que tres ou catro pelagatos sin a máis mínima formación nin relevancia, catro naderías no seo dun partido político, tan só se autodenominen a si mesmos "Membros do Comité Local" para que unha delirante, ridícula e patética nota de prensa sexa publicada na edición de Carballo de La Voz de Galicia. Despois, habituados por propia deformación profesional a perpetrar ridículos espantosos de todo tipo levan estes asinantes a que todos aqueles que colaboren nas súas fechorías habituais acaben por facer ridículos semellantes e así ao día seguinte La Voz víase obrigada a desdecir o que dixera xusto o día anterior. Quen se acosta con nenos...
Nada máis indicativo do sistema de partidos que nos tocou vivir, de estructuras pechadas e xerarquizadas, baseadas nunha ausencia total de democracia no seu funcionamento interno, que mediocridades semellantes, nulidades dunha incapacidade e incompetencia de tal calibre, tan dañinas á vista, ao oído e aos sentidos pero sobre todo á intelixencia, alguén responsable directo e principal xunto ao seu xefe naviero de tres derrotas municipais consecutivas, aqueles que non foron quen de revertir a situación nin nos peores días do socialismo en 100 anos, chegara a estar tanto tempo causando dano nun posto utilizado para proveito persoal. Esto sería o que virían a recoñecer os militantes porteños ao asinar un documento que xa levaba un tempo no seo desta redacción buscando a saída no momento apropiado. Esta foi agora, cando aquelo que Camarinas.eu anticipaba un 10 de agosto se fixo xa imparable e evidente para a opinión pública, cando aquela xauría desquiciada que anda enfangada en tratar de despedazar os restos aínda insepultos daquel que fora o seu líder da que falábamos devórase agora sen recato nen disimulo algún á vista de todos. Pero sobre todo cando o máis inútil e incapaz de todos eles, como unha solitaria fiera rabiosa pega zarpazos desesperados ao ver que a súa única e última oportunidade de superviviencia política vaise inexorable polo retrete de forma definitiva.
Fin Primeira Parte
Continuará...


Comentarios
aaaaaaahhhh,estoy perdiendo el conocimiento,es una mente muy fuerte,pero no es quien decís,es otro
el presidente goza de boa saudea nivel concejales,el secretarioesta moi afectadodunha mala doenza politica,no encontrase moi ben mentalmente por iso danselle unhas longas vacacions
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.