- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 02 Decembro 2012 02 Decembro 2012
Na tarde deste venres derradeiro do mes de novembro tivo Camarinas.eu a fortuna de captar en vivo un documento gráfico de valor excepcional. O Alcalde de Camariñas Pichurri, o responsable da empresa constructora e o representante da firma encargada da redacción do proxecto así como da dirección da obra reuníanse no Muiño do Vento, no que antes era un muladar cheo de silvas, toxos e malas herbas, para comprobar o estado das obras do futuro Tanatorio Municipal. Alí, baixo un impresionante cartel verdibranco que publicitaba a inversión millonaria ca que a Excelentísima Deputación Provincial da Coruña financia a obra, puídose constatar a velocidade de cruceiro duns traballos que en non moito tempo poñerán punto final definitivo ao sinsentido e grave agravio comparativo que supón que os camariñáns non poidan desfrutar dos seus derradeiros intres sobre a terra na súa vila natal.
Facían o seguemento planos en man nun ambiente calmo e tranquilo, baixo o resplandor das chuvias recentes, e claro entón o redactor constatou que en verdade a única tensión indescriptible vivida no lugar da que falaba un recoñecido vividor e plaxiador profesional viñera do feito, coñecida a súa natural aversión ao traballo, de contemplar afanándose como panteras aos operarios da empresa constructora Lires Cons SL. Ou vaian vostedes a saber se a tensión e angustia insuperables experimentadas por este hipersupramegacurricular auxiliar administrativo de peito palomo derivaba do feito de que se imaxinou a si mesmo nun futuro non moi lonxano doblando duramente o lombo como eses homes feitos e dereitos e gañando por vez primeira en toda unha vida o xornal honradamente. Esa visión apocalíptica tería lugar en calqueira dos momentos nos que o célebre Maxistrado do Río do Prado ("un home con máis cara que bucho", ao decir dun dos nosos comentaristas, e eso xa é muito decir) tratou de paralizar as obras por tódolos medios dispoñibles co éxito fácilmente predecible para calqueira das súas fechorías habituais.
Con todo, testaferros fúnebres e gigolós político-okupas á marxe, a triste realidade de que os velatorios camariñáns acontezan en terras estranas parece ter felizmente os días contados. Superadas hai tempo as trabas burocráticas os traballos de construcción marchan a bo ritmo e a fisonomía do esqueleto estructural do edificio xa é claramente visible. Aínda así, os apoloxistas da destrucción, aqueles que contan ao seu favor con todo o tempo do mundo, os que conspiran mentras os demáis traballan, coñecido o seu respeto á legalidade e aos procesos democráticos ahí seguirán dando a paliza e engadindo novos e espantosos ridículos aos seus tan voluminosos currículos. Eso sí, que teña cuidado o Alcalde unha vez construido o Tanatorio: éste é capaz de okuparllo ilegalmente. Ou de plaxiarlle os planos e presentarse en sociedade como o máis grande arquitecto que viron os séculos.



























Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.