3.2619047619048 1 1 1 1 1 Rating 3.26 (42 Votes)

O noso Encaixe visita o Parlamento Galego

Na entrada do Parlamento de Galicia
Na entrada do Parlamento de Galicia

Este luns 17 de decembro unha delegación do Concello de Camariñas formada polo Alcalde Pichurri e o Concelleiro Delegado da Mostra do Encaixe o xaviñán Sergio Caamaño acudío ao Pazo do Horreo, sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela, para asistir á inauguración dunha exposición de Encaixe de Camariñas que terá lugar durante o 17, 18 e 19 deste frío e ártico mes de decembro.

Alí, nas portas do Pazo do Hórreo estabaos esperando a Deputada Autonómica Marisol Soneira, a cal non quixo perderse tal acontecemento. Dentro xa estaban as tres experimentadas palilleiras que forman parte das delegacións dos concellos con representación nesta exposición: Vimianzo, Muxía e Camariñas. Así, representando ao noso concello estaba a coñecida palilleira camariñana Ruja, muller do xa retirado Manolo de Sujas, a cal nos dou unha minuciosa explicación de todo o arte e beleza saídos das mans femeninas de Camariñas alí exposto. Polo tanto, todos aqueles que desexen acercarse e coñecer un pouco máis da artesanía que fixo mundialmente coñecido o nome do noso pobo, teñen tres días para facelo, sendo a entrada gratuita. A elo hai que engadir como xa dera en exclusiva camarinas.eu fai un mes, que os agasallos de nadal do Parlamento de Galicia aos demáis parlamentos autonómicos e ao Congreso e Senado, depositarios da Soberanía Nacional do Pobo Español, faranse co mellor regalo posible: Encaixe de Camariñas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.