- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 21 Outubro 2012 21 Outubro 2012
Mentras o PP arrasaba no resto de Galicia, no Concello de Camariñas sufrío un espectacular retroceso. Se tomamos en consideración as derradeiras eleccións realmente comparables, as Xerais de novembro de 2011, hai menos de un ano, as aventuras navales dos seus dous principais representantes no noso Concello costaron ao seu partido unha pérdida de 531 votos en tan só 11 meses. De gañar por 704 votos de diferencia a facelo por 320, contradecindo deste xeito a tendencia xeral do resto da Comunidade Autónoma na que os populares aumentaron a súa maioría ata distancias siderales. Mentras no resto subían sen descanso, con porcentaxes de voto nalgúns concellos escandalosas do 70% e 80%, aquí experimentaban unha importante caída: do 55% ao 47%. Ata oito puntos perdidos na oleaxe provocada polo maior escándalo da historia da Costa da Morte. De 2.074 votos nas Xerais a 1.545 nestas Autonómicas. Un descenso considerable que os dous cráneos navieros da agrupación local pretenderán enmascarar vendendo este resultado o como o maior dos éxitos da historia da democracia.
Polo demáis unhas eleccións autonómicas nas que se constata unha vez máis o tantas veces indicado por Camarinas.eu: cando son outros os candidatos (Rajoy, Feijoó, quen fora que se presentara aos derradeiros comicios europeos) o PP gaña sen maiores problemas as eleccións en Camariñas, quedando salientada deste xeito dramático a incapacidade e incompetencia histórica dos candidatos locais para gañar unhas municipais: ¿cantos anos perdidos para o PP por non presentar á Alcaldía un candidato en condicións, dunha honradez e decencia mínimamente normal? Unha persoaxe ésta siniestra que polo demáis estivo misteriosa e sorpresivamente desaparecida durante toda unha xornada na que ninguén foi quen de verlle asomar os fuciños por calqueira dos colexios electorais. Elo nunhas eelccións, nas que o candidato autonómico, gañador único e auténtico dos comicios, sitúase tras estas eleccións gañadas por abrumadora maioría como principal aspirante a suceder un día non moi lonxano a Rajoy como Secretario Xeral do seu partido a nivel nacional.
Asemesmo, uns comicios que serviron para constatar o proceso de descalabro radical e completo, sin fondo, no que vive inmerso o PSOE, a nivel rexional e a nivel nacional. En Camariñas a sangría contívose e así respecto ás Xerais de 2011 os socialistas perderon 147 votos. Cobran agora actualidade os tristes augurios realizados no seu día por un redactor que o presente subscribe, terno verán de piscinas e azoteas de 2004 na Agra de Abaixo, cando predixera o que fatalmente se cumprío: que José Luis Rodríguez Zapatero acabaría levando á ruina a España e ao seu propio partido. Negro futuro o duns socialistas para os que Rubalcaba tralos dous fracasos estrepitosos en Galicia e no País Vasco fica xa completamente amortizado, sen substituto de garantías á vista (os que deberían selo, xente válida e competente como os ex-ministros Jordi Sevilla ou o canario Juan Fernando López Aguilar, o propio Zapatero xa se encargou de defenestralos) e sin un ideario ideolóxico claro (así, memeces como as do federalismo). Poucas veces un líder político pasará á historia por ser tan nefasto para o seu país e para o seu partido e todo volve a remitir ao sistema de partidos imperante, onde os líderes son elexidos mediante un dedazo providencial: cómpre establecer unha serie de mecanismos internos nos partidos que impidan que unha persoa sen formación, experiencia e cultura algunha como o anteriormente mencionado, un tío que recén saído da universidade o nomearon diputado e ahí estivo 20 anos sen dar pau, un populista, demagogo e aventureiro sen escrúpulos, chegue a facerse con todo un partido. Algo en denitiva e salvando as distancias (por aquelo das sentencias condenatorias a centos, okupacións ilegais e agresións físicas aparte) que se da no caso do PP camariñán.
As eleccións autonómicas do 2012 xa son historia. O Pobo Soberano dictou a sentencia e salvo que aos socialistas galegos se lles dea por okupar ilegalmente o Parlamento e a Presidencia da Xunta (pouco probable), así será cumprida ésta. Non, o PSdeG-PSOE non ten o respeto á democracia que caracteriza aos populares camariñáns: derrota electoral, okupación al canto. Agora eso sí, que ninguén se engane: o peor, os recortes, está por chegar. Pero con todo, si por algo pasarán á historia os presentes comicios autonómicos será por ser a 1ª Campaña Electoral Okupa da democracia occidental. O seu triste protagonista: o PP de Camariñas. Ahí quedará eso.
Comentarios
CAMELLE SempreGaliza
CAMELLE SempreGaliza
NOTA DE REDACCION:Queri do usuario, aínda que tes razón, en Camarinas.eu queremos deixar liberdade para que os nosos usuarios se expresen libremente.
MIÑA TERRA,MIÑA TERRA,TERRA DONDE MEU CRIEI..(nos queda la maleta)
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.