- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 18 Outubro 2012 18 Outubro 2012
Na campaña electoral máis vergonzosa que se lembre, a que transcurre entre okupacións ilegais perpetradas por partidos políticos e utilizacións fraudulentas de instalacións privadas como base de campaña electoral por eses mesmos okupas, este domingo 14 de outubro asistimos a un momento entrañable, cargado de gran carga humana. Acontecía éste cando ao rematar o mitin co que os socialistas enchían ata reventar a Casa de Pedra, o principal protagonista do mesmo, o Secretario Xeral e candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia Pachi Vázquez tiña o grandísimo detalle de facer un alto na súa moi apretada axenda e achegarse pola casa dunha militante socialista histórica como María Ramos Gesto, esa gran muller loitadora coñecida en Camariñas como Maruja da Cotarra.
Anda dende uns anos a esta parte a Señora Maruja sobrelevando con coraxe e fortaleza os diversos achaques que a edade trouxo consigo e por elo sabedores os dirixentes socialistas camariñáns que non podería desprazarse como sería o seu desexo ata o mitin decidiron sorprendela ca visita no seu fogar de Cedeira do mesmísimo Pachi Vázquez. Cómpre salientar que a pesares dos 15 días tolos nos que un candidato a presidencia da Xunta anda inmerso en campaña electoral, con axendas maratonianas e agotadoras, días nos que se percorren miles e kilómetros e nos que cada segundo é ouro, cando Pachi Vázquez foi inquirido si podía visitar a casa desta socialista histórica, muller dende sempre de fortes conviccións progresistas, éste non o dubidou nin un momento e ipso facto púxose en marcha. Alí de seguro, ao carón da cama dunha muller enferma que non fixo senón loitar toda a súa vida para sacar unha familia adiante, constataría outra vez a necesidade imperiosa, vital, mortal de necesidade, de manter as políticas sociais que agora o goberno nacional e autonómico do PP están aniquilando dunha maneira sistemática e metódica. ¿Que sería de Señora Maruja e tantos outros dos nosos maiores sen unha Seguridade Social forte, sen unhas pensións dignas e aseguradas?


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.