- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 17 Outubro 2012 17 Outubro 2012
No que era un dos últimos vestixios de salvaxismo no casco urbano de Camariñas, un muladar invadido polas silvas e as malas herbas, o ser humano dou comenzo a súa imparable labor civilizadora na mañán deste chuvioso e histórico mércores 17 de outubro de 2012. Conforme á promesa efectuada, apenas un par de semanas despois de proceder á súa adxudicación definitiva, comenzaba a obra máis polémica dos últimos tempos, aquela que se tentou sabotear polos populares camariñáns de tódolos xeitos posibles, aquela que fará que as penosas viaxes a Vimianzo sexan tan só un mal recordo do pasado.
Arreciaba unha forte chuvia cando nas primeiras horas da mañá unha pala excavadora da empresa dumbrianesa Lires Cons SL comenzaba as labouras de preparación dun terreo sobre o que se depositarán nos vindeiros meses ata 380.000 euros. Habituados a sabotear, a desinformar, a confundir ás boas xentes por puro odio e frustración, neste punto deben lembrarse os augurios, os firmes presaxios realizados en tempos polo director do estercoleiro cibernético popular, o cal afirmaba sen que lle temblara un só pelo do bigote que o adxudicatario do concurso xa estaba dictado, antes incluso de iniciarse o procedemento, e éste non caía moi lonxe de Camariñas: pois si o radio por este respetado xurisconsulto, con Bufete propio no Río do Prado, está establecido en 5 kilómetros para Xaviña, para a Ponte do Porto, segundo a súa superior clarividencia e sabiduría, pois o estará en nove, supoñemos. Unha vez máis, como sempre (xa nin nos molestamos en realizar unha captura), sobran os comentarios. Unha maxadería máis dun pobre retardado.
Foi este da adxudicación da obra por orzamento máis importante da historia do Concello de Camariñas un procedemento exemplar dende un punto de vista administrativo, dun respeto puntilloso e exquisito á legalidade vixente e do cal resultou gañador o mellor postor, nin máis nin menos. Outra cuestión, a da procedencia ou non da obra, xa a decidira antes o pobo soberano de Camariñas mediante a expresión da súa vontade nunhas eleccións democráticas. Algo que nunca acabaron de entender aqueles que non son capaces nin de respetar unha asamblea nunha asociación privada, aqueles que levan xa okupando unhas instalacións náuticas dende hai 10 meses, os 300 días que pasarán á historia da infamia.
Dezasete de outubro de 2012, a data na que a vontade dun pobo triunfou sobre os intereses privados duns poucos.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.