- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 17 Decembro 2007 17 Decembro 2007
Máis de 2.000 personas maniféstanse en Merexo

Na mañá deste domingo 16 de decembro cerca de 2.000 persoas segundo a organización xuntáronse en Merexo para facer unha cadea humana e manifestarse contra o Plan Acuícola da Xunta de Galicia. A esta manifestación tamén acudiron algúns ex-líderes destacados do BNG como Xosé Manuel Beiras, moi desmellorado físicamente e xa aniquilado e devorado politicamente polos cachorros que él mesmo amamantou. Tamén se leu unha carta de apoio do escritor Manuel Rivas, o cal non estivo presente (non vaia ser que se cabreen os de arriba e se acabe o choio: a protesta nos seus xustos términos, sen pasarse). Pulsa na foto para ler o comunicado de prensa que nos manda a Plataforma Veciñal de Merexo.
Comunicado de prensa da Plataforma Veciñal de Merexo

Máis de 2.000 personas formaron unha cadea humana de 2 km contra o Plan Acuícola en Merexo como mostra de rexeitamento e defensa das terras.
A plataforma Vecinal de Merexo repartiu bolsas de cebolas entre os asistentes para que todos poidan degustar a gran calidade desde producto autóctono e promovido polo pobo como alternativa ós peixes planos.
Maís de 2.000 persoas retaron ó frío da mañana para darse cita en Merexo e participar na manifestación e cadea humana organizada pola Plataforma Veciñal de Merexo e pedir a retirada inmediata do Plan Acuícola que ameaza o corazón das Ría de Camariñas e Muxía por unha mounstruosa extensión de 270.000 metros cadrados.
Grandes e pequeños, todos xuntos, corearon consignas claras en contra dos Plan da Xunta mentras elaboraban a cadea humana que se extendeu por máis de 2 km pola estrada principal desde a zona coñecida como o Muiño Vello ata o lugar de Os Castros.
O acto estuvo protagonizado pola xente xoven, o que evidencia a implicación das xeneracións futuras nesta causa diga e xusta.
Nenos da localidade subiron ó escenario instalado para expresar a súa repulsa ós plans da Xunta de Galicia e reivindicar un futuro alternativo baseado na producción ecolóxica de cebola e no agroturismo. Alternativas que contan xa cun estudio de viabilidade profesional, que arroxa conclusións económicas contundentes de rendabilidade, e que os veciños están dispostos a poñer en marcha. O escritor, Manolo Rivas, que no puido asistir, tamén enviou un manifesto que foi leido no seu nome.
As aeronaves que sobrevoaron a zona víronse obligado a tomar altura para captar as imáxes da cadea humana, debido á gran dimensión da mesma.
Este emotivo acto pretendeu pacíficamente facer a enésima chamada de atención á Xunta de Galicia para que paralice esta desfeita á que se opoñe a sociedade cada día con máis forza. A loita continuará o día 28 de decembro en Camelle.

Comentarios
Que Dios se apiade de nos con esta clase politica que se dedica a apropiarse dos bens que nos deixaron os nosos pais para facer o que a eles lles da a gana.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.