- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 05 Outubro 2012 05 Outubro 2012
A partires das 00:00 horas deste venres 5 de outubro de 2012 os partidos políticos botáronse á búsqeda do voto como auténticos mascatos. Quedan por diante 15 días de auténtico martirio para os cidadáns, xornadas nas que carteis electorais cos rostros máis feos que un poida imaxinar e músicas machaconas e repetitivas e eslogans facilóns e nauseabundos de coches orquesta (por favor, a voceciña aflautada e feminoide do Peito Palomo polas rúas de Camariñas, outra vez non, pedirémolo de xeonllos e humillados ante quen faga falla, pero por Dios non nos sometan a semellante tortura) repetiranse sen solución de continuidade, inundarán ata o derradeiro dos espacios públicos.
E ben, dende aquí en Camarinas.eu recomendamos a todos os nosos usuarios e lectores que se absteñan de votar, total para o que vai a servir: a sentencia xa está dictada. Á vista do precedente instaurado polos populares camariñáns no escandaloso asunto do CNC, no caso de que o PP de Núñez Feijoó perda a maioría absoluta nas eleccións autonómicas do 21-O limitarase a okupar ilegalmente o Parlamento de Galicia e a Presidencia da Xunta e aquí paz e despois gloria. Total ¿quen os vai botar? ¿Uns corpos e forzas de seguridade do Estado controlados pola Delegación do Goberno e cuia liña de actuación xa tivemos ocasión de comprobar esta semana ante as lexítimas manifestacións celebradas en Madrid? ¿Algún xuiz, "pijo ácrata", que xa eles se encargarán de neutralizar por calqueira dos medios dispoñibles? A okupación ilegal do Club Náutico pola Agrupación Local do PP de Camariñas sentou un precedente exitoso (300 días despois ahí siguen, sentencias xudiciais demoledoras aparte) que a nivel autonómico e en caso de derrota non se dubidará en utilizar. Esto é o que calquer cidadán cunha intelixencia medianamente normal debe concluir ante a non desautorización dos gravísimos e nunca antes vistos feitos perpetrados pola mafiosa delegación camariñana do PP nestes derradeiros 10 meses. Despois de despreciar, ignorar e tratar de desacreditar (ahí está páxina oficial do PP en Camariñas) os apabullantes resultados dunha asamblea democrática no CNC, toda apelación ao espíritu democrático desta forza política constitúe a día de hoxe un chiste macabro.
Nesta liña cómica e chistosa sentada polos populares queremos, ante a visita este sábado da conselleira de non sei que, unha tal non sei canto, alguén que seguramente se considera mui importante porque viaxa en coche oficial blindado e cando chega a un determinado sitio unha lexión de chupacús (con perdón) se postra aos seus pes, rescatar un documento certamente esperpéntico asinado cando xa había unha humillante sentencia de desahucio do seu propio puño e letra por un tal Daniel Rego González (¡ollo, socio de número! Os demáis a saber socios de que son. Ilustrativo este apartheid náutico, socios de primeira e socios de segunda: a élite e os apestados) que circulou recentemente polas instalacións okupadas do Club Náutico de Camariñas. Un clamor no deserto que o seu siervo do peito palomo non tivo a coraxe de publicar e que leva moi seriamente a dubidar acerca do estado das facultades mentais do seu autor (especialmente indicativa a frase "¿que tienen que esconder? Con lo bonito que es el dialogo"). Un Manifiesto no que maxaderías e falsedades aparte todo un Presidente de agrupación dun partido político nun concello defende a okupación ilegal da asociación privada máis importante do mesmo, un dos seus principais motores económicos no ámbito turístico, e pretende lexitimar o proceso de golpe de estado en curso. Ante este estado de cousas, obviamente ten que comprender a conselleira de non sei que, unha tal non sei canto, que dende aquí a facemos cómplice do anteriormente asinante. Non mingúa a nosa consideración o feito de que a súa colaboración se limite a unha fugaz visita á conserveira habitual nestes casos e ao Faro Vilán e que despois fuxa espantada, botando esta mulleriña pestes da disciplina de partido.
E así, en definitiva, querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu, comenzaron unhas eleccións autonómicas convertidas en fraude, baixo o signo dos escandalosos e nunca antes vistos feitos perpetrados en Camariñas pola delegación dun partido que non respeta nin a Lei (un contrato), nin á Democracia (unha votación en asamblea) nin á Xusticia (unha demoledora sentencia xudicial). Con estes antecedentes faise difícil, máis ben imposible, confiar na limpeza dos resultados. Pero, cuidado, aínda así apelan estes Pais da Patria ao diálogo: ¿Dialogaron algúns, que agoran acompañan a todas unhas señoras (ou señoritas) conselleiras, cos seus traballadores antes de deixarlles de pagar masivamente os seus salarios ou incluso agredilos físicamente? Ay, ay, co bonito que era o diálogo.



Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.