- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 09 Setembro 2012 09 Setembro 2012
Falar nestes tempos que corren da credibilidade dun político pode chegar a resultar ata unha broma macabra pero é o caso de que en Camariñas chegouse a uns extremos non imaxinados nin pola mente máis delirante. Unha situación de putrefacción en estado puro. Deixando por un día á marxe okupacións ilegais, procesos de golpe de estado contra asociacións da vila perfiladas ao milímetro por formacións políticas, escándalos alcohólicos e campañas de acoso de esos mesmos partidos contra os cidadáns que pagan os seus impostos, imos hoxe a falar da credibilidade que pode ter un político camariñán enxuizando dous episodios do pasado máis ou menos recente que remiten por un lado ao valor da palabra dada, do compromiso, ante os propios familiares e por outro ante os propios votantes, aqueles que confían en ti e dos que ao final dependes.
O primeiro dos dous casos anteriores remite a unha sentencia dictada o pasado 3 de outubro de 2011 no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, no marco do proceso ordinario nº 108/2011. A sentencia 00116/2011, condeaba a un político camariñán habitual perdedor de todo tipo de procedementos xudiciais a pagar a unha persoa do seu entorno familiar máis inmediato, máis concretamente a unha das súas irmáns, a cantidade de 88.438,10 € + intereses e costas xudiciais, un importe en definitiva superior ao de 100.000 euros. Os sucesos que deron lugar a un pronunciamento xudicial tan contundente foron máis ou menos tal que así: con motivo do reparto da herencia materna os beneficiarios chegaron a un acordo polo cal un deles renuncia á súa parte, a lexítima, a cambio dunha cantidade que cada un dos irmáns deberá abonarlle. Con motivo deste acordo, o político camariñán e a súa irmán deciden rubricar por escrito o mesmo comprometéndose este a pagar nunha determinada data a cantidade acordada e ofrece como aval do pago da mesma unha das propiedades que lle tocaron en sorte no reparto da herencia: unha casa unifamiliar situada nun céntrico cantón de Camariñas.
Neste punto cómpre lembrar que estamos a falar dunha persoaxe que vira como o seu negocio empresarial se derrumbara con estrépito no medio dun escándalo de débedas deixadas de pagar, pufos cos seus traballadores, agresións constatadas pola Inspección de Traballo contra os mesmos e que contaba con sentencias unánimemente adversas na súa contra xa naquela época por centos. A gran maioría delas pronunciamentos xudiciais favorables aos seus traballadores polos que era condeado a pagarlle as cantidades adeudadas, sempre por miles de euros, nembargantes debido a situación de quiebra absoluta e radical que consecuencia dunha xestión empresarial calamitosa e dunha vida a todo tren de luxos e excesos, a súa estrataxema pasaba por declararse insolvente e que finalmente o FOGASA, Fondo de Garantía Salarial, é decir todos nós cos nosos impostos, acabara pagando os pufos. Precisamente por elo presúmese que cando chegou ao acordo hereditario antedito xa tiña en mente acudir a súa vella estratexia de sempre, a da insolvencia, para adquirir unhas propiedades hereditarias sen ter que pagar un só peso. Para elo optaría por transmitir a propiedade ca que avalara o acordo hereditario a unha persoa do seu entorno máis inmediato. Todo elo nas mesmas datas nas que se rubricaba cunha persoa da súa mesma sangue o citado acordo. Unha actuación, a de transmitir unhas propiedades cas que se avala un acordo, que tanto se achegaría ao delito de alzamento de bens ("cualquier acción de un deudor dirigida a la sustracción u ocultación, de todo o parte de su patrimonio, dirigida a que el acreedor encuentre dificultades para hallar elementos patrimoniales con el que poder cubrir su deuda") regulada no artigo 257 do Código Penal e castigada con penas de prisión de un a catro anos e multa de doce a veinticatro meses. Unha vez recaída na xurisdicción civil a sentencia antes descrita, era vontade nun primeiro momento da víctima deste político camariñán a de interpoñer denuncia penal por delito de alzamento de bens (algo, que con estes antecedentes presumiblemente acabaría con pena de cárcere para éste), non podendo Camarinas.eu acreditar si finalmente se interpuxo a citada denuncia ou polo contrario as bágoas de cocodrilo lle ablandaron o corazón. Se polo que respecta á actuación dun político cos seus propios familiares sucede o que acabamos narrar, ¿que tal sería xestionando unha administración pública, poñamos por caso un concello, cos seus apetitosos millóns de euros de orzamento?
Pero si esto pasa na política camariñana polo que respecta aos deudos máis cercanos, imos como segunda derivada da tesis que agora expoñemos co trato que reciben os votantes, aqueles que en mala hora cruzan o perigoso umbral da coincidencia ideolóxica e pasan a facer negocios con políticos desta calaña. Foi o caso que con motivo das eleccións municipais de maio de 2011 o candidato polo PP á alcaldía dun concello do entorno de Santiago de Compostela (digamos a título de exemplo que Boqueixón) decide ante a crucial cita que se aveciñaba e sen dúbidas pensando que un electorado co bandullo cheo vota mellor, animar as paixóns municipais celebrando unha xigantesca sardiñada. Coñecedor un político camariñán destas intencións gastronómico-electorais decide intervir no asunto asegurando que a compra do producto será cousa súa, para elo acude a unha empresaria de peixe residente no norte do noso concello, simpatizante habitual da fomación política que comanda este intermediario naviero, e adquire sardiñas por un importe próximo aos 3.000 euros. Nembargantes o escándalo salta en toda a súa magnitude cando pasados uns meses empeza a filtrarse polos mentideiros camariñáns rumores cada vez máis insistentes de varios episodios nos que esta empresaria conta a todo aquel que queira escoitala que aínda non vío un peso. O asunto adquire tintes nauseabundos cando se constata que aquel candidato do entorno santiagués, agora convertido en alcalde, pagou relixiosamente ao pouco tempo de celebrada a sardiñada o encargo recibido ao político que dunha maneira tan misteriosamente solícita se ofreceu a intermediar na compra. Esto polo que respecto ao valor da palabra dada ante o teu propio electorado... que lle poderá esperar ao alleo.
Con estos antecedentes resulta comprensible o descrédito absoluto e radical ao que caío a política en España: unha profesión da que todo o que ten outras saídas abomina e fuxe espantado e na que acaba recalando o peor que hai na nosa sociedade: refúxiase na política o que parece que non vale para outra cousa. Especialmente sintomático o caso camariñán, digno de estudio: un partido de oposición reconvertido en mafia política, en arma arroxadiza da que vivir os seus dous principais cráneos navales, o okupanáuticos pendenciero e borrachín e o o bufón do peito palomo blanco, aquel pobre retardado histérico e chorón, que non ten o máis mínimo recato en, a semellanza das andanzas do seu amo, mentir desvergonzada e repetidamente aos seus propios lectores. A política, querido accionariado de Camarinas.eu, o gran mal do noso tempo. En realidade de tódolos tempos.
Comentarios
Las mentes medianas hablan de hechos
Las mentes pequeñas hablan de sucessos
Las mentes pobres hablan de los demás
Cito a pufistas:
Cito a Maria RRD:
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.