- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 26 Febreiro 2012 26 Febreiro 2012
O mesmo día no que un dos voceiros do Partido Popular de Camariñas teorizaba na prensa autonómica sobre a hipotética débeda do Concello, aquí en camarinas.eu imos a falar de débedas reais, probadas, incontestables e inapelables. Recentemente, en data de 16 de xaneiro e 21 de febreiro de 2012 o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil ven de publicar dous autos dos Xulgados do Social nº1 (o mesmo que decretou o precinto do Jeep Cañonero que segue tirado no Vertedoiro Ilegal do CNC) e nº3 de Santiago de Compostela polo que estes declaran a INSOLVENCIA TOTAL da empresa Viproga, S.A. por importe de 7.099,74 euros e ¡¡¡297.675,54 euros!!! respectivamente, declaracións derivadas da suposta imposibilidade da citada empresa para facer frente á catarata de sentencias xudiciais polas foi condeada reiterada e masivamente a aboar cantidades variables, sempre por importes de miles de euros, a unha multitude de impagados demandantes. Por exemplo, a publicada o 11/11/2011 pola que Viproga S.A. (en paradero desconocido, ahí queda eso) é condeada a pagar a un traballador 4.622,27 euros. Sentencias xudiciais que entendemos constitúen o mellor expoñente do modelo impecable e exemplar de xestión económica e financieira que o Rockefeller da vixiancia, o Onassis da protección galega e agora Comandante en Xefe do CNC pretende trasladar ao ámbito municipal e náutico. En verdade non está o Concello de Camariñas nin o Club Náutico en condicións de desperdiciar a experiencia, sabiduría e honestidade da máis capaz e brilante mente empresarial das últimas décadas.
Por outro lado, derivado do rosario inacabable de pronunciamentos xudiciais unánimemente adversos contra a mencionada empresa de vixiancia e protección e dos que camarinas.eu na presente noticia faise eco soamente en número indicativo de dez, entendemos que en breve procederá o Partido Popular de Camariñas á inmediata expulsión do máximo responsable da mesma en aplicación da sólida e intachable xurisprudencia sentada recentemente pola súa dirección: expulsarase expeditivamente a todo aquel que "ande implicado en causas xudiciales porque nós non queremos xente así no noso partido". Foi este o caso no que se defenestrou de forma meteórica a tres afiliados do PP de Camariñas ao opoñerse un deles á toma de poder no CNC por unha minoría radical e violenta que non dubidou en utilizar a estructura e a forza derivadas dunha organización política na consecución dos seus obxectivos. Debe sinalarse que estamos ante unha novedosa e sólida construcción xurídica, amalgama do mellor das técnicas disuasorias medievais e comunistas, pola que se se acusa a un membro dunha unidade familiar, cae toda a familia con el, e na que unha acusación xa equivale a unha condena. Unha elaboración teórica exquisita, que faría as delicias dos verdugos que prestaron os seus nunca ben ponderados servizos nas mazmorras da Inquisición e que debe moito ao instructor do caso: un reputado e respetado xurisconsulto, xurista de recoñecido prestixio, con bufete propio nos arredores do Río do Prado. Se éste nun primeiro momento se deixou liar por aquelo do entusiasmo e non dubidou en poñerse ao frente das acometidas perpetradas dende o diario oficial dos golpistas náuticos, agora tras implorante penitencia e lacrimóxena autohumillación públicas, aparentemente xa está retirado da circulación mediática en tan escabroso asunto, e promete dedicarse a diversos "proxectos sociais" (enténdese, financiados mediante subvención pública ou contratados por administracións amigas) e servir aos seus obxectivos únicamente dende o Imperio da Lei, tal e como atestigua o feito de que recentemente veña de comprar un código penal e outro civil para inaugurar as estanterías das que sairán ás mais grandes teorías legais do noso tempo (por exemplo a dictada no caso mencionado).
Aquí deixamos algúns exemplos do modelo de xestión económica que agora se pretende trasladar ao ámbito municipal e náutico:










Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.