- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 01 Decembro 2007 01 Decembro 2007
Daniel Rego concédelle cinco días a Pichurri para que éste non acabe en prisión

Daniel Rego (PP) Marcos Vázquez (Interventor) Dolores Rey (Secretaria en funcions) e Pichurri (Alcalde)
Este venres 30 de novembro ás 20:00 tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello un pleno que se presentaba en principio bastante tenso, pero que finalmente foi máis distendido do esperado e incluso podemos dicir que algo cómico. Pulsa na foto para ler a noticia e ver uns videos do pleno, uns "Vídeos de Primera".
Decimos esto sobre todo, entre outras, pola intervención do líder e voceiro popular cando denunciou a existencia dun vertedoiro ilegal xusto detrás do cemiterio novo de Camariñas o cal podería levar ao alcalde Pichurri directamente á cadea "si eu denuncio todo isto ante Medio Ambiente". Según Daniel Rego denunciaba esto no pleno, e non na Consellería, para non levar ao Alcalde camariñán a prisión, dándolle cinco días para que o arranxase de inmediato, e se non o puxo antes en coñecemento do consistorio foi "porque me enterei hoxe sobre as sete e media da tarde e nen os meus propios compañeiros de partido o sabían". Cuestión curiosa porque as fotos do vertedoiro ilegal do que ninguén sabía nada foron sacadas a plena luz do día cun sol radiante. Fotos sacadas posiblemente en días anteriores por algún exclusivista de aquí te espero.
E esto tamén plantexa unha serie de inquedantes incógnitas: ¿Acabará Pichurri irremediablemente en prisión? ¿Terá que ser o polifacético Manolo de Brañas Verdes ("un home que con tres coma él ao seu lado ten toda Camariñas limpia coma unha patena") o que evite que Pichurri acabe no cárcere? ¿chegaralle con 5 días a Manolo e os seus chavales? Se, lamentablemente, Pichurri acabara en prisión ¿botarase camarinas.eu outra vez ao monte para sacar a un veciño da prisión? En este caso ¿outra páxinas seguirán a pedir prudencia e paciencia? ¿e quen quedará de Alcalde de Camariñas se Manolo non evita a traxedia? ¿Como non vamos a dicir que todo esto é cómico?
Polo demáis, indo ao serio, no pleno tamén se tratou o explosivo tema da ubicación da granxa acuícola da Xandriña, en Camelle, onde o PP bastante acertadamente pedío un cambio de emplazamento da citada granxa por entender que a súa situación actual supoñería a morte de Camelle. E é que a ubicación que lle queren dar a esta granxa é outro auténtico disparate. Por outra banda o PSOE camariñán comprometeuse a que se a maioría dos propietarios dos terreos de Camelle e Arou se negan a vender eles estarán apoiádoos e en contra das granxas acuícolas, "porque só un tolo se enfrenta a un pobo" Finalmente nas escaleiras da Casa Consistorial os trece concelleiros da corporación actual fixéronse a foto oficial da lexislatura 2007/2011. En fin, un pleno no que finalmente o sangue non chegou ao río

Todos os Concelleiros estaban moi sorrintes ao final do pleno

Comentarios
O tema relacionado co vertedoiro, pois pareceme moi mal que o haxa e sobre todo con cousas do concello xa que son eles os primeiros os que teñen que dar unha imaxe de ser ecolóxicos.
E relacionado en que a oposición ten que vivir no concello ou no pueblo, pois non estou tan dacordo porque o presi do bloque é de camelle e tampouco vive no concello que vive na Coruña. A min nin me ven nin me vai esto pero o tema do vertedoiro pareceme unha vergonza por parte do concello.
Tamén hai que pensar que o mellor ese vertedoiro xa leva ahí tempo antes de que Pichurri entrase a alcalde pero o que si que non creo é que non o superan xa que si foron limpar como dixo Pichurri é segurísimo que alguén o vio.
Solo decir que quedei mui decepcionada cando me enterei xa que desde o concello sempre recalcaron que non se podía facer eso e eles son os que tamén o fan. Unha vergonza vaia
Así que moitas veces a distancia física non é un problema se na propia casa o problema en vez de físico pola distancia en Km é en cercanía moral co pobo. Bueno, un saludo
Non fai falta k nadie vaia a carsel,pero tamen hay k actuar.
O noso alcalde vive en BRAÑO-parroquia de CARANTOÑA-conce llo de VIMIANZO
Aínda diría máis, tería que ser dende a propia web do concello (que seguro nos costou os nosos cartos, e non poucos, por certo) na que se nos informase de todo o que é o día a día do concello, sobre todo, en todo aquelo referente a decisións importantes que afecten ós veciños.
Ademáis, non estaría de máis un apartado onde se poidera facer unha valoración do traballo de cada un dos funcionarios que realizan a súa labor tanto no Concello coma na Casa da Pedra.
MAIS TRANSPARENCIA E MENOS CACICADA BUROCRACIL!!!
Ahora entento porque a oposición do PP non acaba de callar en Camariñas.
Srs. do PP, o tempo das ameazas acabáronse cando metemos a paco franco baixo terra! Dénse conta que ese modus operandi xa ninguén o comparte. É tan barolento e casposo que hasta sinto vergonza allea.
Traballen polo concello e non se dediquen a tirarse trastos uns ós outros.
Non entendo as amenazas por parte do Sr. Rego. Estou con Sarrià, eses tempos acabáronse...ai nda que me preocupa pensar que existe xente que siga usando esas armas en vez do diálogo.
En canto a Pichurri...dirí alle que se asesore máis(que anda moi perdido), que a xente en moi pouco tempo está moi descontenta.En fin...que traballe,que tantas macrofestas non deben ser boas!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.