1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo falando para as cámaras da TVG en presencia do Alcalde Pichurri e Andrés Cerdeiras

Co paso dos días e tras unha breve reflexión Camarinas.eu está en condicións de analizar o que foi a saída da 2ª etapa da Volta Ciclista a Galciia dende Camariñas. E para analizar non fai falta ser moi estudiado para comprender que este foi un dos eventos deportivos máis importantes que pasou por Camariñas en toda a súa historia. Así mesmo é de bos veciños recoñecer a importantísima labor que Juan Cabrejo "Juanillo" realizou para conseguir que, ademáis da consecución desta etapa no noso pobo, este evento non lle costara nada ao Concello de Camariñas. Ou sexa, que non lle costara nada aos seus veciños porque, ao fin e ao cabo, todos formamos parte do concello que rixe os designios de gran parte das nosas vidas. Así mesmo tamén é sumamente importante lembrar correctamente as empresas que, por mediación e traballo de Juanillo, aportaron o capital necesario para que esto se levara a cabo. Sen estas empresas o paso da 2ª etapa da Volta Ciclista a Camariñas non sería posible.

Entonces ¿porque terxiversar as cousas e comezar uns ataques hacia algo que foi excepcional para Camariñas? ¿Porque se quere dende blogs persoais políticos comezar a intifada contra un home coma Juanillo? Nos certamente non acadamos a entendelo. Ainda que ao lembrar o que foi Juanillo para nos e para tantos e tantos veciños deste concello dende Camarinas.eu podemos, a bote pronto, recordar a Juan Cabrejo dende que éramos pequenos, lembrar as súas fazañas dende os xuvenís do Camariñas, os partidos no barrio de Corea e os xogos con Juanillo e todos os pequenos veciños da Rúa Vulcano, e tamén aqueles inicios da mocidade cando os xóvenes camariñáns daquela se trasladaban á movida da Ponte do Porto previo paso polos diferentes locais da nosa vila. Sen olvidar o paso de Cabrejo por tódolos clubes de 2ª División e á Selección Galega de Fútbol ata os que levou o nome de Camariñas ata o máis alto e sempre na súa alma e na súa boca. Recordar a súa adicación ao traballo, o deporte, os estudios e o amor hacia súa familia e hacia Camariñas. Dos que realizan eses ataques pois, ¿que recordamos deles? En fin, como sempre dicimos en Camarinas.eu millor non facer caso ás mamarrachadas. Noraboa e gracias por todo Juanillo.

PD: Dende Camarinas.eu queremos felicitar a Gelinita, a nai de Juanillo, polo seu 56 cumpreanos. Felicidades Gelinita!

Comentarios   

kinos
0 # RE: A voltas coa Volta Ciclista a Galiciakinos 24/09/2011 11:44
Moi boa reportaxe.
Hai que agradecere a todos que fixeron posible este evento,dende o concello,patroc inadores,xente do pobo,etc,.E deixarse de xenerar separatismo entre os camariñas criticando politicamente.s audos by Kiños
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.