1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O ceense Caamaño puido apreciar en persoa o legado de ManDecíamos que as municipais 2011 xa son historia. A postura adoptada por camarinas.eu ante as mesmas voluntariamente foi de perfil baixo: como web líder da Costa Atlántica, exemplo de obxectividade e neutralidade política, decidimos interferir o menos posible na formación da conciencia cidadá que levara aos nosos veciños a votar a tal ou cual señor. Incluso quixo a sorte que os obrigados cambios acaecidos nesta redacción últimamente deixaran a web en stand-by durante os días cruciais nos que se decidía o futuro político do concello. E por vontade expresa dos partidos estivemos alí onde estes quixeron e cubrimos todos os eventos aos que fomos amablemente convocados.

Un deles e sen dúbidas o máis importante en canto a persoalidade que alí acudía foi o mitin que levou ata Camelle ao Ministro de Xustiza do Goberno de España Caamaño. Ex-presidentes da Xunta, candidatos a presidentes da Xunta, Conselleiros desa mesma Xunta honraron ca súa elevada presencia a campaña electoral camariñana, pero sobre todos eles descollou  o estrelato rutilante dun ministro dos de Madrid e máis dun Ministerio ca solera e renome de Xustiza. Pero ademáis o ceense Caamaño tras unha atenta visualización das fotos de Manfred Gnadinguer que colgan das paredes da Casa de Cultura de Camelle comprometeuse ante os aistentes ao mitin a interceder ante outra Ministra, a de Cultura, para salvar do abandono no que languidece tristemente dende hai anos o legado de Man. O seu compromiso xa o temos, agora veremos os resultados.

{phocagallery view=category|categoryid=647|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.