- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- CategorÃa: Politica Politica
- Created: 17 Mai 2011 17 Mai 2011
En datas recentes un dos candidatos entra ca súa comitiva nun céntrico establecemento hosteleiro do concello para entregar propaganda electoral e sóltalle á propietaria: "Coño, Fulana, canto tempo". "SÃ, xusto catro anos". O mellor das eleccións municipais é que estas teñen lugar cada cuatrienio e quen máis o agradece, obviamente ademáis dos veciños, son os propios candidatos, obrigados por unha nova subasta pública do poder a repetir ata a saciedade uns eslóganes intercambiables e perfectamente válidos agora e hai trinta anos tanto para Camariñas como para un campamento mineiro dos Andes chilenos ("o cambio que o noso concello necesita", "acercar o concello ao pobo", "novos tempos", "o goberno da xente", etc...). Trátase dun calvario que, por aquelo da democracia, todos temos que sufrir.
Con todo, cando a campaña para as municipais do 2011 chegaba ao seu ecuador, o pasado venres 13 de maio engadÃase ao cóctel electoral un ingrediente novedoso por estas terras: a Festa da Xuventude. Non sabemos si herdeira daquel evento que a Comisión das Festas do Carme organizou baixo o mesmo nome hai dous anos, os socialistas de Camariñas decidÃan celebrar na Praia de Area da Vila un encontro festivo que aglutinaba un partido de fútbol entre vellas lendas futbolÃsticas atraÃdas pola chamada do mellor xogador da historia do concello, un paella xigante elaborada segundo o criterio culinario de Germán Camiño e música en vivo interpretada por unha charanga. O tempo non acompañou e o implacable nordeste que azotou durante toda a semana a Costa Atlántica empañou a celebración. Pero nin o nordeste máis insufrible foi quen de evitar o retorno ás andaduras xornalÃsticas de dúas reporteiras clásicas de camarinas.eu, Maitiña e LucÃa, as cales dentro das filas do seu PSOE da alma inician unha prometedora carreira polÃtica. Ay, querido electorado, canto agradecerÃan os que se ven obrigados a asistir a un pleno a presencia de concelleiras de semellante valÃa como membros de calqueira dos grupos polÃticos.
{phocagallery view=category|categoryid=645|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Â

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.