1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Secretario Xeral dos socialistas aproveitou para darse un garbeo por CamariñasAs campañas electorales xa non son o que eran. Ía un redactor que o presente subscribe o pasado sábado cara o Arnela ás dúas da tarde, prime time do chiquiterismo camariñán, botando a sortes cal dos dous candidatos lle ía pagar o viño. Incluso ao mellor había sorte e tocaba ración doble. Pero non, querido electorado, a desolación máis absoluta fixo mella na pobre e abandonada alma do indeciso redactor: alí non se lle vío o pelo a ningún candidato e entre indignado e alporizado por tal falta de respeto ás máis elementais normas de urbanismo electoral tocoulle ao este pagarse o seu propio chiquito. Os pinchos gratis e as rondas de cuba-libres a conta do candidato de turno parecen ser cousa do pasado. O pouco de bo (o único tal vez) que tiñan as campañas co seu martilleo incesante de coches propagandísticos a toda mecha rompendo os tímpanos e a paciencia do persoal pasou a mellor vida.

E en estas, en plena resaca polo ascenso do Conservas Boya á categoría nacional, o luns 9 de maio, sesaxésimo sexto aniversario do Día da Victoria do Pobo Soviético sobre a Alemania fascista (xamáis deixará de mencionarse esta data en camarinas.eu), Pachi Vázquez, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE fixo irrupción na campaña camariñana cunha dobre visita ás instalacións de Industrias Cerdeimar e ao Hostal Puerto Arnela. Primeiro tocou a Fábrica, onde acompañado da comitiva electoral socialista firmou no libro de honra da empresa e posteriormente e debidamente equipado fixo un recorrido pola cadena de montaxe. Despois, paseo pola vila con estación término no Puerto Arnela onde tocaba rolda de prensa na que entre outros temas Pachi Vázquez falou das fusións de concellos galegos "pero non a martillazos" e atacou o pacto antilocalista do Presidente da Xunta de Galicia. Finalmente, e por aquelo das casualidades, Pachi Vázquez marchou ao Grove onde tocaba un novo mitin. A campaña electoral camariñana suma a súa primeira visita ilustre.

{phocagallery view=category|categoryid=643|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.