1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Bueno, pois agora que xa estamos a piques de entrar na fase decisiva que levará ao desenlace da así chamada "La Madre de Todas las Batallas" (batallas electorais, se entende, non vaia ser que nos volvan a tachar de web promotora da violencia máis masiva e xenocida, algo que non poderían volver a soportar os nosos aflixidos e sensibles corazóns: eso sí que no, por favor) imos a deixar constancia en público de cal será o modus operandi do medio de comunicación autóctono líder de todas as costas atlánticas galegas na vindeira campaña electoral. Este non será outro que o da máis estricta imparcialidade e obxectividade, nin a favor de un nin en contra de outro, ou como decía o xornalista deportivo José María García respecto da actitude que caracterizaba a un dos máis famosos dianteiros da historia do Real Madrid: "Emilio Butragueño, ni una mala palabra ni una buena acción". Eso sí, resta únicamente saber respecto das actuacións de que bando aplicaremos cada unha das dúas partes da enigmática frase en cuestión.

Pois si, querido electorado, estamos xa en cuarentena electoral e aquí xa hai que andar con pes de plomo. Nembargantes, fui ser a casualidade que caío nas fauces xornalísticas de camarinas.eu os planos do futuro (en principio) Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín: para uns "El Gran Satán", para outros a panacea de tódolos males e para outros distintos aos dous anteriores un edificio que virá a paliar unha das carencias endémicas do noso concello. Uns dirán que unha construcción moderna e funcional, para outros un edificio de ultratrumba. En todo caso e como decía José María García, os datos non admiten discusión e son os que seguen: unha superficie total construida final de 882,40 m2; un sótano de 331,80 m2 onde se ubicarán o garaxe e unha serie de instalacións de servizo; unha planta baixa de 370,50 m2 que contará con dous túmulos, unha cámara de frío, aseos para o persoal e para o público, almacéns, oficinas administrativas, sala de tanatopraxia, dous velorios e un amplo salón de estar; e o porche exterior. E para finalizar a presente noticia na que como vedes non se publicou nin unha soa palabra a favor nin outra mala verba en contra do futuro (en principio) Tanatorio Municipal Fernández Espín, procedemos a publicar as imaxes dos planos do edificio e un vídeo interactivo que ensina ademáis de entreter elaborado supoñemos pola oficina de arquitectura responsable do proxecto. Cada un que saque as súas propias conclusións. P.D.: por certo, ¿alguén sabe que fui de José María García?

 

Comentarios   

Costa da Morte
0 # Leas de tanatorios...Costa da Morte 14/04/2011 18:05
Por favor, leede:

http://catroventosdovilan.blogspot.com/2011/04/leas-de-tanatorio.html
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.