×

Erro

[sigplus] Critical error: Image gallery folder phocagallery/camarinas/politica/2011Terreos-Tanatorio-Camarinas is expected to be a path relative to the image base folder specified in the back-end.

1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

[sigplus] Critical error: Image gallery folder phocagallery/camarinas/politica/2011Terreos-Tanatorio-Camarinas is expected to be a path relative to the image base folder specified in the back-end.

A construcción do futuro Tanatorio Municipal de Camariñas segue dando pasos firmes para ser unha realidade. Si o primer paso foi a concesión por parte da Deputación da Coruña dunha subvención de  ata 400.000 euros ao Concello de Camariñas para a execución dunha das demandas máis masivas por parte dos veciños das distintas partes do concello, agora ven de ser a Fundación Fernández Espín a que nun acto de exemplar patriotismo camariñán donou gratuitamente ao concello os terreos necesarios sobre os que se construirá o futuro tanatorio de Camariñas, o cal en virtude da donación efectuada levará o nome de Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín. Os terreos adquiridos polo Concello a título de donación atópanse en pleno Barrio do Muiño do Vento, concretamente na Travesía Muiño do Vento.

Non acaban aquí os actos de colaboración para facer posible o soño de contar en Camariñas cun tanatorio propio e así dous veciños da vila nun acto que os honra, Juan González Canosa (Juan do Andaluz) e Juan José Rego González, doaron os terros adxacentes a aqueles sobre os que se construirá o futuro tanatorio, imprescindibles ao parecer para a execución dun proxecto que ronda un orzamento total de cerca de medio millón de euros, acto que foi obxecto dun emocionado agradecemento por parte do Alcalde Pichurri. Desta forma, paso a paso, cada día parece estar máis preto o fin do sinsentido de ter que velar aos nosos mortos lonxe da súa terra nai. Pouco a pouco parece estar máis preto o soño tan longamente anhelado de todo camariñán de pasar os seus últimos intres, antes de xacer na eternidade do camposanto, na Camariñas da súa alma.

{gallery}/phocagallery/camarinas/politica/2011Terreos-Tanatorio-Camarinas{/gallery}

Comentarios   

Neo
-6 # RE: Terreos para o Tanatorio MunicipalNeo 12/03/2011 12:33
Non e un acerto... necesitamos un tanatorio pero non no medio do pueblo, eu si teño unha casa nesa rua o primeiro que faria e vendela, sobran moitos sitios para facer o tanatorio, non e algo agradable telo en frente ou na esquina, un tanatorio necesita de unha zona amplia, alexada das casas, un lugar tranquilo e no que sobre onde aparcar un coche, pero en fin...
Denunciar ante o administrador
plisplas
+6 # xa estamosplisplas 12/03/2011 14:40
haber,,,,tanato rios no medio do pobo:muxia,baio ,cee,vimianzo,c arballo,,,,ect, ,,,q non podes aparcar?,,,,,ex cusas de mal pagador,POR FIN UN TANATORIO EN CAMARIÑAS¡¡¡¡¡, POR MOITO QUE OUTROS QUIXERON TORPEDEAR A SUA CONSTRUCCION.
AHH,E NO NOMBRE DOS CAMARIÑANS DARLLE AS GRAZAS A JUAN JOSE REGO,E A JUAN DO ANDALUZ POLAS SUAS DONACIONS,E OS XESTORES DA FUNDACION ESPIN POR ESTO QUE ACABAN DE FACER.
Denunciar ante o administrador
MADRILEÑO
+6 # terreos pra o tanatorioMADRILEÑO 12/03/2011 13:29
Alégrome de que este proxecto sexa xá unha realidade no pobo, é unha das novas que seguramente máis falla lle facía escoitar a xente de unha Camariñas na que ahinda que se lle fan importantes obras a miudo , sempre necesitará de un sinfín máis, posto que atrasadiños en infraestructura s andabamos dende fai unha boa pila de anos, a miña noraboa, a toda a xente que o fixo posible !
a. pouso.
Denunciar ante o administrador
Neo
-6 # RE: Terreos para o Tanatorio MunicipalNeo 12/03/2011 16:45
Plisplas, non estou a criticar nin a poñer excusas, e moito menos facer polemica, simplemente opino, e mellor e telo que non ter nada, si digo que poderia haber mellor hubicacion e que sigo pensando que pode habela, e volvo a decir que na miña calle non me gustaria telo.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
-6 # RE: Terreos para o Tanatorio Municipalrubiasexy 12/03/2011 19:29
buenas pos esta muy mal feito donde o fan no me parese ben aqui don de non ahi nin don de aparcar coches mal mal mal si lle dan os terrenos traime sin cuidado , que o fajen don queiran pero aqui esta mal dios mio sio mimadriña o que o queira que llo leben para sua porta , amin no me gusta nadiña sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador
Neo
-6 # RE: Terreos para o Tanatorio MunicipalNeo 12/03/2011 21:14
Eso e que eu tentaba desir Rubiasexy, que non importa onde o teñan e Baio nin e Vimianso, e xa non falemos de Muxia, porque ali casi nen pode chejar nen o coche funebre, para min o ideal seria un sitio... tranquilo, retirado, con moito espacio, aljo que se adapte o que realmente e un tanatorio, pero bueno, pouco mais que decir...
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
-6 # RE: Terreos para o Tanatorio Municipalrubiasexy 13/03/2011 19:59
grasias neo eso e , nun sitio tranquilo , eso viva neo pero non creo que o fajan eso e unha mentira como unha casa sefa eos pedros todo que din e mentira non o fan aqui
Denunciar ante o administrador
Pion
+6 # RE: Terreos para o Tanatorio MunicipalPion 14/03/2011 17:29
hola boas tardes a todos, von a dar a miña opinion sobre o tanatorio,prime iro os coches funebres en muxia pasan muy ben,segundo ainda por esima de dar os terrenos que son cartos que aforra o ayuntamiento protestades,e de paso muitas grasias a quen dou ese terreno que fai falta muito un tanatorio po pueblo,xa que outros non o dan feito haber si se fai desta que eu tamen teño que desilo hasta que este feito non o creo,a e sobre os aparcamentos esta a calle de abaixo a avenida da coruña que e ben larga,e tamen desir que os enterros tamen pasan pola escola e por portas de muitos vesiños e nadie protesta,a os mortos non hay que terlle medo os vivos si pero os mortos non fan nada non poñer mais pejas e que o fajan dunha ves
Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+5 # Tanatorio XA!diegoalfr 14/03/2011 18:16
Despois de ler o teu comentario Pión xa me quedo tranquilo porque pensaba que era eu o único que pensaba coma ti. Claro que si, o tema do aparcamento non ten sentido neste caso como ti ben dis: Existe unha calle ben larga e chea de aparcamentos chamada Avenida da Coruña na que se pode aparcar tranquilamente e a un paso do futuro tanatorio. Polo tema dos mortos (non hai que terlle medo...) pois, que dicir!, estón totalmente de acordo contigo. Os terrenos: cedidos gratuitamente polos seus donos nunha acción que os honra completamente. Non olvidemos que xa hai concedida unha subvención por parte da Deputación da Coruña que paga casi a totalidade do proxecto.

Esta polémica paréceme que non ten sentido algún e, bueno, espero que nadie se ofenda, pero da a impresión de que en vez de xente adulta estase a tratar con rapaces pequenos...
Denunciar ante o administrador
mari
+3 # adiante co tanatoriomari 27/03/2011 21:45
Uy eu non podo opinar moito xa que non vivo ahi pero si que sei que fai moita falta ese tanatorio e sea donde dexa debeno facer ainda que tamen sei que o pobo anda algo revolto con ese tema, pero xa se sabe que o gusto de todos non pode ser en penso que esos problemas debense solucionar e adiante a facer ese tanatorio que tanta falta lle fai o voso pobo,agora diran aqui non ali non pero desde que tea feito daran as gracias e a xente tara ben contento con el.
Denunciar ante o administrador
MontseBlan
+3 # RE: Terreos para o Tanatorio MunicipalMontseBlan 29/03/2011 12:23
Antes de nada comentar que é a primeira vez que escribo nesta páxina. Como “afectada” pola cercanía do tanatorio quero deixar claro que eu non vou facer polémica sobre este asunto. Penso que os políticos deberían pensar que é o mellor para o pobo e, en función de eso, tomar decisións, e está claro que é imposible que sexa o gusto de todos. Sempre haberá críticas e hai que saber levalas (todos), sempre e cando sexan constructivas. Nos insultos e descalificación s mellor non entrar. Cada un demostra a súa educación. Se deciden facer o tanatorio no muiño do vento adiante, eu non vou protestar, non me molesta ó lado da casa. En canto a miña opinión persoal, probablemente faríao nun lugar con máis terreo e apartado, nunca zona tranquila, pero non deixa de ser a miña humilde opinión. Eu alégrome de non dedicarme á política, é complicado tomar unha decisión pero os gobernantes de Camariñas están ahí voluntariamente e deben mollarse. O único que en realidade quero expresar é que non lle temo ós mortos, temo a algúns vivos, pero se constrúen o tanatorio neses terreos sólo espero que a xente non se moleste se algún día non podo sacar o coche e teño que chamar á policía local, ou se algún día fago unha festa na casa celebrando o meu cumpreanos e se escoita demasiado ruido para un velatorio. Nada máis. Esto xa se debería comprender de antemán. Como camariñana que son, aínda que non estou empadronada ahí porque sempre traballei fora, síntome na “obriga” de dicir que non son votante nin do PP nin do PSOE. Nunca entendín por qué sempre se mezcla a política no 80% dos temas de Camariñas. Non é nada bo!!! É o único que non me gusta do meu pobo. Saúdos a todos e final feliz para a mayoría.
Denunciar ante o administrador
elena vazquez
+2 # tanatorioelena vazquez 15/04/2011 20:28
Alegrome moito que por fin fagan o tanatorio en camariñas ,os que protestan porque esta o lado des casas e porque nunca saliron de camariñas. En Barcelona ou en calquera ciudad e pueblo esta no centro e nadie ten donde aparcar, estou de acordo ca miña prima cando di que medo dan os vivos.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.