1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O noso querido amigo Pino rememorou cas súas gafas ao mellor Bono, cantante do grupo U2, das súas épocas de The Fly"Este é o Pleno máis importante da historia do Concello de Camariñas", así comenzaba o alcalde Pichurri unha sesión plenaria que si non a máis importante polo menos si que foi unhas das máis tumultuosas que se recorden. Xa con anterioridade ás 12 da mañán veciños chegados das distintas parroquias do concello enchían o Salón de Plenos, véndose obrigados moitos deles a seguir as evolucións plenarias dende as portas, o pasillo ou incluso o exterior da Casa Consistorial. E en verdade o Pleno no que se debatía a aprobación provisional do PXOM non defradou aos asistentes: referencias á cidadáns sen escrúpulos que denunciaran edificacións, a supostos lazarillos que lles axudarían en tal labor, a disconformidade do PP co cáracter urxente e extraordinario do citado pleno, mencións constantes ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) aprobado polo Consello da Xunta de Galicia recentemente, disputas entre concelleiros, acusacións contra a empresa redactora do PXOM Consultora Galega... Incluso unha vez finalizado o Pleno, nos exteriores da Casa Consistorial houbo pequenos enfrentamentos entre veciños que felizmente non pasaron a maiores.

Pero o que realmente impactou a moitos dos asistentes foron as espectaculares gafas cas que un icono clásico da Vila de Camariñas, unha auténtica institución, o noso querido amigo Pino, rendía por fin merecida homenaxe a "The Fly", a persoaxe creada en base a canción do mesmo nome por Bono, carismático cantante do grupo irlandés U2. En efecto, corría o ano 1991 cando U2 reinventaba a música moderna con "Achtung Baby", un disco grabado a cabalo entre Berlín, Marrocos e Dublín e no que figuraba en séptimo lugar, cara B, cunha duración de 4 minutos 29 segundos, a canción da que Bono extraería a persoaxe que interpretaría ao longo da posterior xira ZOO TV TOUR e que se caracterizaba por un gafas que fixeron historia. Por estes pagos, que se soubera, os únicos exemplares existentes das gafas popularizadas tan masivamente por Bono foran compradas vía catalogo por Manuel Alonso Freire un olvidado día de mediados da década dos noventa, das épocas de apoxeo da Discoteca Dudas nunha Ponte do Porto nocturna a rebosar, e que duraron exactamente unha soa noite, lanzadas entre as brumas da madrugada ao ceo cargado de fume da agora derruida discoteca porteña. Eso foi ata onte, cando pasados xustamente 20 anos, Pino rendío o debido recoñecemento a unha canción que fixo historia. Incluso non se desbota a posibilidade da reedición dun novo Duets semellante a aquel que protagonizara Bono con Frank Sinatra, no que Pino acometería a voz en falsete que sae na canción de "The Fly" dándolle un peculiar estilo mexicano, arte na que como ben sabe todo o mundo Pino é un consumado especialista. Polo tanto á espera da publicación mundial dos resultados da colaboración artística do dueto Bono-Pino, esto foi todo o que dou de si o pleno do PXOM.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.