- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 17 Xaneiro 2011 17 Xaneiro 2011

Este venres 14 de xaneiro de 2011 cara ás 21:00 horas na sede do que foi o histórico Bar London, agora reconvertido a sede de partido político, os afiliados do PSOE no Concello de Camariñas eran convocados a elexir a opción socialista que deberá presentarse ás eleccións municipais do 22 de maio. Como era de preveer, a reunión transcurrío sen sorpresas e os alí congregados votaron unánimemente á única candidatura presentada que non era outra que a de Pichurri, actual alcalde camariñán.
Ábrese agora un breve lapso de tempo para a designación dos trece nomes que integrárán a lista municipal socialista, labor que recaerá nunha comisión composta polo propio Pichurri, Encarna Liñeiro, Secretaria de organización en Camariñas e de un representante por cada unha das catro parroquias do Concello, lista que será de novo sometida a votación o venres 28 do mes corrente. Non se esperan grandes cambios nos nomes que integrarán a candidatura dos socialistas camariñáns. Unha vez elexido candidato polos seus compañeiros, Pichurri dou un pequeno discurso no que pasou revista ao realizado polos socialistas camariñáns nestes derradeiros catro anos de mandato municipal e realizou un breve esbozo de cales serán os principais desafíos a acometer no futuro, entre eles o dunha cita electoral que se presume dura e competida. A esa mesma hora outro camariñán, Marcial Mouzo, presentaba a súa opción á alcaldía de Vimianzo, posto polo que deberá loitar co presunto delfín de Alejandro Rodríguez, José Antonio Miñones. As espadas están en todo o alto e o desenlace desta contenda pre-electoral terá lugar en todo caso antes do citado venres 28 de xaneiro.
{phocagallery view=category|categoryid=484|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.