5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (15 Votes)

Nove meses despois, non hai rastro das inversións prometidas por Portos de Galicia

Do mesmo xeito que o PP de Camariñas conta dende xa hai anos ca súa propia páxina web, en datas recentes os socialistas do Concello de Camariñas veñen de inaugurar www.maiscamarinas.com, un novo portal en internet co que manter informados aos seus militantes e aos veciños de Camariñas. Foi precisamente nesta última web nun artigo de recente publicación, "Verdades e mentiras sobre o Porto de Camariñas", onde vimos confirmados moitos dos medos e sospeitas que nos viñan rondando pola mente dun tempo a esta parte en relación ao Porto de Camariñas. Porque nove meses despois de que ca parafernalia que suele ser habitual nestes casos, o Presidente de Portos de Galicia Juan Manuel Alvarez-Campana desembarcase na nosa vila cun proxecto de inversións a acometer ata o 2014 de ata 11,2 millóns de euros e cuias dúas primeiras fases (Ampliación do peirao e Acondicionamento do bordo portuario) comenzarían a licitarse e a executarse xa no propio e recén rematado 2010, o certo é que a día de hoxe aquí ninguén vío absolutamente nada e que as pedras do Canzorro seguen igual de miserables que toda a vida.

Vista a situación, dacordo ca web socialista as nosas sospeitas deberían dispararse xa que "nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2011 non aparece nin unha sola partida para o porto de Camariñas, nin para ningún outro porto do Concello". Por todo elo, ante os graves retrasos nos prazos previstos e ante a importancia trascendental, vital, que o "Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI" presentado a bombo e platillo o día 10 de abril de 2010 polo Presidente de Portos, ten para o futuro do Concello de Camariñas, aquí en camarinas.eu renuentes sempre a deixarnos liar en temas de política, como web líder do concello esiximos que alguén autorizado no seno do PP (Alvarez-Campana mellor que ninguén) saia ao paso destas sospeitas crecentes e aclare o estado real da situación: o por que dos graves retrasos así como a cantidade realmente orzamentada pola Xunta de Galicia para o presente exercicio 2011. Só así saberíamos se estamos ante un simple retraso na execución do proxecto ou si todo foi un timo de cara as vindeiras eleccións. Polo ben do noso concello oxalá a resposta sexa a primeira.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.