5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (23 Votes)

Despois de máis de dous anos de lento peregrinar, a Fundación Man foi inscrita no Rexistro da Xunta

Foi un 28 de decembro do ano 2008 cando os estatutos da Fundación Man foron elevados a escritura pública. Bastante antes, en marzo dese mesmo ano o Pleno do Concello de Camariñas decidía por unanimidade aprobar eses mesmos estatutos e crear a Fundación Man, a cal tiña como obxecto declarado a conservación, restauración e cuidado do patrimonio histórico, artístico, cultural e etnográfico do Concello de Camariñas e por extensión da Costa da Morte (que non só de Camelle), elexíndose como sede da fundación o moderno e polifuncional edificio situado na vila máis septentrional do municipio e denominado en honor a Manfred Gnädinger como "Casa do Alemán". Incluso en septembro do 2007 nunha reportaxe de camarinas.eu adicada ao legado de Man xa se falaba dunha futura fundación que resolvería en gran medida ou cáseque totalmente os problemas derivados da conservación da súa obra artística. E finalmente foi este xoves 18 de novembro de 2010 cando a Consellería de Cultura e Turismo (vaia miscelánea, que diría Homer Simpson) procedío a publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución de 11 de outubro deste mesmo ano pola que se procedía a inscribir a Fundación Man no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, acto que lle otorga a personalidade xurídica definitiva a esta institución tan longa e costosamente parida a través dun peregrinar de máis de dous anos e medio. Con todo, o máis difícil está aínda por conquerir: os socios públicos e privados dispostos a aportar altruística, desinteresadamente, a financiación necesaria para a conservación, restauración e cuidado do patrimonio histórico-artístico existente no Concello de Camariñas e tan deixado da man de Deus, os mecenas que traian esa chuvia de millóns que posibilite a miragre. Tal como están os mundos, nun país ca economía na bancarrota máis absoluta, non sería conveniente facerse moitas ilusións.

 

Comentarios   

Beldoña
+3 # MANBeldoña 19/11/2010 13:56
MAN

Cando se acheguen dende o mar as fontes baleiras de vida,
mesturando negra espesura coa arte magoada aquel día.

Cando as aves caian feridas e nas rochas laien as figuras…
Pingas de bágoas dun lento andar, fontes amargas, anegarán o alcatrán.

Nunha encalmada mañá, a néboa despuntará, pousando, sobre o lugar
unha aureola fulgurante da brisa do mar, erguendo á aniñada figura de Man.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
Mikel
+2 # RE: Inscripción da Fundación ManMikel 19/11/2010 15:42
Creo q nunca opinei neste tema pero hoxe si quero facelo...!!Que pena!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.