- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 07 Marzo 2010 07 Marzo 2010
O Retorno das charlas co Alcalde

Momento no que Pichurri fala ca cerca de cincuentena de veciños que se acercaron pola Casa de Pedra
¿Cal é a diferencia entre unha charla do alcalde cos veciños e un mitin? Aquí en camarinas.eu non temos nin a máis mínima idea sobre tan crucial cuestión e por elo ahí a deixamos para que o noso fiel e intelexente electorado se pronuncie. O caso é que como mediante email dirixido á dirección de camarinas.eu fomos avisados da charla que ía ter lugar as 17:00 deste sábado 6 de marzo na Casa de Pedra, alí nos presentamos para tomar nota do que se falara. O día que outros teñan o detalle de facernos saber por unha vez os seus actos programados ou a visita ao concello de importantes gerifaltes políticos do seu partido alí estaremos.
E Pichurri tomou a palabra e falou... Falou de que cerca do 70 % das alegacións que se presentaron ao Plan Xeral de Ordenación Municipal serán recollidas na modificación do PXOM e que antes de fin de ano se vai a aprobar provisionalmente. Falou das obras que se están facendo en todo o concello. Falou da basura, de que temos que concienciarnos en reciclar o máximo posible e reciclar ben, si non veñen as multas de SOGAMA e finalmente falou como punto estrella da tarde acerca dun proyecto para arranxar a Calle do Castillo por 500.000 euros.






