- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 16 Decembro 2009 16 Decembro 2009

As catro parroquias do Concello representadas nesta entrañable foto de familia do PSOE camariñán
¡Quen fora político nestes días!
Organizar unha cea, querido electorado de camarinas.eu, non é unha tarefa que sexa sinxela: hai que preocuparse por buscar o local, encargar a cea, elexir os pratos, entregarse en corpo e alma a carrexar o maior número de persoas posible, encargarse de cobrarlles a todos a entrada (tarefa nada fácil), buscar a persoas idónea que amenice o evento e entreteña ao público, facer rifas, etc... todo o cal requiere que os seus organizadores teñan ante todo tempo libre e unha certa predisposición. Esto leva a que se frustren algunhas ceas masivas que sen moita previsión por parte dos seus promotores son anunciadas a bombo e platillo nos medios de comunicación. Este, felizmente, non foi o caso da cea celebrada polo PSOE camariñán no Restaurante Catro Ventos este sábado 12 de decembro de 2009 e que congregou a preto de 90 afiliados provintes dos catro puntos cardinais do Concello. Aquí en camarinas.eu non sabemos o que pasa pero parece que últimamente non facemos máis que publicar festas dos partidos políticos. ¡¡Ay, queridos usuarios, pero que ben se cuidan os nosos políticos!!
Comentarios
Un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.