- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 08 Novembro 2009 08 Novembro 2009
O irmán latino de Camariñas
En principio cando se observan as impresionantes imaxes dos seus monumentos históricos, do seu casco antigo, dos seus carnavais ou da súa igrexa románico-gótica do século XIV, un redactor pregúntase seriamente si estas boas xentes do municipio italiano de Offida non estarán engañadas ao intentar irmanarse con Camariñas. Callexuelas de pedra, unha fortaleza centenaria a proba de terremotos, xardíns que colgan sobre a colina... frente a un casco urbán como o camariñán (feísmo arquitectónico en estado puro) tras décadas de urbanismo destartalado e salvaxe. Pero despois un entérase que este concello de pouco máis de 5.000 habitantes ubicado no centro de Italia, provincia de Ascoli Piceno, posúe ademáis unha das tradicións de encaixe de bolillos (o así chamado merletto) máis fermosa e antiga da Península Itálica.
O caso é que hai uns días recibíase no Concello de Camariñas unha carta fechada o 22 de outubro de 2009 e asinada polo Síndico da Administración Comunal de Offida ("Dott. Valerio Lucciarini di Vicenzi") e redactada en tres idioamas: italiano, castelán e galego. Nesta misiva ademáis de invitar ao alcalde camariñán a realizar unha visita ás soleadas terras itálicas propoñía xa en firme a formalización dun irmanamento entre ambos concellos co obxectivo declarado de activar diversas formas de colaboración entre pobos de "linguas e costumes diferentes". O que realmente latía detrás desta invitación era o desexo de profundizar na cooperación entre dous concellos vencellados pola arte milenaria do encaixe, que nas terras itálicas levou incluso á constitución dunha importante cooperativa para a súa explotación e á celebración no estival mes de agosto dunha festa de encaixe que inclúe un competitivo torneo no que o vencedor recibe o así chamado Fusello D'Oro, e do que non debe descartarse que servira de modelo primixenio da nosa Feira da Palilleira que este mes de agosto cumprío a súa segunda edición con premio incluido.











Comentarios
Un poco más al Norte,en Padova vive, desde hace unos años, mi hija Raquel.
Viva Italia y Offida,nuestra hermana latina.
Antonio
Voto por su hermanamiento, pues siendo tan diferentes tienen una cosa en común, EL ENCAJE.
Molto bene Miriam y Giussepe
Gracias y un abrazo
Voto por este hermanamiento ya que he tenido la oportunidad también de conocer Offida al ir a visitar a Miriam y creo que estos dos pueblos también tienen en común sus maravillosas gentes y como no "el encaje"
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.