- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 04 Xullo 2009 04 Xullo 2009
Estaba desperdigada a redacción de camarinas.eu na tarde do sábado 4 de xullo de 2009, cubrindo o director un bautizo e exercendo por un día o comodoro as súas vitais e nunca ben ponderadas funcións nas instalacións do Club Náutico, cando a chamada dun dos nosos moitos usuarios alertaba que no Paseo Marítimo camariñán, frente á tenda de encaixe de Jola, estaba repartindo abrazos e apretóns de mans a diestro e siniestro nin máis nin menos que Alberto Núñez Feijoó, o Presidente da Xunta de Galicia.
Efectivamente, recén chegado da comida que tivo lugar nos Muiños, Concello de Muxía, o Presidente decidira acercarse ata Camariñas, comenzando a súa visita polo Paseo Marítimo e desprazándose porteriormente a pe ata o Club Náutico, tras recibir in situ a invitación do Presidente do mesmo. Nas instalacións do CNC, Núñez Feijoó fixo gala con todos os presentes dun carácter simpático e xovial, campechano, chegando a fotografiarse con auténticas leyendas vivas da nosa vila como Chuquiño ou Totis. Posteriormente, trala estadía no Club Náutico, cara as 21:30 a comitiva do Presidente abandonaba Camariñas, tras unha visita que prácticamente collío por sorpresa a todo o mundo.







































Comentarios
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.