- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 23 Mai 2009 23 Mai 2009
O flamante novo director do ente público Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana Gallo, levou a cabo este venres 18 de maio unha visita bastante completa a Camariñas. Así, pasadas as 20:30 tomou parte no mitin que enmarcado dentro das eleccións ao Parlamento Europeo do 7 de xuño celebrou o Partido Popular na Casa de Pedra (e no que sorprendío a presencia dalgún que outro veciño da nosa vila), para unha vez rematado este e tras un breve intervalo no céntrico Restaurante Villa de Oro, desprazarse a cenar ata o Club Náutico de Camariñas inivitado pola directiva do mesmo. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica da visita do Presidente de Portos.
Eran pasadas as oito da tarde do venres 22 de maio de 2009 cando chegaba á Casa de Pedra de Camariñas o novo presidente de Portos de Galicia, o ente público encargado de xestionar os 122 portos e instalacións portuarias de Galicia: José Manuel Álvarez-Campana Gallo (Astorga, 1964), doctor en Ciencias Económicas e profesor asociado de Medio Ambiente na Universidade da Coruña. O motivo da súa visita era participar nun mitin do PP enmarcado dentro da campaña electoral ás Eleccións ao Parlamento Europeo no que tamén tomaron a palabra Xosé Manuel Olveira, Daniel Rego e Manuel Ruiz Rivas, Portavoz do PP no Parlamento de Galicia. Destacar o sorpresiva que foi a presencia dalgúns veciños da nosa vila anteriormente vinculados a outras formacións políticas. Unha vez rematado o mitin, toda a comitiva popular dirixíose cara o Restaurante Villa de Oro, onde o novo Presidente de Portos puido departir amigablemente cos veciños de Camariñas alí reunidos.
Posteriormente, cara ás 22:30 e tras ser invitado pola súa directiva, Álvarez-Campana Gallo acompañado de Daniel Rego e Manuel Ruiz Rivas, desprazouse ata o Club Náutico para tomar parte nunha cea de carácter privado e na que o CNC estivo representado polo seu Presidente Alberto Artaza, o Secretario Miguel Angel García Insua e as vocales Lola da Gallega e Amparo Vázquez. Alí os directivos do primeiro e máis importante Club Náutico da Costa da Morte puideron transmitirlle as súas inquedanzas, ilusións e obxectivos de futuro ao principal responsable de tódalas instalacións portuarias na Comunidade Autónoma de Galicia.
Comentarios
Felisitar o Club Náutico e a todos que se preocupan polo noso querido pueblo.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.